López Orozco e Branca Rodríguez:
ánimo e adiante co Fondo Galego |
 |
| O Concello de Lugo serviu de anfitrión a unha nova xuntanza
itinerante do Fondo Galego. Na recepción ofrecida polo alcalde e os portavoces dos diferentes grupos presentes
na Corporación municipal constatouse a sintonía existente en todos os partidos políticos do
municipalismo galego arredor da cooperación ao desenvolvemento, “conscientes das limitacións”, dixo
o alcalde, López Orozco, “pero decididos a impulsar esa modesta contribución á mellora xeral
da humanidade”. Pola súa banda, Branca Rodríguez, representante do Concello de Lugo no Fondo, especialmente
sensibilizada coa grave situación que se está a vivir en Palestina, considerou de vital importancia
o exercicio da solidariedade e destacou o labor desempeñado nese sentido polas organizacións non
gobernamentais. A Comisión Executiva tivo unha vez máis a oportunidade de comprobar a importancia
de manter un diálogo directo cos asociados para intercambiar puntos de vista sobre un traballo non soamente
fermoso senón moi necesario, como afirmou o alcalde, e afondar nos mecanismos bilaterais de reforzamento
da cooperación en Galicia. |
| |
Pesar pola morte de Carlos Casares |
 |
| A Comisión Executiva do Fondo Galego expresou nun comunicado
o seu pesar polo recente falecemento de Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega. O escritor ourensán
colaborou co Fondo na posta en marcha das súas actividades sensibilizadoras, especialmente aquel libro,
Palabras con Fondo, ao que incorporou un relato breve, Dúas miradas, e que comezaba coa letra O do noso
alfabeto. Ademais, Carlos foi o autor do Bando auspiciado polo Fondo Galego para que todo asociado poida comunicar
aos cidadáns o seu compromiso coa loita pola erradicación da pobreza no mundo. Sentimos, como Galicia
toda, a perda de Carlos e lembraremos tanto a súa obra como o seu facer solidario. |
| |
Sarria anímase a entrar no Fondo |
 |
| Na xuntanza da Comisión Executiva celebrada o 14 de marzo
en Lugo, a concelleira de Cultura e Servicios Sociais de Sarria, Elena Corujo, avaliou positivamente o proxecto
do Fondo Galego e anunciou a súa disposición a favorecer a próxima entrada deste Concello
nesa cada vez máis ampla base representativa do Fondo. |
| |
Fondo Galego e “la Caixa” |
 |
| Unha representación do Fondo Galego reuniuse recentemente
con Susan S. Morales, responsable en Galicia da Fundación “la Caixa”, co propósito de intercambiar
puntos de vista sobre as posibilidades de colaboración entre ambas entidades en materia de sensibilización
social. En próximas datas podería concretarse esta nova vía de traballo, especialmente idónea
e necesaria para mellorar a incidencia cidadá do Fondo e provocar unha maior conciencia social arredor da
solidariedade e a cooperación. |
| |
Diálogo fluído con Cooperación
Exterior |
 |
| Avanzan a moi bo ritmo as liñas de traballo abertas coa
Xunta, hoxe agrupadas nas competencias da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior
da que é titular Aurelio Miras Portugal. Tanto en materia de sensibilización como de proxectos transmitiuse
ao Fondo unha disposición total para non só manter as fórmulas do pasado senón afondalas
para converxer as actuacións de ambas entidades que comparten un dobre denominador común: o seu carácter
público e idéntico compromiso con Galicia e a loita contra pobreza e desigualdade. |
| |
Ponencia Técnica do Fondo |
 |
| Na capital lucense realizouse un balance, proxecto a proxecto,
de todas as actuacións financiadas polo Fondo dende o seu nacemento, constatando o considerable volume de
iniciativas impulsadas e de recursos comprometidos. A Comisión Executiva acordou reunir na Secretaría
toda a documentación relativa a proxectos e as súas respectivas xustificacións e informes
de contraste realizados pola Oficina de Managua da Confederación de Fondos. Por outra banda, dado que o
30 de marzo remata o prazo de presentación de proxectos na convocatoria de 2002, a Ponencia Técnica
que debe proceder á súa avaliación reunirase en Baiona o próximo 5 de abril. |
| |
¿Solidariedade? ¡A Fondo! |
 |
| A exposición “¿Solidariedade? ¡A Fondo!” sigue
o seu percorrido por Galicia adiante. De Mugardos pasou a O Rosal e despois seguirá rumbo a O Barco de Valdeorras.
Dunha punta a outra de Galicia, coa solidariedade por mensaxe e unha firme vontade de ampliar a sensibilidade da
nosa cidanía sobre a importancia de cooperar aquí, entre nós mesmos, para ser máis
eficaces no exterior. En suma, predicando co exemplo. Os socios interesados en solicitar a exposición deben
contactar coa Secretaría do Fondo no teléfono 986 357 238. |
| |
Cooperación con Santiago de Cuba |
 |
| Ademáis do intercambio formativo e a ampliación de
dotación material á Oficina do Conservador da cidade de Santiago de Cuba, nos contidos da segunda
fase deste importante proxecto de cooperación que impulsa e xestiona o Fondo, inclúese a elaboración
de material gráfico para a realización en 2002 dunha primeira exposición sobre o patrimonio
cultural da cidade histórica e a súa problemática urbanística. Esta iniciativa de difusión
cultural do patrimonio santiagueiro, xunto co Diagnóstico Urbanístico do Plan Maestro, presentarase
en Santiago de Cuba e, posteriormente, en Galicia, acompañada de sendos seminarios. |
| |
Cabo Verde |
 |
| Outra das liñas fundamentais de actuación do Fondo
Galego no inmediato refírese a Cabo Verde. Está elaborado o Proxecto de Desenvolvemento Comunitario
Integral en Porto Rincao e contamos tamén con diferentes proxectos que afectan á mellora das condicións
de vida e de traballo dos mariñeiros deste país. O propósito do Fondo Galego é levar
adiante estes proxectos en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional
e a Xunta de Galicia. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Bergondo |
|
O Carballiño |
Bueu |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Cuntis |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
- |
- |
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
| |
|