Primeiros resultados da Declaración das
Cidades |
 |
Preocupado pola necesidade de obter o máximo rendemento
dos recursos que destina á cooperación ó desenvolvemento, o Concello de Vigo está comprometido
co propósito de impulsar aquelas prácticas que posibiliten unha maior coordinación das políticas
municipalistas desenvolvidas en Galicia neste eido, compartindo coas ONGs e o conxunto da sociedade viguesa esa
aspiración común á mellora da cualidade da cooperación. Nesa perspectiva, o pasado
29 de novembro asinouse na cidade olívica un Convenio de colaboración entre o Fondo e o Concello
que permitirá a aplicación dos recursos económicos aportados por esta entidade a proxectos
de cooperación ó desenvolvemento en países do Sur, xestionados a través da participación
do Concello na convocatoria pública de axudas a proxectos e programas de cooperación que realiza
o Fondo Galego. O Concello de Vigo designará a un funcionario para integrarse na Ponencia Técnica
do Fondo. O importe do Convenio ascende a 12 millóns de pesetas.
A sinatura deste convenio supón un novo comezo para a cooperación municipalista pois vai permitir
estreitar a cooperación aquí, entre nós mesmos, para gañar en rendabilidade e eficacia
nos países de destino da axuda. Santiago Domínguez, concelleiro do área no goberno municipal
vigués, foi un dos principais valedores e impulsores da Declaración das Cidades asinada no pasado
5 de marzo de 2001. |
| |
Sensibilizar: ¡a máis! |
 |
Esta foi a principal conclusión da xuntanza que a Comisión
Executiva do Fondo Galego celebrou en Cangas do Morrazo o pasado día 10 de decembro. O salto propiciado
coa creación do Fondo debe alargarse ata implicar ao conxunto das cidadanías das entidades asociadas,
alentando mecanismos e actividades de participación que garantan un progresivo incremento da conciencia
social arredor da transcendencia destes compromisos.
Arredor da exposición “¿Solidariedade? ¡A Fondo!” queremos organizar a presentación
e distribución do vídeo, os libros, dos trípticos, das pegatinas, dos cadernos, mesmo dos
programas de radio que están a emitirse na rede de emisoras municipais galegas para conseguir unha maior
difusión da cooperación en Galicia. A revista-memoria do Fondo que da conta das principais actividades,
proxectos e dinámicas auspiciadas nos primeiros catro anos de existencia, será unha excelente carta
de presentación para esta campaña que contou para a súa elaboración co apoio da Dirección
Xeral de Relacións Parlamentarias da Xunta de Galicia.
En presencia do alcalde, José Enrique Sotelo Villar, o presidente do Fondo, Alfredo Novoa Gil, e demáis
membros da Comisión Executiva, ofreceuse unha conferencia de prensa na que os medios de comunicación
da comarca foron informados das actividades e proxectos do Fondo. Nun encontro posterior co alcalde de Bueu, Tomás
Barreiro, e a súa concelleira de Servicios Sociais, logrouse o compromiso dunha próxima integración
deste Concello no Fondo Galego. |
| |
Reunión de técnicos en Barcelona |
 |
| Tamén o día dez reuníronse en Barcelona representantes
técnicos dos diferentes Fondos existentes en España a fin de intercambiar impresións sobre
o funcionamento e definir unha posta en común sobre os proxectos compartidos. Ao Fondo Galego, como a outros
Fondos, interésalle especialmente o fortalecemento dos mecanismos cooperativos para gañar en proxección
e experiencia. Así mesmo, concede especial importancia á actuación coordinada en relación
á Axencia Española de Cooperación Internacional con quen existe a intención de asinar
un convenio de colaboración para impulsar proxectos en Cabo Verde. |
| |
Estudi de la Cooperació Local de Catalunya
amb els països del Sud |
 |
| “A cooperación co Sur é un acto de xustiza que afecta
a todas as sociedades do Norte e que debe ser impulsada dende todos os ámbitos da nosa sociedade, para avanzar
cara unha nova orde internacional máis xusta”, afírmase na Presentación deste estudio, editado
polo Fons Catalá e no que inclúe unha excelente radiografía sobre a situación da cooperación
en Catalunya, con amplas informacións sobre a análise dos datos económicos, os irmanamentos,
a acción institucional, os proxectos, etc. Son 400 páxinas que derruban un mito: o da insolidariedade
dos cidadáns de Catalunya. |
| |
Xornadas de Voluntariado en Oleiros |
 |
| No marco das xornadas sobre “Os novos retos da acción voluntaria
e da participación cidadá”, celebradas en Oleiros os días 23 e 24 de novembro, Alfredo Novoa,
presidente do Fondo, impartiu unha conferencia sobre “Cooperación internacional” seguida da presentación
do vídeo: “No Fondo funciona a solidariedade”. Esta iniciativa sensibilizadora recolleu numerosos parabéns
dos asistentes pola súa claridade e calidade técnica e discursiva. |
| |
Asemblea de Socios |
 |
| A Asemblea ordinaria de socios do Fondo Galego celebrarase o próximo
29 de xaneiro de 2002 nas dependencias da FEGAMP, en Santiago de Compostela, a partir das doce da mañán.
Nesta xuntanza efectuaremos un balance do ano que está a rematar, definindo os principais obxectivos e estratexias
para o vindeiro exercicio. |
| |
Reunión do CMC |
 |
| Co obxecto de iniciar os preparativos da Convocatoria de axudas
do ano 2002, reunirase o Consello Municipalista da Cooperación o próximo 29 de xaneiro ás
dez da mañán, nas dependencias da FEGAMP en Santiago de Compostela. |
| |
Boas festas e Mellor 2002 |
 |
|
|
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Cangas |
| Boiro |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Brión |
|
Ourense |
Moaña |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|