Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 29 - 4 de xullo de 2001
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    A Asemblea do Fondo resolveu a convocatoria de 2001 para o financiamento de programas de cooperación ó desenvolvemento e solidariedade    
nº 028 - 24/05/2001
nº 027 - 19/04/2001
nº 026 - 26/03/2001
nº 025 - 13/03/2001
nº 024 - 06/02/2001
nº 023 - 31/01/2001
nº 022 - 02/01/2001
nº 021 - 15/11/2000
nº 020 - 13/10/2000
nº 019 - 28/08/2000
nº 018 - 17/06/2000
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
Proxectos en Cuba e Cabo Verde
Dereitos de autor para o Fondo
Delegación de ONGs de Perú
Visita de Mahayoub Sidina, representante da Fronte Polisario
Atención para a Cooperación en “Tempo Exterior”
“Diccionario de Acción Humanitaria y cooperación al desarrollo”
Seminario sobre “Municipalismo e cooperación internacional”
O IGADI, premio da Fundación “Lois Peña Novo” do ano 2001
  Mapa de socios do Fondo Galego
     

Volver ó sumario
A Asemblea do Fondo resolveu a convocatoria de 2001 para o financiamento de programas de cooperación ó desenvolvemento e solidariedade
Nunha xuntanza presidida por Alfredo Novoa e que se desenvolveu na sede da FEGAMP, os participantes respaldaron a valoración primeira realizada pola Ponencia Técnica e ratificada pola Comisión Executiva arredor dos proxectos presentados polas ONGDs e tamén de cooperación directa. Por mor do acordo das cidades, o prazo final para a presentación de solicitudes adiouse lixeiramente, pero aínda así algúns chegaron a destempo. Non obstante, todos foron avaliados e a resolución aprobada afecta ao conxunto.

RESOLUCIÓN

Presentáronse a esta convocatoria un total de 26 proxectos subscritos por outras tantas ONGs (3 fóra de prazo) e 6 proxectos de cooperación directa subscritos polas respectivas contrapartes. A Comisión Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta da Ponencia foi asumida pola Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral e extraordinaria de asociados que se celebrou o 29 de xuño de 2001 en Santiago de Compostela, na sede da Fegamp.

A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:

1. Proxecto: Construcción e equipamento dun centro de atención infantil. ONG: Ecos do Sur. País: Mozambique. Presuposto: 14.896.000 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 5.000.000 pta. Cantidade aportada polo Fondo: 5.000.000 pta. Resume: Construcción dun centro de atención infantil, co seu equipamento, para atender a bebés desnutridos, englobado nun proxecto integral de desenvolvemento rural comunitario.

2. Proxecto: Adquisición de bicicletas para promotoras de saúde. ONG: Bicis pola Paz. País: Mozambique. Presuposto: 488.400 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 400.000 pta. Cantidade aportada polo Fondo: 400.000 pta. Resume: Adquisición de 30 bicicletas para que as promotoras de saúde se poidan desprazar polas distintas aldeas. Este proxecto complementa ó anterior pois estas promotoras son as encargadas de detectar bebés en risco.

3. Proxecto: Introducción de enerxía eléctrica e alumeado público. ONG: Cosal / Yolocamba. País: O Salvador. Presuposto: 10.397.362 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 7.525.312 pta. Cantidade aportada polo Fondo: 7.525.312 pta. Resume: Este proxecto forma parte dun programa de desenvolvemento integral para o municipio de “El Paraíso” que pretende dotalo de infraestructuras básicas: luz eléctrica e alumeado público ás comunidades rurais e urbanas.

4. Proxecto: Abastecemento de auga potable ó “Caserío La Loma”. ONG: Solidariedade Internacional. País: O Salvador. Presuposto: 24.295.638 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 3.000.000 pta. Cantidade a aportar polo Fondo: 3.000.000 pta. Resume: O proxecto pretende abastecer de auga potable a unha comunidade que carece deste servicio e que sofre problemas graves de saúde por esta causa, con especial impacto na poboación infantil.

5. Proxecto: Instalación dun módulo ovino da raza Corriedale. ONG: Amigos Escaes-Perú. País: Perú. Presuposto: 6.604.837 pta. Cantidade solicitada ó Fondo: 4.753.287 pta. Cantidade a aportar polo Fondo: 4.753.287 pta. Resume: Impulso da instalación dun módulo de ovinos da raza Corriedale coa fin de mellorar xeneticamente a raza da zona, incrementando así a producción e productividade de carne e de lá. Construcción do correspondente curral, mellora do pasto e equipamento do botiquín veterinario. Contempla a adquisición de dous teares industriais para aproveitar a producción de lá e a capacitación dos campesiños para garanti-la continuidade do proxecto.

6. Proxecto: Apoio ó desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres do área rural e semi-urbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad. Contraparte: Ucres. País: O Salvador. Presuposto: 82.133,03 $ usa (+/- 16.426.606 pta). Cantidade solicitada ó Fondo: 38.520,64 $ usa (+/- 7.704.128 pta). Cantidade a aportar polo Fondo: 38.520,64 $ usa (+/- 7.704.128 pta). Resume: Potenciar a equidade de xénero nesta zona e promover os microcréditos ás mulleres para lograr o desenvolvemento agropecuario.

