Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 34 - 18 de xaneiro de 2002
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Asemblea anual do Fondo Galego: Informe de xestión    
nº 033 - 13/12/2001
nº 032 - 14/11/2001
nº 031 - 05/10/2001
nº 030 - 01/08/2001
nº 029 - 04/07/2001
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 
 
 
 

Volver ó sumario
Asemblea anual do Fondo Galego: Informe de xestión
Adiantamos desta vez a nosa Asemblea anual ordinaria ao 29 de xaneiro por dúas razóns. En primeiro lugar, para distanciala máis a respecto da que celebramos para resolver a convocatoria de axudas de cada ano, de xeito que progresivamente nos aproximemos a un encontro semestral con todos os asociados que nos permita un intercambio de ideas e de impresións que asegure unha maior participación e compromiso de todos. En segundo lugar, para aprehender con tempo e claridade dabondo o escenario que se abre ante nós e que define como horizonte próximo a fin do mandato das actuais Corporacións locais e provinciais e tamén, naturalmente, dos órganos dirixentes do propio Fondo Galego. Así pois, como primeira observación, cómpre apretar o paso para conseguir o máximo de obxectivos posibles nesta etapa post-constituínte que iniciamos en 1999, naquela Asemblea de 15 de outubro.

¿Que balance podernos presentar dos últimos meses? A diferencia de exercicios anteriores, moi volcados no incremento da base asociativa, quixemos centrar o 2001 na captación de recursos económicos. ¿Logrouse? O total comprometido na convocatoria de financiamento de proxectos de 2001 ascendeu a 39.726.727 pta, un incremento do 311,38% respecto da convocatoria de 2000 e un 1.012,77% respecto da primeira convocatoria de 1998. A simple vista, o éxito semella garantido, pero existen problemas, e o fundamental é o retraso con que moitos socios abonan as cuotas ou dilatan a satisfacción dos compromisos económicos contraídos. Tamén neste sentido avanzamos algo, pero cómpre aínda un esforzo maior.

Urxe tomar conciencia da importancia deste asunto, comezando pola gran cantidade de tempo perdido para xestionar o cobro das cuotas. Importa que en todos os Concellos se adopten as medidas necesarias para normalizar este mecanismo que debería operar de xeito practicamente automático. Nesa perspectiva, insistimos na conveniencia de que se indique un funcionario para responsabilizarse de coordinar todos os pormenores relativos á colaboración co Fondo Galego.

Dúas foron as vías principais que nos permitiron incrementar os nosos recursos. En primeiro lugar, afortalando a cooperación con outras Administracións, especialmente a Xunta de Galicia. Xa tiñamos en funcionamento un convenio de cooperación en materia de sensibilización que foi renovado, pero conseguimos ampliar a colaboración ó financiamento de proxectos, a través da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior. O reaxuste producido no Goberno galego por mor das últimas eleccións conleva a adscripción da cooperación ó desenvolvemento á nova Consellería de Emigración e Cooperación exterior, coa que xa iniciamos os primeiros contactos para perseverar e ampliar aquelas liñas de colaboración.

O segundo elemento que nos permitiu incrementar a nosa capacidade económica reside no maior compromiso dos socios. A partir da declaración das cidades de 5 de marzo de 2001, a súa participación económica incrementouse por regla xeral, ao igual que a doutros Concellos medianos (Arteixo, Oleiros, por exemplo) ou a propia Deputación de Pontevedra (financiamento adicional para un proxecto). O Concello de Vigo asinou un Convenio co Fondo que contempla a transferencia da súa partida de cooperación para o Fondo. Técnicos de Vigo e Santiago xa participaron na Ponencia Técnica do Fondo para avaliar os proxectos da convocatoria 2001.

O outro gran obxectivo do 2001 definiamolo en termos de incremento da visibilidade social e pública do Fondo Galego, en primeiro lugar entre os propios socios, para os que o Fondo a penas era pouco máis que un compromiso económico; despois, no conxunto da sociedade galega. Queriamos facelo ademais sen aplicar a esta finalidade grandes cantidades de diñeiro e, a ser posible, con recursos alleos. Nese sentido, conseguimos configurar un pequeno “pack” do Fondo (dossier, tríptico, caderno, vídeo, bando, cartel, pegatina) que hoxe nos pode resultar de gran utilidade con ese complemento que é a revista-memoria, para presentar o Fondo e explicar cal é a súa natureza e obxectivos. A creación deste “pack” desenvolveuse á par doutras actividades como a emisión do programa radiofónico “Ondas solidarias”, o relanzamento da exposición do Fondo ou a distribución de copias do filme “Lalia”, de Silvia Munt. A maiores, cómpre sinalar que representantes do Fondo participaron en mesas redondas, conferencias, xornadas e outras actividades similares, pasando a ser protagonista operativo no mundo da cooperación en Galicia, tal como se sinala na revista de análise e estudios internacionais, Tempo Exterior. Nun e noutro aspecto (recursos e sensibilización) sen dúbida experimentamos importantes avances en 2001 e cómpre seguir nesa liña.

