|
|
|

Número
32 - 14 de novembro de 2001 |
| |
| |
|
Un Seminario para analizar a práctica municipalista
da cooperación e a solidariedade |
 |
O obxectivo central deste encontro que celebraremos en Santiago
de Compostela, na sede da FEGAMP, o próximo 23 de novembro, consiste en analizar o tipo de problemas aos
que se enfronta a realidade da cooperación municipalista en Galicia, detectalos e individualizalos un a
un, establecer un intercambio de ideas arredor dos mesmos e propiciar unha serie de medidas que nos permitan mellorar
a realidade actual e homologar certas prácticas administrativas e políticas, de xeito que a cooperación
internacional ao desenvolvemento poida experimentar un novo impulso.
Constatamos felizmente que un maior número de Concellos e Deputacións de Galicia asómase ó
mundo da cooperación. A propia realidade do Fondo Galego e a súa evolución nos anos de funcionamento
indica ben ás claras que existe unha sensibilidade en positivo que cómpre afortalar. Coidamos nese
sentido que impulsar a cooperación en Galicia e no municipalismo é inseparable da idea de afortalar
o Fondo Galego como instrumento coordinador e homologador.
Á hora de abordar os aspectos prácticos, coidamos de interese establecer dous campos ben diferenciados.
En primeiro lugar, o ámbito da
xestión, política e económica.
Formulamos as seguintes recomendacións:
• Incluír unha denominación: cooperación (sensibilización, cooperación). É
importante que a cooperación se visualice socialmente no organigrama e no nomenclator municipal. A entidade
do esforzo económico e das actividades programadas neste campo poida que non xustitifique a priori a existencia
dun departamento específico, pero si a constatación desa referencia sensibilizadora. En cada caso,
debe avaliarse a conveniencia de incluír neste apartado a xestión dos irmanamentos, todos ou parte
deles, pois en moitos a cooperación pode ser o contido predominante.
• De non existir un departamento propio, xurde naturalmente a cuestión da ubicación. O máis
tradicional é que os asuntos da cooperación se aborden dende a área de Benestar social, como
unha prolongación internacional da acción social local. Noutros casos, é no ámbito
da Alcaldía donde se ubica. En non poucos, acontece tamén que a fragmentación acada niveis
moito máis amplos (educación, xuventude, muller, etc), de xeito que numerosos departamentos xestionan
illadamente uns dos outros, programas de consecuencias exteriores.
Cómpre neste sentido, salientar o seguinte:
1. A cooperación internacional é unha materia política de primeira orde e afecta ao ámbito
da acción exterior dos Concellos e Deputacións de Galicia. Por iso, consideramos que esa debe ser
a identidade prevalecente e vertebradora de actuacións dispersas, dende irmanamentos ata programas sociais,
educativos e culturais que porverificarse no exterior deben conectarse entre si.
2. Nesa perspectiva, a cooperación ao desenvolvemento debe insertarse prioritariamente a un mesmo nivel
que as relacións con Portugal (Eixo Atlántico) ou a participación en programas comunitarios.
3. Por iso, cómpre identificar un departamento especifico que asuma no organigrama municipal esta responsabilidade,
concretada ademais nunha identificación persoal efectiva que garanta a plena operatividade de todos os vinculos
internos e externos (incentivar o uso de medios electrónicos).
• Igualmente no ámbito funcionarial, cómpre establecer un responsable administrativo e determinar
un espacio fisico que permita a acumulación de documentación e a súa ordenación, a
dinamización de actividades, a coordinación con outras entidades, etc. Nesa perspectiva, importa
atender ás políticas de formación, á dotación de bibliotecas da cooperación,
etc. Non se trata de que sexa esta a única actividade a realizar pero tampouco que a súa marxinalidade
sexa de tal calibre que non resulte de valor ningún.
• No financeiro, é fundamental asegurar unha práctica progresivamente homologable. Compartimos a
preocupación por garantir tanto a transparencia como un adecuado uso de fondos públicos, por iso
cómpre uniformar un sistema que asumindo esa prioridade posibilite unha acción cooperativa eficaz.
De entrada, as cantidades a aportar ao Fondo (mínimas ou superiores) deben contar cun epígrafe específico
no presuposto, ao igual que as destinadas a programas de sensibilización local ou a proxectos financiados
con carácter exclusivo e sen intermediación do Fondo e nas Bases de execución do presuposto
debe contemplarse un mecanismo concreto de xestión.
• No ámbito das actividades, cómpre fomentar unha maior participación social nas actividades
de cooperación. Tan importante é a recaudación e xestión de recursos como a explicitación
da comprensión social do que se está a facer. É a garantía de manter un avance prolongado.
Esa sensibilización pode ser indiscriminada ou selectiva, propiciando a formación dun tecido asociativo
local ou afortalando o existente.
• Nesa perspectiva, resulta especialmente importante prestar atención á comunidade educativa, habilitando
fórmulas de aproximación do profesorado e do alumnado a través das súas propias estructuras
(delegados, consello escolar, claustros, etc) e alentando actividades de fácil divulgación e aplicación
nese ámbito, utilizando a capacidade de resonancia de xornadas como o Día Internacional para a erradicación
da pobreza ou similares.
• En cada caso debe valorarse a formacion de consellos municipais de cooperación.
• No que atinxe ás convocatorias de axudas, cómpre camiñar cara a convocatoria única,
xestionada dende o Fondo, e, no seu defecto, asegurar na medida do posible, a homologación das Bases. |
| |
Reunión coa Axencia Española de
Cooperación Internacional |
 |
| A AECI amosa a súa disposición para colaborar co
Fondo Galego. Nunha xuntanza celebrada en Madrid o pasado 31 de outubro, o seu secretario xeral, Rafael Rodríguez,
confirmou o interese desta axencia gobernamental en asinar un convenio co Fondo Galego para o financiamento de
proxectos municipalistas en Cabo Verde. |
| |
A Confederación de Fondos en Lleida |
 |
| No marco da Feira “Municipalia” reuniuse en Lleida a Confederación
de Fondos constatando o forte impulso e crecemento da cooperación descentralizada. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Cangas |
| Boiro |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Brión |
|
Ourense |
Moaña |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/2001
Fernando Pol
|
|