7. Proxecto: Compra de silos de almacenaxe de grans básicos. Contraparte: Mama Maquin. País: Guatemala. Presuposto: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta). Cantidade solicitada ó Fondo: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta). Cantidade a aportar polo Fondo: 53.760 Q (+/- 1.344.000 pta). Resume: Compra de silos de almacenaxe para mulleres traballadoras na cooperativa “El Nuevo Amanecer”. Estes silos servirán para saír do autoconsumo, poder almacenar os grans e posteriormente comercializalos.
 
Volver ó sumario
Proxectos en Cuba e Cabo Verde
A iniciativa do propio Fondo Galego, trabállase tamén na realización de dous proxectos adicionais a desenvolver en Cuba e Cabo Verde. O primeiro refírese á elaboración dun “Plan Maestro para a protección da cidade histórica de Santiago de Cuba”, no que participan a Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Acción Exterior da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, irmanado co seu homónimo caribeño. Trátase dunha iniciativa moi salientable, pois a súa realización compromete varios anos e cun investimento global que supera os 50 millóns de pesetas. O proxecto inclúe a entrega de material técnico, a capacitación profesional e sobre todo o establecemento das grandes liñas de actuación urbanística que permitirán non soamente a salvagarda dun patrimonio tan importante senón a súa posta en valor e dignificación presente e futura.

O segundo proxecto afecta a Cabo Verde. Sabedores de que non podemos chegar cuns recursos tan limitados a tantos lugares como quixeramos, no Fondo primamos aquelas referencias que nos son máis próximas culturalmente: unha delas é o mundo da lusofonía. Os contactos iniciados coa Associaçao Nacional dos Municipios Cabo-verdianos van por bo camiño e moi pronto contaremos cun proxecto de desenvolvemento integral á medida da identidade e obxectivos asumibles polo Fondo. Contamos ademáis co apoio de galegos coñecedores da rexión e doutras institucións comprometidas con este tipo de accións.
 
Volver ó sumario
Dereitos de autor para o Fondo
Antón Cortizas, flamante gañador do Premio Xerais de literatura infantil, ven de ceder os dereitos de autor da súa obra “Memorias dun río”, a editar por Sotelo Blanco edicións, para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Antón Cortizas, xeneroso na súa creación é tamén un home comprometido cos valores esenciais da humanidade.
 
Volver ó sumario
Delegación de ONGs de Perú
Visitou Galicia unha delegación de ONGs de Perú, formada por:

Luis Vargas, director de COLMENA-PERÚ, que é un consorcio de cinco ONGs peruanas que traballan na sierra e na selva en temas sempre relacionados coa economía popular.

Betty Leveau, directora de CEPCO, Centro de Estudios y Promoción Comunal del Oriente. O traballo desta ONG é na selva alta do Perú. Ten liñas de traballo relacionadas con temas de xénero, educación, microempresas (crédito e servicios non financeiros como a capacitación), fomento de organizacións rurais e urbanas de mulleres, desenvolvemento local e agroecoloxía.

Martín Castellanos Laime, director de PEJ (Programas de Emprego e Xuventude). Traballan nas catro provincias altas do departamento de Cusco. Liñas de traballo: emprego xuvenil, capacitación, microcréditos, capacitación técnica, fomento de organizacións rurais. Esta ONG é unha obra social da Iglesia Católica (Prelatura de Sicuani).

Pedro Pariona, presidente do Concejo Directivo de REDES de Huancayo, Departamento de Junín (Sierra Central do Perú). As liñas de traballo son desenvolvemento local, capacitación para o desenvolvemento a dirixentes rurais, comunitarios e municipais, traballo con nenos traballadores da rúa, microempresas comunais, crédito popular, formación sociopolítica.

Durante o encontro intercambiaronse informacións sobre a situación no Perú, a situación presente e expectativas do Fondo Galego e as posibilidades de levar adiante proxectos de cooperación conxunta.
 
Volver ó sumario
Visita de Mahayoub Sidina, representante da Fronte Polisario
O representante en Galicia da Fronte Polisario cumprimentou ao Fondo Galego. Durante a xuntanza analizouse o esforzo de cooperación de moitos Concellos de Galicia co programa “Vacacións en Paz” que está a iniciar unha nova andaina, intercambiáronse puntos de vista sobre o futuro do Sahara Occidental despois das últimas propostas de Nacións Unidas que alonxan as posibilidades de celebración dun referendo sobre a autodeterminación, e o incremento da colaboración municipalista coa poboación saharauí a fin de mellorar as súas condicións de vida.
 
Volver ó sumario
Atención para a Cooperación en “Tempo Exterior”
O número dous da revista semestral “Tempo exterior” que edita o IGADI adica boa parte do seu contido á análise da problemática da cooperación ao desenvolvemento. Este número inclúe artigos de Emilio M. Martínez, presidente da Coordenadora galega de organizacións non gobernamentais, Xesús R. Jares, profesor da Universidade de A Coruña e presidente de Nova Escola Galega-Educadores pola Paz, e de Jesús A. Vaquero, director xeral de Relacións Parlamentarias da Xunta de Galicia. Alfredo Novoa expresa o punto de vista do Fondo Galego sobre a situación da cooperación na nosa Terra. Poden adquirirse exemplares na Secretaría do Fondo: 986 35 72 38.
 
