|
|
|

Número
43 - 2 de setembro de 2002 |
| |
| |
|
A Comisión Executiva do Fondo Galego reuniuse
co presidente Fraga |
 |
| |
 |
| Recepción do presidente da Xunta de Galicia
á Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (Santiago de Compostela,
19 de xullo de 2002). |
| |
En presencia do conselleiro de Emigración e Cooperación
Exterior, Aurelio Miras, o presidente da Xunta de Galicia expresou a súa ledicia pola consolidación
do Fondo Galego, un instrumento, dixo, que fai máis eficaz a cooperación dende os concellos e permite
coordinar máis e mellor estas actuacións coas que desenvolve a propia Xunta de Galicia. Precisamente,
o conselleiro Miras Portugal revalidou o compromiso cos obxectivos do Fondo que se concreta xa en numerosas actuacións
conxuntas e que terá nos próximos anos mecanismos e estimulos renovados que contempla a propia Lei
galega de cooperación ao desenvolvemento, que vai ser remitida ao Parlamento despois de ser discutido o
anteproxecto cos principais actores sociais.
Pola súa banda, Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, salientou o positivo balance destes cinco anos
de traballo nos que se foron incrementando os socios e os recursos, un ascenso que evidencia unha sensibilidade
cada vez maior do municipalismo galego arredor dos problemas da cooperación e do desenvolvemento cos países
do Sur. Alfredo Novoa, que agradeceu o apoio do presidente da Xunta de Galicia expresado por carta ao pouco de
fundarse o Fondo, quiso transmitir a Manuel Fraga, en nome de toda a Executiva e de todo o Fondo, a satisfacción
polo feito e a firme vontade de perseverar nesta vía.
O presidente Fraga foi convidado a presidir unha Sesión especial conmemorativa do Quinto Aniversario do
Fondo Galego de Cooperación que se celebrará a finais de outubro ou primeiros de novembro. |
| |
Curso de capacitación en cooperación
ao desenvolvemento |
 |
|
Desenvolverase entre os días 23 de setembro e 25 de outubro
en Santiago de Compostela e cos seguintes obxectivos:
1. Mellorar e intensificar a profesionalización dos actores
e xestores da cooperación ao desenvolvemento.
2. Proporcionar unha formación multidisciplinar, potenciando
a adopción dunha perspectiva global que aglutine tanto as reflexións académicas como as experiencias
prácticas.
3. Estimular a concienciación pública coa fin
de responder con maior eficacia, solidariedade e compromiso ás crecentes demandas nesta materia.
Os destinatarios preferentes desta iniciativa son: funcionarios
das administracións autonómica e municipal, asi como persoal de organizacións non gobernamentais.
O número de prazas está limitado a 25 persoas. Chegado o caso realizaríase unha preselección
de candidatos, a fin de asegurar un equilibrio na participación dos colectivos citados e primando a orde
de inscrición.
A matricula pecharase unha semana antes do inicio do curso,
previsto inicialmente para o 23 de setembro. O programa ten unha duración de 100 horas. As sesións
terán lugar de luns a venres, en horario de tarde e cunha duración de catro horas diarias. A asistencia
ás clases é obrigatoria. Entregarase certificado de asistencia. Máis información na
web: www.igadi.org, en info@igadi.org ou na Secretaría do Fondo: 986 357238.
|
| |
Visita de INPRHU-SOMOTO |
 |
| Unha delegación do Instituto de Promoción Humana
Somoto, de Nicaragua, visitará Galicia nos primeiros días de outubro para analizar co Fondo Galego
as posibilidades de iniciar unha cooperación froitífera na implementación de estratexias de
reducción da pobreza neste país. INPRHU-SOMOTO é o coordinador para Mesoamérica e o
Caribe de MAELA, Movemento Agroecolóxico de América Latina (http://www.maela-net.org/). |
| |
Proxectos en execución en Cabo Verde |
 |
O Fondo Galego e a Cámara Municipal de San Vicente asinaron
recentemente os protocolos de financiamento de dous proxectos para realizar conexións domiciliarias á
rede de saneamento e de auga en Monte Sossego-Alto Bomba e Bela Vista-Pedreira, que beneficiarán a unhas
duascentas familias e permitirán “combater as doenças diarreicas e contagiosas que afectam principalmente
as camadas sociais mais desfavorecidas e, de uma forma geral, contribuir para a a melhoria das condições
de vida das populações”.
O importe total de ambos proxectos ascende a 9 millóns de escudos caboverdianos, preto de 82.000 euros,
que serán financiados polo propio Fondo e a Consellería de Emigración e Cooperación
Exterior. |
| |
Irmanamentos |
 |
Os irmanamentos constitúen hoxe un referente práctico
insoslaiable da proxección exterior dos nosos municipios que adoece, en primeiro lugar, dun censo e rexistro
público dos acordos asinados, dunha avaliación mínima da súa evolución, virtudes
e carencias, e dunha concordancia mínima co acompañamento dos intereses exteriores de Galicia, de
xeito que a través dos irmanamentos, Galicia poida proxectar a súa relación cos emigrantes
nun ámbito tan próximo aos cidadáns como é o local e igualmente poida configurarse
progresivamente un foro institucional bilateral que poida actuar como lobby en cuestións de interese mutuo.
Cómpre unha aproximación avaliadora da actividade desenvolvida polos concellos de Galicia en materia
de irmanamentos, con indicación do número de institucións implicadas, partenaires e ámbitos
xeográficos afectados, contidos principais e evolución, e así mesmo a súa relación
cos mundos da cooperación ó desenvolvemento e a presencia ou non de emigración galega nos
municipios irmanados. Por último, efectuar un contraste entre a proxección obtida e os principais
ámbitos de interese da acción exterior de Galicia.
Ese estudio está en marcha co apoio do Fondo, da FEGAMP e da Xunta de Galicia, e executado polo IGADI. |
| |
Sesión especial conmemorativa, comprometidos
coa cooperación |
 |
|
Unha vez que o presidente da Xunta de Galicia confirmou a súa
disponibilidade para participar nesta Sesión, están en marcha os seus preparativos. Os obxectivos
elementais desta iniciativa son os seguintes:
- Mobilizar aos nosos asociados e demáis entidades locais
e provinciais arredor desta circunstancia de xeito que se facilite unha maior aproximación e identificación
co proxecto.
- Chamar a atención de todos ás portas da elaboración
dos derradeiros Orzamentos desta lexislatura para que se contemple unha partida especifica de cooperación,
se aumenten as aportacións e se designe persoal específico para asumir estas tareas. Serían
os tres compromisos mínimos.
- Sensibilizar a todos respecto da importancia deste tema de
cara a telo en conta nos programas das próximas eleccións municipais.
|
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Bergondo |
Sarria |
O Carballiño |
Bueu |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Cuntis |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
- |
- |
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/09/2002
Fernando Pol
|
|