Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 30 - 1 de agosto de 2001
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    A cooperación con Santiago de Cuba inicia unha nova etapa do Fondo Galego    
nº 029 - 04/07/2001
nº 028 - 24/05/2001
nº 027 - 19/04/2001
nº 026 - 26/03/2001
nº 025 - 13/03/2001
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
Galicia coa poboación do Sáhara
Lecturas para o Verán
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 

Volver ó sumario
A cooperación con Santiago de Cuba inicia unha nova etapa do Fondo Galego
O pasado 26 de xullo asinouse no Salón Verde do Pazo de Raxoi un Convenio de cooperación entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a municipalidade de Santiago de Cuba. Alfredo Novoa e Luís Enrique Ibáñez Arranz asinaron en presencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cidade irmanada coa súa homónima de Cuba, nun acto ao que tamén asistiu o cónsul xeral da República de Cuba en Galicia, Humberto Fernández Reinoso, e outras personalidades.

O obxecto deste Convenio é a realización dun Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba. O importe total desta actuación ascende a 58.400.000 de pesetas (350.991,06 euros), a executar en catro exercicios, ata o 2004. O importe da actuación do exercicio 2001 ascende a 10.000.000 pta. No financiamento da operación participan os Concellos galegos, a través do Fondo, e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de relacións coa Unión Europea e Acción exterior. A execución correrá por conta da “Oficina de Planeamento”, autores do Plan Especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela.

O proxecto, pola súa envergadura económica e a naturaleza das actuacións previstas, inaugura unha nova etapa na andaina do Fondo Galego, preocupado por fomentar un modelo de cooperación atento ao desenvolvemento de políticas de democratización e de benestar con atención específica para aqueles ámbitos de actuación nos que o municipalismo acredita unha certa experiencia. Falemos de participación cidadá ou de mellora da calidade de vida (rede de saneamento, electrificación, e outros servicios), os Concellos galegos poden aportar unha solidariedade xenuina, singular, que ningún outro actor da cooperación está en condicións de desenvolver.
 
Volver ó sumario
Galicia coa poboación do Sáhara
Chega o verán e numerosos Concellos, moitos deles integrados no Fondo, colaboran coa Asociación de Solidariedade coa Causa Saharauí, xestionando a acollida de nenos e nenas dos campamentos. Este ano repetirase a experiencia e, estamos convencidos, con idéntico ou superior éxito aos anteriores.

Actividades doutro signo pero con idéntico denominador común están xa programadas para os vindeiros meses. Os días 28, 29 e 30 de setembro reunirase na Toscana (Italia) a Conferencia Europea de Cidades Irmanadas e/ou Solidarias co Pobo Saharuí. O seu obxectivo é ofrecer un lugar de encontro a todas as entidades locais solidarias co pobo saharauí para confrontar e reforzar as súas experiencias, aumentar a rede de solidariedade aos municipios que aínda non están irmanados, afondar nas temáticas comúns, e, sobre todo, exercer unha presión coordinada sobre os gobernos europeos a fin de que se realice o pleno exercicio do dereito á autodeterminación do Pobo Saharauí e que se salvagarde a paz na rexión do Magreb.

Igualmente, en Sevilla, os días 23, 24 e 25 de novembro está prevista a celebración da 27ª Conferencia Europea de coordinación do apoio ao pobo saharaui. ¿Os seus obxectivos? Expresar o apoio de todos os Comités de Solidariedade á xusta causa do Pobo Saharauí e á Fronte Polisario, de forma organizada e permanente; concretar un Plan de Actuación para o ano 2002 que impulse as iniciativas orientadas a respectar os lexítimos dereitos do Pobo Saharauí nos diferentes ámbitos: político, económico, social e de cooperación; impulsar accións de mobilización social e da opinión pública a nivel internacional; esixir á ONU e á UE que fagan valer os acordos contidos no Plan de Paz, presionando ao Goberno de Marrocos para evitar o retorno ás hostilidades.

Máis información sobre estas iniciativas na Secretaría do Fondo Galego: 986 35 72 38.
 
Volver ó sumario
Lecturas para o Verán
• “La cooperación al desarrollo en un mundo en cambio”, Manuel Gómez Galán e José Antonio Sanahuja (coordinadores), CIDEAL, Madrid, 2001. Páxinas, 375.

Os profundos e acelerados cambios que actualmente se están producindo na sociedade internacional dan lugar, entre outras consecuencias, a unha revisión dos fundamentos, obxectivos e instrumentos da cooperación ao desenvolvemento que debe cumprir a súa función nun escenario diferente ao de décadas anteriores.

O nacemento e progresiva configuración dunha sociedade de ámbito mundial con novas características e contradiccións e, á par, con urxentes necesidades ás que se debe dar resposta, implica un necesario reprantexamento de certos aspectos da cooperación ao desenvolvemento que, dende diferentes perspectivas converxentes, son tratados neste libro.

• “
Otra perspectiva de la Cooperación al desarrollo del estado español”, Luis Nieto Pereira (coordinador), Paz con Dignidad, Madrid, 2000. Páxinas, 132.
Do postfacio de José Ramón González Parada: “A axuda ao desenvolvemento é como unha cebola, construída en capas, e cando a abrimos fainos chorar. O núcleo duro se concentra nas capas máis duras do xeopolítico, da política económica global, e nese nivel interior a evolución da axuda ao desenvolvemento debe interpretarse á lus (ou escuridade) dos cambios na xeopolítica do mundo e no avance da globalización do mercado.

As capas externas da cebola –a súa parte máis visible– o forman os problemas técnicos e sociais, a ideoloxía –como resumen e imaxe externa– o envoltorio da propaganda”.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Betanzos   O Carballiño Cangas
Boiro   O Irixo Gondomar
Brión   Ourense Moaña
Cabanas   Vilar de Santos Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/07/2001
Fernando Pol


Subir