Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 27 - 19 de abril de 2001
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Ramón Campos, alcalde de A Estrada: “O Fondo é unha boa idea”    
nº 026 - 26/03/2001
nº 025 - 13/03/2001
nº 024 - 06/02/2001
nº 023 - 31/01/2001
nº 022 - 02/01/2001
nº 021 - 15/11/2000
nº 020 - 13/10/2000
nº 019 - 28/08/2000
nº 018 - 17/06/2000
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
Ondas solidarias
Mellorar a comunicación
O Concello de Mondoñedo intégrase na Comisión Executiva
Proxectos 2001
O Fondo Galego e a AECI: Formación na África de expresión portuguesa
Dereitos Humanos e desenvolvemento
Altas
Mapa de socios do Fondo Galego
     
     

Volver ó sumario
Ramón Campos, alcalde de A Estrada: “O Fondo é unha boa idea”
Coa inestimable colaboración do concelleiro Manuel A. Soutelo Dopazo, a Comisión Executiva do Fondo Galego reuniuse o pasado 17 de abril no Concello de A Estrada. Na conversa mantida co seu alcalde, Ramón Campos, este manifestou o seu parecer acerca da excelente idea que semellaba o Fondo Galego, pois brinda unha oportunidade excepcional para coordinar, homologar e impulsar as políticas de cooperación e de solidariedade cun signo municipalista.

O Concello de A Estrada adheriuse ao Fondo o 12 de maio de 2000, amosando dende o seu inicio un compromiso de participación importante, con asistencia habitual ás xuntanzas e Asembleas convocadas polo Fondo.

Como xa é habitual nas reunións itinerantes da Comisión Executiva, no decurso da xornada celebrouse un encontro cos medios de información locais para dar conta do empuxe e asentamento desta iniciativa que aspira a transformar substancialmente a realidade da cooperación municipalista en Galicia. Os representantes dos medios interesáronse polos recursos, número de socios e, sobre todo, polo tipo de proxectos concretos que o Fondo ven financiando dende o seu nacemento. Igualmente, a Comisión Executiva mantivo unha xuntanza informativa con representantes dos Concellos de Dozón, Cuntis, Valga, Viladecruces e co alcalde de Rodeiro, para avanzar na súa adhesión ao Fondo, meta que todos confiamos que se poida vertebrar antes do verán. Outros Concellos como Cotobade, Valga, Portas ou Lalín tamén fixeron chegar o seu interese pola iniciativa.

As xuntanzas itinerantes da Comisión Executiva son especialmente importantes porque, a pesar do apretado do seu programa, combinan a actividade ordinaria marcada polo debate das cuestións do día a día, cun contacto directo cos asociados, cos medios e a cidadanía, e brindan unha oportunidade excelente para intercambiar impresións con todos e enriquecer a sensibilidade e comprensión común a propósito da cooperación. A destacar en todos os casos, a receptividade amosada polos gobernos locais á hora de facilitar a loxística necesaria nestes desprazamentos.
 
Volver ó sumario
Ondas solidarias
Vai ser este un programa radiofónico producido pola asociación “Emisoras Municipais Galegas” e emitido nas trinta radios públicas locais que funcionan en Galicia. O programa vai ter un formato de “reportaxe” incluíndo en cada espacio a explicación do funcionamento dunha organización non gobernamental coa participación de membros das súas xuntas directivas; noticias do Fondo Galego de Cooperación; información xeral e análises arredor de conflictos e acerca das labores de cooperación que poidan desenvolverse en diferentes partes do mundo. Cada programa vai ter unha duración aproximada de dez minutos e comezará a emitirse no próximo mes de maio ata finais de 2001. A súa realización é posible coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias da Xunta de Galicia.
 
Volver ó sumario
Mellorar a comunicación
Tan importante como contribuír ó reforzamento das políticas de cooperación e solidariedade resulta dar a coñecer a existencia do noso Fondo de Cooperación. Cómpre que todos os membros do equipo de goberno, do conxunto das Corporacións e dos seus empregados, así como o conxunto da cidadanía perciba o Fondo como algo próximo. Por iso, consideramos fundamental dar a coñecer a súa existencia. A tal efecto, elaboráronse unha serie de carteis e pegatinas que responden a esa idea. Igualmente imprimiuse un Bando que será remitido a todos os Concellos asociados. É importante que os carteis e as pegatinas que en breve chegarán a todos os Concellos se distribúan de modo adecuado por todo tipo de dependencias públicas.
 
Volver ó sumario
O Concello de Mondoñedo intégrase na Comisión Executiva
Por imponderable da vida local, o representante do Concello de Quiroga deixa a súa participación na Comisión Executiva. Provisionalmente, acordouse a súa substitución polo representante do Concello de Mondoñedo, José Manuel Prieto, quen se incorporará de inmediato. A decisión deberá ser ratificada pola Asemblea de Socios que se celebrará o próximo 23 de xuño.
 
Volver ó sumario
Proxectos 2001
Previsto inicialmente para o 15 de abril, o peche do prazo para a recepción de solicitudes da convocatoria de proxectos 2001 adiouse ata o 26 de maio, co obxecto de permitir un acoplamento máis doado das ONGs que ata hai pouco viñan formulando as súas iniciativas a nivel local. A declaración das cidades, que aposta por unha convocatoria única de proxectos a nivel galego e municipalista, introduce esa nova variable que precisa abrir un período de transición para que todos nos poidamos acomodar no novo sistema.
 
Volver ó sumario
O Fondo Galego e a AECI: Formación na África de expresión portuguesa
No decurso do presente ano, o Fondo Galego pretende formalizar coa AECI un convenio de colaboración para levar a cabo un programa de cooperación directa que xira arredor de dous eixes: un contido de formación municipalista e a súa localización xeográfica en países africanos de expresión portuguesa, en concreto Cabo Verde e/ou Guinea Bissau. A tal efecto, o Fondo está a iniciar tamén os contactos coa Escola Galega de Administración Pública.
 
Volver ó sumario
Dereitos Humanos e desenvolvemento
Dereitos Humanos e desenvolvemento foi o título das xornadas celebradas en Redondela do 26 de marzo ao 6 de abril. Organizadas por Médicos sen Fronteiras e Entrepobos, contaron coa colaboración do Concello de Redondela e da Obra Social de Caixagalicia, e a participación do Fondo Galego nunha mesa redonda sobre “A cooperación solidaria en Galicia”.
 
Volver ó sumario
Altas
Nas últimas semanas producíronse as altas de Rianxo e O Barco de Valdeorras.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Barco Baiona
Betanzos   O Carballiño Cangas
Boiro   O Irixo Gondomar
Brión   Ourense Moaña
Cabanas   Vilar de Santos Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/04/2001
Fernando Pol


Subir