Volver ó sumario
“Diccionario de Acción Humanitaria y cooperación al desarrollo”

Un excelente e interesante traballo do que son autores: Karlos Pérez de Armiño (director), Joana Abrisketa, Jokin Alberdi, Marta Areizaga, Alfonso Dubois, Marlen Eizagirre, María Teresa Gil, Felipe Gómez Isa, Jorge Gutiérrez, Irantzu Mendia, Cristina Maoño, Clara Murguialday, Jonatan Rapaport, Míchel Sabalza, Norma Vázquez, Néstor Zabala e Patxi Zabalo.

HEGOA, Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional de la Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, promove esta edición publicada pola Editorial Icaria (Barcelona). Trátase do primeiro diccionario dedicado especificamente á acción humanitaria e á cooperación para o desenvolvemento, dous campos que experimentaron unha notable evolución teórica e técnica.

O diccionario foi elaborado por 17 investigadores membros ou colaboradores de HEGOA. Nos seus máis de 200 artículos, sintetiza e analiza gran parte dos conceptos, problemas, enfoques teóricos, métodos de análise, criterios operativos, organizacións especializadas e acordos internacionais aparecidos durante as últimas décadas no campo humanitario e no do desenvolvemento. A tal fin, contén aportacións de diferentes disciplinas, dende a economía á saúde, pasando polos dereitos humanos, as relacións internacionais, a socioloxía ou os estudios de xénero. Desta forma, constitúe unha ferramenta práctica de consulta e de estudio, con claridade divulgativa e, á vez, con rigor académico, útil para estudiantes e profesores en diversas disciplinas, cooperantes e traballadores humanitarios, membros de ONG, funcionarios, periodistas ou calquera outra persoa interesada na materia.

O diccionario, ao longo das súas 650 páxinas, proporciona diversas informacións de interés:

  • Unha sucinta definición de cada concepto.
  • Un desenvolvemento de cada entrada, analizando causas e consecuencias, debates teóricos, implicacións para a cooperación, etc.
  • Unha bibliografía por cada entrada.
  • Material gráfico e ideogramas.
  • Un detallado índice analítico final para búsquedas precisas de centos de términos, organizacións, autores, etc, con indicación das páxinas nas que se mencionan.
  • Un índice alfabético inglés/castelán e castelán/inglés que recolle términos de traducción problemática ou dudosa.

Con esta ambiciosa obra colectiva, HEGOA pretendeu sintetizar, clarificar e divulgar os debates internacionais no campo da cooperación, a acción humanitaria e os problemas do desenvolvemento en xeral. O diccionario é un instrumento ideal tamén para incrementar a sensibilización social ao respecto, así como a capacitación técnica e a calidade da cooperación. A obra pode adquirirse en calquera libraría (ISBN: 84-7426-502-9) ou tamén por correo en ICARIA editorial, SA. Ausiàs Marc, 16-3º 2ª. 08010-Barcelona. Tel: 93 301 17 23. Fax: 93 317 82 42.

e-mail: icarialp@terrabit.ictnet.es
Internet:
http://www.icariaeditorial.com

 
Volver ó sumario
Seminario sobre “Municipalismo e cooperación internacional”
A posta en marcha do Fondo permitiu abrir unha nova dinámica de cooperación en Galicia, con máis recursos e máis participación. Estamos na metade do mandato das actuais Corporacións locais e sería interesante facer balance da situación e definir as principais liñas de reforzamento destas políticas a fin de que ao remate do mesmo poidamos ofrecer un panorama distinto e máis alentador.

Ademáis de reflexionar sobre o modelo da cooperación municipalista e o papel do Fondo Galego, nesta xornada de traballo debatiremos sobre o enfoque concreto da cooperación dende as institucións locais, a xenérica adscripción a benestar social, a relación cos irmanamentos, a fragmentación, a inexistencia de responsables de cooperación, a capacitación do persoal, os vencellos coa acción exterior xeral, etc. Será en novembro e cun decálogo que nos permita comezar o 2002 con indicacións claras tanto a nivel político como orzamentario.
 
Volver ó sumario
O IGADI, premio da Fundación “Lois Peña Novo” do ano 2001
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional que, como é sabido, exerce a Secretaría do Fondo Galego, recibiu o pasado día 28 de xuño no Castelo de Soutomaior un dos premios que a Fundación “Lois Peña Novo” outorga cada ano. Nesta edición foron premiados tamén o Concello de Muros, o Instituto da Lingua Galega e o fiscal Carlos Varela. O premio foille concedido ao Igadi polo seu labor de creación e difusión de información internacional en lingua galega.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Betanzos   O Carballiño Cangas
Boiro   O Irixo Gondomar
Brión   Ourense Moaña
Cabanas   Vilar de Santos Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/07/2001
Fernando Pol


Subir