Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 35 - 4 de febreiro de 2002
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Fondo tamén para Emerxencias    
nº 034 - 18/01/2002
nº 033 - 13/12/2001
nº 032 - 14/11/2001
nº 031 - 05/10/2001
nº 030 - 01/08/2001
nº 029 - 04/07/2001
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Novo representante saharauí
Clima de entendemento e cooperación
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 
 

Volver ó sumario
O Fondo tamén para Emerxencias
Na Asemblea Xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro houbo unanimidade absoluta entre os asistentes a respecto da proposta de creación dun Fondo para Emerxencias destinado a recoller as axudas extraordinarias das entidades locais e provincias de Galicia para afrontar situacións de urxencia. Na mente de todos, a situación da colectividade galega en Arxentina que atravesa momentos especialmente difíciles e que motivan numerosos acordos corporativos que non sempre atopan o doado camiño para viabilizarse. O Fondo considera que interesa coordinar todos eses impulsos, no ámbito local e coas demais administracións, moi especialmente a autonómica, a fin de gañar en eficacia e operatividade. E máis alá de Arxentina, o Fondo contará a partir de agora cunha dotación mínima inicial do dez por cento do seu orzamento para estas continxencias que se irá incrementando con achegas puntuais que se beneficiarán dun seguemento exhaustivo e contrastado co apoio do aparato administrativo do Fondo e da Confederación de Fondos.

A este respecto, por parte de Rogelio Martínez, da Deputación de Ourense, destacouse a importancia de implicarse na solidariedade con Arxentina e nese sentido considera acertada a idea do Fondo para Emerxencia que debe ir acompañada dun reforzo da coordinación entre todas as entidades. José Carlos Pita, de Narón, ao igual que Modesta Anca, de Cabanas, coinciden nesa idea de reforzar a cooperación aquí para garantir o debido destino dos fondos comprometidos para este tipo de axudas. Algo no que tamén coincide Guillermo Sánchez, de Narón, convencido do positivo efecto das sinerxias que se poidan acumular e a necesidade de coordinar estas actuacións coa propia Fegamp. Despois deste intercambio de impresións, aprobouse a creación do Fondo para Emerxencias que seguindo a proposta de Rogelio Martínez darase a coñecer a todas as entidades municipais e provinciais de Galicia así como á propia Fegamp e á Xunta de Galicia.



Alfredo Novoa destaca a necesidade de apretar o paso

Na súa exposición ante os asistentes á Asemblea xeral de socios, Alfredo Novoa fixo fincapé no incremento dos recursos experimentado ao longo de 2001, no esforzo desenvolvido para unha maior implicación das cidades e no incremento da visibilidade pública do Fondo contando xa cun mínimo de instrumentos para achegarse á cidadanía. Salientou especialmente a necesidade de que en todas as entidades asociadas se proceda a designar a unha persoa de enlace, empregada, a fin de poder construír unha liña de fidelización do socio que sirva de ponte coa Corporación e coas sociedades locais. A todos os asociados enviouselle recentemente unha carta neste sentido que agardamos atope a debida acollida e resposta.

Para o que resta de lexislatura insistiuse na necesidade de “apretar o paso”, achegando máis socios e recursos e impulsando a colaboración interinstitucional a todos os niveis.



Altas e baixas

Ao presentar o Informe económico, o tesoureiro, Xosé María Permui, enfatizou a necesidade de regularizar o abono das cuotas, a ser posible no primeiro cuatrimestre de cada exercicio para non dificultar o libramento das axudas para a execución de proxectos. Igualmente, a unanimidade dos socios presentes foi total á hora de urxir a clarificación daquelas entidades que non abonaron as cuotas dos últimos exercicios, procedendo, previo contacto telefónico e remisión de carta certificada, a suspender a súa afiliación ao Fondo galego.

En canto ás altas, ratifícanse as recentes de Bergondo, Cuntis e Rodeiro e infórmase do inminente ingreso da Deputación de A Coruña que comunicou a existencia de consignación orzamentaria para materializar o acordo formal de adhesión.

O Consello municipalista da Cooperación da o seu visto e prace ás Bases da Convocatoria de axudas ao financiamento de proxectos de 2002.

Coa participación de representantes de Fundai, Interred Galicia e Intermón, analizáronse as propostas de modificación das Bases da convocatoria de 2001, aprobándose por unanimidade dos asistentes nunha xuntanza celebrada con carácter previo á Asemblea xeral de asociados. O prazo para a presentación de proxectos que se abrirá o próximo 20 de febreiro rematará o 29 de marzo e toda a documentación debe remitirse á Secretaría do Fondo, en Baiona, na Avenida Joselín 7, Portal 3-4ºB. Para ampliación de información: 986 357238 ou no e-mail: info@igadi.org.
 
Volver ó sumario
Novo representante saharauí
Aproveitando a celebración da nosa Asemblea, Fatma Mohamed Salem, nova responsable da Delegación Saharauí en Galicia, ofreceunos unha radiografía da complexa situación dos campamentos de refuxiados no Sahara e as súas necesidades máis prioritarias. Por parte do noso presidente expresouselle o sentir dos socios do Fondo a propósito da solidariedade co pobo saharauí que veñen practicando dende hai algúns anos e que irá a máis agora que se agravan os problemas de subsistencia desta colectividade coa que a nosa sociedade leva dado numerosas mostras de simpatía.
 
Volver ó sumario
Clima de entendemento e cooperación
Nun encontro mantido con Francisco Javier Álvarez Barbeito, novo director xeral de Cooperación Exterior, intercambiáronse puntos de vista a respecto da necesidade de potenciar a cooperación e a solidariedade internacional en Galicia, afondando, no que atinxe ao Fondo Galego, nas traxectorias iniciadas tanto en materia de sensibilización como de execución de proxectos. Dende o Fondo expresamos a total confianza na colaboración inter administrativa como mecanismo para impulsar e reforzar o compromiso solidario de Galicia e dos galegos e galegas.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Bergondo   O Carballiño Cangas
Betanzos   O Irixo Cuntis
Boiro   Ourense Gondomar
Brión   Vilar de Santos Moaña
Cabanas     Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol     Rodeiro
Lousame - - Soutomaior
Mugardos - - Vigo
Narón - - Vilagarcía de Arousa
Neda

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/02/2002
Fernando Pol


Subir