Durante todo o exercicio, a Comisión Executiva mantivo a súa dinámica de funcionamento con normalidade, quizáis con menos reunións itinerantes das que quixeramos (soamente en 17 de abril en A Estrada e en 10 de decembro en Cangas do Morrazo), pois teñen un efecto moi positivo a todos os niveis (diálogo co socio, con candidatos á adhesión, cos medios de comunicación, etc). Igualmente procuramos atender os nosos compromisos no marco confederal, asegurando a presencia de Galicia nas reunións de Córdoba (18 de xaneiro), Menorca (1 de xuño) e Lleida (17 de outubro). Tamén participamos na reunión da Comisión Interterritorial, convocada polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Por último, amosamos a nosa solidariedade coa causa saharuí, participando nos actos do XXV aniversario da proclamación da RASD en Tinduf.

Habida conta destes antecedentes, ¿que obxectivos nos prantexamos para o 2002 e case 2003?

En primeiro lugar, perseverar na liña marcada no 2001, é dicir, na priorización do incremento dos recursos económicos do Fondo, pero sen descuidar o incremento e clarificación (mesmo con baixas, chegado o caso) da base asociativa.

Neste segundo aspecto precisamos innovar con substancia, é dicir, construír unha liña de fidelidade entre o socio e o Fondo a partir do cultivo desa conciencia común de solidariedade pero sostida cunha oferta constante de actividades (exposicións, conferencias, presentacións de libros, divulgación, etc) que permita que o Fondo se faga máis presente entre o conxunto das cidadanías. A Comisión Executiva esforzarase por multiplicar as reunións itinerantes e mellorar as súas iniciativas de divulgación, dende o Infórmate a Fondo ata a revista informativa. Non cabe agardar cambios bruscos nesta perspectiva, pero si urxe un cambio de tendencia, para o que precisariamos contar en maior medida con ese tecido solidario formado polas organizacións non gobernamentais que aínda non acaban de implicarse a fondo no proxecto do Fondo.

A organización dunha Misión Municipalista para visitar algúns dos proxectos financiados polo Fondo Galego é de gran importancia e debemos preparala moi ben. Será unha oportunidade excelente para tomar contacto directo coa realidade da cooperación e a ninguén debe deixar indiferente. Nas próximas semanas, dende a Secretaría informarán a todos os socios dos detalles loxísticos desta iniciativa.

En terceiro lugar, importa intensificar a colaboración interinstitucional. O marco creado coa Xunta de Galicia en anos anteriores debe consolidarse no presente exercicio, ampliando os seus contidos e manifestacións. Igualmente, cómpre culminar os pasos xa iniciados en relación á AECI e os traballos proxectados en Cabo Verde van por bo camiño.

Unha última cuestión que nos gustaría someter a debate é a relativa á creación dun Fondo para emerxencias. É coñecida a nosa posición a respecto das axudas desta naturaleza. O Fondo non xestiona axudas de emerxencia aínda que si compromete parte dos seus recursos no financiamento de proxectos en zonas de emerxencia. Na práctica ven acontecendo que algunhas entidades locais presionadas polo momento e ante a necesidade de dar unha resposta a unha sensibilidade social crecente e manifesta, compromete recursos nesta liña (comprobamolo, por exemplo, na recente crise arxentina). E as entidades locais non atopan no Fondo resposta para estas iniciativas. O Fondo para Emerxencias consistiría en reservar un 10% do Orzamento para esta finalidade, unha cantidade inicial que aumentaría coas donacións extraordinarias que poideran transferirse ao longo do ano. En caso de producirse algunha emerxencia, actuariase en materia de reconstrucción, pero a través do Fondo, con proxectos de cooperación directa ou a través de Ongs que presentarían proxectos nunha convocatoria urxente e extraordinaria. Ao remate do exercicio, se non se utilizou este Fondo, poderiase sumar ao orzamento ordinario ou mantelo como reserva a incrementar progresivamente.

Á par do proceso de discusión e formación que nos debe levar a priorizar a atención ó desenvolvemento, quizais sería un bo momento para estreitar os vínculos entre as Corporacións e o Fondo a través da creación deste Fondo para Emerxencias, que asentaría esa imaxe do Fondo como referencia das políticas municipalistas de cooperación e solidariedade e reforzaría as dinámicas de reconstrucción nas zonas prexudicadas.

En suma, querid@s amig@s, eu quixera transnutirvos a tod@s esa firme convicción, ese vivo interese, por aproveitar ao máximo o tempo que nos queda da actual lexislatura para dar un novo salto, para difundir e animar os nosos obxectivos e asentar máis decididamente os procesos de vertebración da cooperación en Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Bergondo   O Carballiño Cangas
Betanzos     Cuntis
Boiro   O Irixo Gondomar
Brión   Ourense Moaña
Cabanas   Vilar de Santos Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol     Rodeiro
Lousame - - Soutomaior
Mugardos - - Vigo
Narón - - Vilagarcía de Arousa
Neda

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/01/2002
Fernando Pol


Subir