Municipalismo e Solidariedade, aspectos prácticos |
 |
Ese é o titulo da convocatoria que o Fondo realiza a responsables
políticos e técnicos dos Concellos e Deputacións asociadas para unha xornada de traballo eminentemente
práctica, co obxecto de afondar na realidade da cooperación municipalista en Galicia. Estamos no
ecuador do mandato das actuais Corporacións e coidamos especialmente oportuno facer balance do tramo percorrido,
debatir sobre as virtudes e carencias do actual proceso e concluír aquelas recomendacións que poden
afortalar a cooperación na nosa Terra.
A xornada desenvolverase o próximo día 23 de novembro, ben no Pazo de Mariñán ou, de
non ser posible, na sede da propia FEGAMP. Haberá unicamente dúas ponencias: O Fondo como modelo
e A práctica da cooperación; o resto do tempo centrarase no debate das cuestións máis
puntuais e na elaboración das conclusións. Ademais dos asociados, poderán asistir aquelas
entidades que se atopen en proceso de adhesión. |
| |
Actividades de sensibilización |
 |
Xa se distribuíron as primeiras grabacións do programa
radiofónico “Ondas Solidarias”. En colaboración coa rede de emisoras municipais de Galicia (EMUGA)
e o patrocinio da Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias da Xunta de Galicia, esta iniciativa
permite abrir unha fiestra a un tratamento permanente, sistemático e atractivo da problemática da
cooperación e da solidariedade en Galicia.
Igualmente comezamos a distribución do vídeo do Fondo Galego no que, ademais de presentar a nosa
asociación, reflexiónase sobre as desigualdades e a necesidade de construír un mundo máis
xusto e humano. No vídeo inclúense, entre outras, entrevistas con José Saramago, Ignacio Ramonet,
Federico Mayor Zaragoza ou Adolfo Pérez Esquivel. Pode ser un excelente instrumento para acompañar
numerosos actos e distribuír nos centros de ensino de cada localidade.
A “Guía sobre a cooperación descentralizada” debeu chegar xa tamén a todos os asociados. Trátase
dun completo compendio dunhas 150 páxinas no que se aborda o concepto e razón da cooperación
municipalista, os Fondos e o seu traballo, as relacións coas institucións, e un bo número
de anexos, indispensables para comprender cabalmente a dimensión actual e repercusións deste tipo
de cooperación. Trátase dun volume imprescindible en calquera biblioteca. |
| |
As cidades e o Fondo Galego |
 |
| Reuniranse o próximo día 12 de novembro en Santiago
a fin intercambiar puntos de vista sobre o nivel de aplicación da Declaración conxunta e co obxecto
tamén de concretar compromisos nese período actual de transición que debe servir para mellorar
a relación e o entendemento entre as principais cidades galegas e o Fondo. |
| |
Reunión da Comisión Interterritorial
en Madrid |
 |
| O presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, participou na xuntanza
da Comisión Interterritorial de Cooperación, celebrada o pasado día 22 na sede do Ministerio
de Asuntos Exteriores en Madrid. A reunión tiña por obxecto analizar a proposta de Plan Anual 2002
no que, entre outras cousas, botouse en falla un desenvolvemento máis amplo do papel da cooperación
descentralizada que realizan as Comunidades Autónomas e os entes locais, dentro do marco xeral da cooperación.
Sería conveniente que o Plan Anual recollera esta realidade, en notable aumento, do que é e significa
a cooperación descentralizada; se recoñecera o papel que esta ven desenvolvendo nos últimos
anos e que, á súa vez, se aposte decididamente para fomentala e ofrecer o seu apoio, como últimamente
xa ven acontecendo en organismos internacionais, como a Unión Europea e as Nacións Unidas. Todos
os Fondos presentes na reunión concordaron en que o Plan Anual de Cooperación debería facer
fronte a un desenvolvemento humano e sostible dos países empobrecidos sen ter en conta os beneficios económicos
que poidan repercutir sobre a economía española. |
| |
Xuntanza da Confederación de Fondos en
Lleida |
 |
| Será no marco da feira “Municipalia” o próximo día
17 de outubro e será unha nova oportunidade para intercambiar puntos de vista e experiencias sobre a marcha
dos Fondos. Igualmente, haberá unha exposición dos traballos desenvolvidos por cada un dos Fondos
e unha conferencia de Arlés Caruso, experta de Uruguai, mebro de CEAAL-REPPOL, Rede latinoamericana de poder
local. No decurso dos actos previstos, serán presentados varios libros e estudios sobre a cooperación
municipalista. |
| |
Conferencia sobre Cooperación Local para
o Desenvolvemento |
 |
Será en Donostia-San Sebastián os días 25
e 26 de outubro de 2001, a instancias de HEGOA e Euskal Fondoa. Con esta conferencia se pretende reflexionar sobre
as liñas estratéxicas da cooperación ao desenvolvemento desde as entidades locais, no contexto
actual da cooperación descentralizada, partindo da necesidade dunha toma de conciencia colectiva e de definir
propostas e retos para o futuro traballo.
Para os interesados en asistir, Secretaría da Conferencia: Amaia del Río, Carlos Askunze, Tel: 94
6017046. Fax: 94 6017040. e-mail: bhzaselc@bs.ehu.es. |
| |
Normalización de cuotas |
 |
| A Comisión Executiva, na xuntanza celebrada o pasado día
2 de outubro, fixo un chamamento a todas as entidades asociadas para que normalicen o pago das súas cuotas
á maior brevedade posible, pois diso depende a capacidade para atender os compromisos contraídos. |
| |
Xustificación de proxectos 2000 |
 |
| Todas as ONGs que executan proxectos financiados con cargo ó
orzamento do ano 2000 deberán presentar as correspondentes xustificacións antes do próximo
día 30 de novembro. |
| |
Oleiros e o Fondo Galego |
 |
| A Ponencia Técnica do Fondo Galego realizará a avaliación
dos proxectos presentados na Convocatoria de axudas a ONGs do Concello de Oleiros. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Barco |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Cangas |
| Boiro |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Brión |
|
Ourense |
Moaña |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|