A Lei de Cooperación no Parlamento |
 |
| A Lei de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento xa
está no Parlamento. Nos próximos días, representantes do Fondo Galego se reunirán cos
grupos parlamentarios para facerlles chegar o noso posicionamento, basicamente coincidente co espíritu e
a letra deste texto que foi discutido con todas as partes interesadas e que pode supoñer un punto de inflexión
na maneira de abordar estes temas en Galicia. |
| |
Concello de Vigo e Fondo axustan o paso coa colaboración
das ONGDs |
 |
Nunha xuntanza do Consello Municipal de Cooperación Internacional
de Vigo, representantes das ONGDs locais, do Concello –grupo de goberno e oposición– e do propio Fondo,
co vicepresidente en nome de Alfredo Novoa, se analizou a resolución da convocatoria de proxectos 2002.
Como é sabido, este é o primeiro exercicio en que o Concello de Vigo, de conformidade co recollido
na Declaración das Cidades, transfire ao Fondo a totalidade da partida destinada a proxectos. Por iso adquire
especial relevancia establecer mecanismos de diálogo e coordinación para que este tempo de transición
se resolva sen quebras e sen merma da capacidade de xestión de proxectos das ONGDs desta localidade, tan
activa no movemento da cooperación en Galicia.
Entre presentación e diálogo, foise abrindo paso a idea da importancia de reforzar a cooperación
aquí, entre todos os actores, para ser máis eficaces na loita contra a pobreza e o subdesenvolvemento.
O Fondo ofreceu aos presentes toda a capacidade da súa Secretaría para afortalar ese proceso de cooperación,
en primeiro lugar, convidando a todas as ONGDs a incorporarse ao Consello Municipal da Cooperación. |
| |
Share-Guatemala, de visita en Galicia |
 |
Share é unha organización guatemalteca, sen fins
de lucro, laica, que comezou a traballar en 1986 co apoio de World Share a fin de promover procesos de desenvolvemento
sostible e sustentable en apoio a grupos humanos en situación de vulnerabilidade. A maiores, fomenta unha
cultura de aprendizaxe e un enfoque de protección dos recursos, con programas de desenvolvemento rural (incremento
de ingresos familiares, saúde e nutrición familiar, fortalecemento da organización e capacidade
local), de apoio aos damnificados polo Mitch, de educación, credirural, de alfabetización e de comercio
xusto.
Durante a súa estadía en Galicia, David Arrivillaga, director executivo, e Celeste Flores de Chinchilla,
xerente, deron a coñecer as súas actividades, á vez que se interesaron polos proxectos, a
identidade e o funcionamento do Fondo Galego. |
| |
Galicia non é tan solidaria
Os concellos de Ares e Valdoviño
fóra do Fondo Galego de Cooperación por non pagar as cuotas |
 |
[Para axudar á loita contra a pobreza no mundo, a cuota
que cada concello debe abonar ao Fondo Galego é de 0,015 euros por habitante e ano].
Son as primeiras baixas en cinco anos despois dun proceso ascendente que permitiu a progresiva incorporación
de máis de sesenta entidades locais e provinciais que representan a preto do 60 por cento da poboación
de Galicia. Nunha nota difundida polo Fondo Galego, se considera esta situación como “lamentable e decepcionante”,
habida conta do baixo perfil do compromiso solidario de Galicia en relación a outras comunidades autónomas
e do carácter practicamente simbólico das cuotas fixadas, moi moderadas precisamente a fin de facilitar
que o diñeiro non sexa un obstáculo para iniciar un compromiso estable que poida ir a máis
no futuro. Que esta circunstancia se produza cando no Parlamento tivo entrada o proxecto de lei de Cooperación
Internacional ao Desenvolvemento, non deixa de ser paradoxal. |
| |
Representantes de INPRHU-Somoto se reuniron co
Fondo Galego |
 |
Gladys Cáceres, directora do Instituto de Promoción
Humana de Somoto (Nicaragua), presentou en Ferrol e Santiago as liñas básicas de actuación
do seu Centro, procurando a complicidade do Fondo no financiamento de proxectos para a erradicación da pobreza
no seu país. Este Instituto é a ONG máis antigua de Nicaragua, fundada en 1964. Segundo Gladis,
Nicaragua figura entre os países máis pobres do mundo e altamente endebedado. Existe unha estratexia
reforzada de crecemento económico e reducción da pobreza baseada en catro pilares: a) crecemento
económico de base ampla e reforma estructural; b) investimento no capital humano dos pobres; c) mellor protección
dos grupos vulnerables; d) gobernabilidade e desenvolvemento institucional.
Ademáis de reunirse co alcalde de Ferrol e pronunciar unha conferencia na cidade departamental, en Santiago,
se reuniu coa Comisión Executiva do Fondo con quen departiu con amplitude sobre estes temas, procurando
implementar liñas de colaboración que permitan o desenvolvemento de proxectos de interese mutuo,
especialmente no municipio de Las Sabanas. |
| |
Visita de Omar López
Arquitecto conservador da cidade histórica
de Santiago de Cuba |
 |
|
Unha vez que o presidente da Xunta de Galicia confirmou a súa
disponibilidade para participar nesta Sesión, están en marcha os seus preparativos. Os obxectivos
elementais desta iniciativa son os seguintes:
- Mobilizar aos nosos asociados e demáis entidades locais
e provinciais arredor desta circunstancia de xeito que se facilite unha maior aproximación e identificación
co proxecto.
- Chamar a atención de todos ás portas da elaboración
dos derradeiros Orzamentos desta lexislatura para que se contemple unha partida especifica de cooperación,
se aumenten as aportacións e se designe persoal específico para asumir estas tareas. Serían
os tres compromisos mínimos.
- Sensibilizar a todos respecto da importancia deste tema de
cara a telo en conta nos programas das próximas eleccións municipais.
|
| |
Curso de capacitación en cooperación
ao desenvolvemento |
 |
| O Curso foi inaugurado o pasado día 23 de setembro coa presencia
de representantes da Xunta de Galicia, da FEGAMP e do Fondo Galego. Na súa alocución, Domingo Bello,
director da Escola Galega de Administración Pública, desexou o éxito desta iniciativa, garantido
polo corpo de ponentes e o interese dos inscritos. O curso é de 100 horas lectivas e rematará o 25
de outubro. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Bergondo |
Sarria |
O Carballiño |
Bueu |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Cuntis |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
- |
- |
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
|