|
|
|

Número
42 - 28 de xuño de 2002 |
| |
| |
|
Vigo, capital da cooperación descentralizada |
 |
A celebración do noso quinto aniversario tivo como acto
central a xuntanza que a Confederación de Fondos celebrou en Vigo. Ante representantes de todos os Fondos
(Catalá, Euskal Fondoa, Mallorquí, Menorquí, de Eivissa, País Valenciá e Andaluz),
Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, salientou a importancia que a creación do Fondo Galego supuso
para o fomento da cooperación descentralizada en Galicia e a transcendencia do apoio que en todo momento
se recibiu da Confederación de Fondos para soster a iniciativa nas situacións de maior precariedade.
O agradecemento de Alfredo Novoa foi correspondido por Joan Aguado, presidente da Confederación de Fondos
e alcalde de Vilafranca del Penedés, ao poñer de manifesto a especificidade do proceso galego e as
súas valiosas aportacións á consolidación do modelo municipalista de cooperación
que representan os Fondos.
Na xuntanza, que se desenvolveu nas dependencias do Concello de Vigo, analizouse moi especialmente o funcionamento
da Oficina de Seguimento de proxectos que a Confederación mantén en Managua, a fin de rendabilizar
ao máximo as súas actividades e funcións. Os asistentes foron recibidos por Santiago Domínguez,
concelleiro responsable da Área de Cooperación, e polo alcalde da cidade olívica, Lois Pérez
Castrillo, quen destacou o feito de ser a primeira cidade galega que delega no Fondo a xestión da cooperación,
animando ás demais urbes e municipios a seguir este mesmo impulso. |
| |
Reunións cos partidos políticos |
 |
| Mantivéronse nas últimas semanas entrevistas con
Xesús Palmou, secretario xeral do Partido Popular de Galicia; con Francisco Candela, responsable de política
municipal do Partido Socialista de Galicia-PSOE; e con Cecilia Pérez Orge, responsable da mesma área
no Bloque Nacionalista Galego. Con todos eles se detallou o especial momento que vive o Fondo, a cinco anos cumpridos,
co obxecto de incentivar un maior compromiso coa cooperación a un ano vista das próximas eleccións
municipais. Como na anterior convocatoria, todas as forzas políticas recollerán no seu Programa Marco
un apoio explicito a esta iniciativa. |
| |
Rede de servidores públicos da cooperación |
 |
Coa formación desta Rede o que se pretende é provocar
un punto de inflexión no ámbito das administracións locais e provinciais de Galicia, impulsando
un maior compromiso, máis estable e permanente, das respectivas corporacións, atendendo á
formación dunha malla de servidores públicos que afortalaría os vínculos existentes
e proporcionaría unha maior visibilidade ao Fondo e á orientación da axuda prestada pola respectiva
entidade, apreciando en maior medida, a súa utilidade e valor.
A Rede contribuiría a fomentar a participación activa dos asociados nos debates xerais e nas decisións
concretas; facilitaría o traslado ás corporacións asociadas da información precisa;
permitiría impulsar actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ao conxunto
da cidadanía; e, ademais, asentar a idea da cooperación no ámbito local, impulsando a creación
de tecido asociativo.
Nesa liña, durante as últimas semanas celebramos xuntanzas co director xeral de Fomento do Emprego,
Justo de Benito Basanta, e coa xefa do Servicio Galego do Voluntariado, Felicitas Rodríguez González,
a fin de avanzar ideas e suxestións que nos permitan asentar plenamente este proxecto nos próximos
meses. |
| |
Lei de cooperación ao desenvolvemento de
Galicia |
 |
Dende o Fondo Galego celebramos que finalmente se avance esta primeira
formulación dun Anteproxecto de Lei de Cooperación, na medida en que supón unha acertada valoración
da necesidade de establecer un marco legal propio en materia de cooperación. Nesa liña, a Lei debuxa
un marco normativo no que se contemplan os obxectivos e prioridades comúns da cooperación ao desenvolvemento,
unha realidade complexa e difícil en Galicia pero situada nunha tendencia globalmente positiva dende hai
uns anos nos que se implementa a participación de numerosos axentes, tanto do ámbito público
como privado.
É neste sentido que consideramos tamén importante destacar a necesidade de que este Anteproxecto
avance na súa tramitación avalada por un amplo consenso de toda a sociedade e moi especialmente de
todos os axentes interesados e involucrados na cooperación, entre os que cómpre sinalar tanto as
ONGs como os concellos e deputacións e institucións locais supramunicipais solidarias. O feito de
que esta formulación apareza nun momento tan inicial da actual lexislatura autonómica pero tardía
na municipal, debe convidarnos a propiciar un equilibrio que alente a dinamización, o debate e o incremento
da sensibilización dos actores públicos, municipais e provinciais no que ao Fondo atinxe, dos que
poida derivarse un maior compromiso operativo das entidades locais coas políticas de cooperación
ao desenvolvemento e unha maior aportación dos pareceres de todos.
Coidamos que, en xeral, o texto responde á dimensión actual do mundo da cooperación ao desenvolvemento
en Galicia. A opción por un articulado modesto nas súas definicións (especialmente o Título
I), pero detallado nas estructuras e compromisos, seméllanos o máis acaído ás circunstancias
actuais nas que precisamos de accións decididas para enriquecer o panorama da cooperación ao desenvolvemento
na nosa Comunidade.
O Fondo Galego participa activamente no proceso de diálogo auspiciado polo conselleiro de Emigración
e Cooperación Exterior, Aurelio Miras Portugal, e xa lle fixo chegar as súas suxestións a
este respecto, que están a disposición de todos os asociados na Secretaría do Fondo. |
| |
Curso de capacitación en cooperación
ao desenvolvemento |
 |
Dirixido a funcionarios das administracións autonómica
e municipal, así como a persoal de ONGs. O número de prazas está limitado a 25 persoas. Chegado
o caso realizaríase unha preselección de candidatos, a fin de asegurar un equilibrio na participación
dos colectivos citados e primando a orde de inscrición.
As solicitudes de preinscrición deben formalizarse no IGADI entre o 24 de xuño e o 31 de xullo. A
matrícula pecharase unha semana antes do inicio do curso, previsto inicialmente para o 23 de setembro. Os/as
alumnos/as terán á súa disposición o Centro de Documentación do IGADI. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Bergondo |
Sarria |
O Carballiño |
Bueu |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Cuntis |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
- |
- |
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/06/2002
Fernando Pol
|
|