|
|
|

Número
40 - 22 de maio de 2002 |
| |
| |
|
Fondo de Emerxencia:
O Fondo Galego coa reconstrucción de Palestina |
 |
Durante as longas semanas de reocupación das Áreas
Autónomas da ANP (Autoridade Nacional Palestina), o exército israelí levou a cabo unha destrucción
sistemática das infraestructuras, medios de subsistencia, patrimonio histórico e cultural, institucións
e entidades sociais palestinas ademais das consabidas elevadas e irrecuperables perdas humanas.
Ademáis das razóns propiamente estratéxicas e militares, o nivel de ensañamento e destrucción
aplicado indica ás claras que a finalidade última de Israel consiste no desmembramento histórico
do pobo palestino para dificultar o desenvolvemento de estructuras institucionais, políticas, sociais, culturais
e económicas dun futuro Estado palestino.
Aínda que a maioría das cidades autónomas foron reocupadas polas tropas de Sharon, Ramala,
actual capital da Cisxordania, foi a máis afectada por acoller os principais centros institucionais e de
goberno palestinos.
Os datos que se posúen non son completos xa que moitas cidades seguen ocupadas na súa totalidade
e non se levanta o toque de queda ou son inaccesibles debido a que o exército israelí segue a bloquear
as rúas; noutras, os danos foron avaliados durante os curtos períodos en que se levantou o toque
de queda. Foi en Ramala donde máis minuciosa puido ser esta análise.
Cómpre sinalar en todo caso que en todas as cidades contrastadas existe unha tónica común
de invasión, destrucción e vandalismo sistemático. Entre as accións do exército
israelí cabe citar o rexistro, confiscación e incendio de documentos, destrucción física
dos equipamentos e mobiliario, danos estructurais dos edificios polo uso de explosivos, roubos autorizados, tanto
de equipamento como de documentos e diñeiro.
Por outra banda, en todas as poboacións reocupadas, o exército destruíu de xeito xeralizado
as infraestructuras máis básicas correspondentes ó alumeado público, rede de saneamento
e conduccións de auga potable, unha acción que está a crear graves problemas de saúde
pública entre a poboación e dificultará aínda máis a volta á normalidade
da sociedade palestina.
A continuación, un listado de institucións, asociacións, centros... destruídos, ocupados
ou danados en diversas cidades palestinas:
• Ramala
Institucións civís da ANP: Oficina Xeneral de Persoal. Oficinas do goberno local:
Concello de Ramala; Concello de Al-Bireh; Cámara de Comercio; Biblioteca Al-Bireh. Comisarías e instalacións doutras forzas de seguridade. Ministerios: Asuntos Civís; Educación e Educación Superior,
Finanzas; Agricultura; Economía e Comercio; Industria; Obras Públicas; Transportes; Asuntos Sociais;
Sanidade; Cultura (sen desocupar); Información (sen desocupar); Interior (sen desocupar); Goberno Local
(sen desocupar). Institucións
non ministeriais da ANP: Consello Lexislativo Palestino;
Oficina Central Palestina de Estatística (PCBS); Academia Palestina para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Medios de comunicación independentes: Al-Quds Educational Television; Al-Nasr Tv; Radio Manara; Estacións
de radio fm Ayial y Angham; Estación fm Amor e Paz; Estación fm Al-Quds; Produccións Link;
Estación Al-Watan Tv. Organizacións
non gobernamentais (ONGs): Universidade Al-Quds, campus
de Ramala e Al-Bireh; Organización de Dereitos Humanos Al-Haq; Health, Development, Information and Policy
Institute; Grupo Mattin; Comités Agrícolas Palestinos; Network of Palestinian non Governamental Institutions;
Grupo Hidrolóxico Palestino; Sindicato de Agricultores Palestinos; Centro para a Investigación e
Desenvolvemento Rural; Instituto Mandela para os Prisioneiros Políticos; Asociación de Axuda ós
Presos Addameer; Centro de Desenvolvemento Ma’an; Sociedade de Amigos de Pacientes Talasémicos; Centro Bisan
para a Investigación e o Desenvolvemento; YMCA-Ramala (centro de xuventude); Centro Cultural Sakakini; Instituto
Palestino do Estudio da Democracia Muwatin; Asociación de Mulleres Al-Nahda; Comisión Independente
Palestina de Dereitos Humanos; Unión de Comités Médicos de Palestina.
• Nablús
Cidade Vella:
Mezquita Al-Khadra; Mezquita Al-Kabeer; Mezquita Al-Satoon; Igrexa Ortodoxa de Yasmin; 60 casas de época
arrasadas; 200 casas de época parcialmente derruídas; 80% do pavimento danado; Baños turcos
de A-Shifa; Entrada este do Khan (mercado vello); Soportais e arcos; 2 fábricas de xabón, de 300
e 500 anos de antigüidade, totalmente arrasadas; 11 fábricas de xabón, de 300 e 500 anos de
antigüidade, parcialmente derruídas; 7 fontes romanas. Institucións
da ANP: Consello Nacional Palestino; Departamento da
OLP para Asuntos dos Refuxiados; Gobernación; Edificio Al-Anwar; Edificio municipal. Organizacións non gobernamentais (ONGs): Centro Bisan para a Investigación e o Desenvolvemento; Asociación
de Mozos Cristiáns de Xerusalén. Medios
de comunicación: Fm radio Tariq al Mahaba. Colexios:
Al-Fatimeya; Rashda; Jamal Abdelnasser; Hawwash; Abdelraheem Mahmoud; Al-Ansari; Zafer Al-Masri.
• Belén
Concello.
• Anabta
Concello. Sociedade Benéfica de Mulleres.
• Tulkarem
Unión Xeral de Mulleres Palestinas (UGMP). Colexio
Preescolar Rawadat Abna’Al-Ghad.
Os datos que aquí recollemos son preliminares(1). Non resultada doado acceder á información xa que moitas
das cidades continúan baixo ocupación militar. Os datos de Belén, Anabta e Tulkarem foron
proporcionados por particulares que puideron saír nalgún momento do levantamento do toque de queda;
son datos incompletos en comparación con Ramala e Nablús. Ata que o exército israelí
abandone por completo as Zonas Autónomas Palestinas non se poderá facer un balance xeral dos danos
causados así como tampouco comezar coa tan necesaria recuperación das infraestructuras máis
básicas e urxentes.
O Fondo Galego, que recentemente creou un Fondo de Emerxencia, en colaboración coa Fundación Araguaney
e outras entidades, promove a recaudación de fondos públicos e privados para o financiamento de proxectos
de reconstrucción na zona.
Facemos un chamamento aos concellos e deputacións de Galicia para que realicen as súas aportacións
ó Fondo de Emerxencia na seguinte conta: 2091.0209.10.3040019000.
Máis información na Secretaría do Fondo Galego. Teléfono: 986 357238. e-mail: info@igadi.org.
Nota:
(1) Datos extraídos do informe sobre a destrucción causada polo exército
israelí ás institucións e entidades sociais palestinas e ó patrimonio histórico
entre o 29 de marzo e o 21 de abril de 2002 durante a reocupación das áreas autónomas. Fonte:
Palestinian NGO Emergency Initiative (Xerusalén), en Internet, http://www.electronicintifada.net/forreference/briefings/civildestruction.shtml. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Bergondo |
Sarria |
O Carballiño |
Bueu |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Cuntis |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
- |
- |
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/05/2002
Fernando Pol
|
|