Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 38 - 9 de abril de 2002
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Máis de corenta proxectos se presentaron na convocatoria de 2002    
nº 037 - 18/03/2002
nº 036 - 25/02/2002
nº 035 - 04/02/2002
nº 034 - 18/01/2002
nº 033 - 13/12/2001
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Convenio coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior
Centroamérica Posible
Alta de Sarria
Plan Maestro de Revitalización da Cidade Histórica de Santiago de Cuba
Mapa de socios do Fondo Galego
 

Volver ó sumario
Máis de corenta proxectos se presentaron na convocatoria de 2002
Reuniuse a Ponencia Técnica do Fondo para analizar os proxectos presentados na convocatoria de 2002. En Baiona, na sede da nosa Secretaría, Inma (Santiago), María Xosé (Vigo), Marieta (Deputación de Pontevedra), Lourdes (Culleredo), e Marta e Xulio Ríos (do Igadi-Secretaría) avaliaron o conxunto dos proxectos que presentaban o seguinte perfil xeográfico: Asia (2), África (3), Caribe (4), Centroamérica (9), Sudamérica (18) e Arxentina (7). En total, 43 proxectos. Os criterios barallados pola Ponencia á hora da selección teñen en conta non soamente a área xeográfica ou a contía solicitada, aspectos inevitables, senón sobre todo o contido, as necesidades que se pretende afrontar, a súa correspondencia coa actuación propiamente municipalista e a súa proxección futura, é dicir, a posibidade de sostemento do proxecto unha vez executado, procurando fuxir do mero asistencialismo.

Da análise da Ponencia Técnica deuse traslado á Comisión Executiva, que se reunirá o próximo día 12 de abril na sede da FEGAMP en Santiago de Compostela e a quen lle corresponde formular unha Proposta de financiamento concreto que deberá ser discutida e aprobada polo conxunto de socios do Fondo Galego reunidos en Asemblea xeral convocada ao efecto. A previsión é que esta xuntanza que poña fin ao proceso da convocatoria a ONGs se leve a cabo no curso da primeira quincena do próximo mes de maio.

A maiores, no presente exercicio, o Fondo Galego dará un forte impulso aos proxectos de cooperación directa con financiamento parcial da AECI (Cabo Verde) e da Xunta de Galicia.
 
Volver ó sumario
Convenio coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior
Aurelio Miras e Alfredo Novoa asinaron o pasado 2 de abril no Pazo de Raxoi un Convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de sensibilización que inclúen a formación dunha rede de funcionarios municipais comprometidos coas actividades de cooperación ao desenvolvemento e a organización dun curso orientado aos mesmos para ampliar a súa preparación neste campo. Así mesmo, noutro plano, o Convenio contempla a elaboración dun Cd-Rom divulgativo do Fondo galego e o cofinanciamento dunha Misión municipalista que podería levarse a cabo no presente exercicio a fin de visitar algúns dos proxectos financiados polo Fondo nos últimos anos.
 
Volver ó sumario
Centroamérica Posible
O Fondo Galego colabora coa campaña de sensibilización sobre o combate á vulnerabilidade en Centroamérica que dinamiza Solidariedade Internacional, co patrocinio da AECI. Trátase de afondar nas causas sociais tralos desastres naturais, con especial énfase na destrucción dos ecosistemas, no papel do Estado, na variante de xénero, etc, todas as aristas que concretan o perfil dunha catástrofe calquera pero que produze efectos totalmente desiguais segundo o país ou sectores sobre os que recaia. Igualmente a campaña pretende afondar nas limitacións da axuda de emerxencia, na necesidade de levar a cabo un permanente traballo de prevención e de restauración continuada. A campaña inclúe unha exposición e diverso material gráfico elaborado coa aportación tamén do Fondo Galego.

O noso compromiso coa rexión centroamericana mantívose ao longo dos últimos anos e dende o mesmo nacemento do Fondo. En 1998, un 59,56% do orzamento se destinou a esta zona; en 1999, o 33,82%; en 2000, o 55,72%; en 2001, o 49,27%, cantidades todas ben reveladoras da sensibilidade existente entre os municipios galegos na loita contra a erradicación da pobreza e os efectos dos desastres naturais na área centroamericana.
 
Volver ó sumario
Alta de Sarria
A Corporación Municipal do Concello de Sarria, provincia de Lugo, aprobou en sesión plenaria a súa incorporación ao Fondo Galego. Esa vontade fora explicitada pola concelleira de cultura e servicios sociais, María Elena Corujo, na xuntanza celebrada recentemente na capital lucense. Dámoslle a benvida a Sarria e reiteramos o noso convite aos concellos desta provincia para integrarse no Fondo e non quedar á marxe dese medre significativo do compromiso solidario de Galicia enteira.
 
Volver ó sumario
Plan Maestro de Revitalización da Cidade Histórica de Santiago de Cuba
No marco deste proxecto que cofinancia a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e o Fondo Galego, culminaron a súa estadía de formación e intercambio entre nós, Ivette María Borjas Martí e Odalís Gloria Quintana Catón, arquitectas de Santiago de Cuba que ademais de intercambiar puntos de vista sobre a proximidade (e a distancia) existente entre a planificación urbanística en Galicia e en Cuba, sentaron as bases para desenvolver un traballo conxunto máis operativo e de excelente calidade cos técnicos galegos (da Oficina de Planeamento) que están a reforzar ese proceso de elaboración do Plan que promove a Oficina do Conservador da cidade de Santiago de Cuba.

Este proxecto, que axiña chegará ao seu primeiro ano de execución, prosegue a un ritmo óptimo e todas as entidades co-financiadoras reafirmaron o seu compromiso de culminalo nos prazos previstos –tres anos–. Para o Fondo Galego, se trata dunha experiencia pioneira que se identifica plenamente co espiritu da cooperación municipalista na medida en que poucos servicios coma o urbanístico forman parte tan indisoluble da identidade municipal e son xeradores de benestar e desenvolvemento.

Para o 2002 inclúense varias actuacións importantes que inclúen a culminación do Diagnóstico urbanístico, a realización de boa parte da documentación previa, a preparación dunha exposición sobre o patrimonio histórico e cultural de Santiago de Cuba e algunhas actuacións materiais de naturaleza máis impactante para as que se están a buscar patrocinadores privados do sector.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Bergondo Sarria O Carballiño Bueu
Betanzos   O Irixo Cangas
Boiro   Ourense Cuntis
Brión   Vilar de Santos Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Corcubión     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene - - Pontevedra
Ferrol - - Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos - - Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda - - Vilagarcía de Arousa
Noia

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/04/2002
Fernando Pol


Subir