Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 25 - 13 de marzo de 2001
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    As cidades co Fondo Galego: ¡A fondo!    
nº 024 - 06/02/2001
nº 023 - 31/01/2001
nº 022 - 02/01/2001
nº 021 - 15/11/2000
nº 020 - 13/10/2000
nº 019 - 28/08/2000
nº 018 - 17/06/2000
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
O Fondo asistiu ó XXV Aniversario da proclamación da RASD
A Xunta e o Fondo renovan o seu convenio de colaboración
Fondo Galego e Caixanova
Un Consello Galego de Cooperación
Mapa de socios do Fondo Galego
 
     
     
     
     

Volver ó sumario
As cidades co Fondo Galego: ¡A fondo!
As sete principais cidades de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago de Compostela) emitiron unha declaración pública na que se comprometen a contribuír en maior medida ó financiamento de proxectos de cooperación ó desenvolvemento. Así mesmo, as cidades apostan polo reforzamento do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha entidade municipalista que, co apoio da FEGAMP, pretende homologar e impulsar as políticas de cooperación dos Concellos e Deputacións de Galicia. Así, os representantes das sete cidades asinaron un documento que abre o camiño para a transferencia da partida presupostaria que adican cada unha a este capítulo, para que sexa o Fondo quen a xestione colectivamente.

Pola súa importancia, reproducimos íntegramente a continuación o texto da Declaración das Cidades e o Fondo Galego:

“Reunidos en Santiago de Compostela os responsables de accións de cooperación ó desenvolvemento das sete grandes cidades de Galicia que máis abaixo se relacionan, e os integrantes da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

- Previa constatación do importante incremento da representatividade do Fondo Galego que agrupa a preto de sesenta entidades de toda Galicia e abarca a máis do oitenta por cento da poboación.

- Preocupados pola necesidade de obter o máximo rendemento dos recursos que o conxunto das Corporacións locais e provinciais galegas destinan á cooperación ó desenvolvemento e decididos a impulsar aquelas prácticas que posibiliten unha maior coordinación das nosas políticas neste eido.

- Compartindo coas ONGs e o conxunto da sociedade galega esa aspiración común á mellora da cualidade da cooperación e convencidos de que a cooperación co exterior debe comezar aquí, entre nós mesmos.

- Firmemente decididos a reforzar o Fondo Galego como mecanismo homoxeneizador que importa consolidar como referencia do compromiso municipalista co mundo da cooperación internacional, sen por iso renunciar ó exercicio das competencias propias de cada entidade coa intensidade que cada quen libremente decida, en especial no ámbito da sensibilización.



ACORDAN

1. Contribuír en maior medida ó financiamento de proxectos concretos de cooperación ó desenvolvemento avalados polo Fondo Galego mediante a progresiva transferencia ao mesmo da partida presupostaria que cada un dos nosos Concellos destina a este concepto, contemplando no seu caso un período de transición que permitaa subsistencia e o acoplamento daqueles compromisos e convenios subscritos con terceiros no marco de actuacións locais.

2. Pronunciarse pola progresiva consolidación dunha convocatoria municipalista única de axudas a ONGs para o financiamento de proxectos de cooperación, que se xestionaría a través do Fondo Galego.

3. Contribuír ao reforzamento da capacidade de análise e avaliación do Fondo Galego mediante a integración dun representante de cada unha das cidades asinantes na Ponencia Técnica do Fondo Galego encargada de emitir os informes sobre a idoneidade dos proxectos.

4. Facer un chamamento aos demáis Concellos e Deputacións de Galicia para sumarse ao presente acordo e seguir avanzando na definición dun modelo de cooperación coherente coa identidade e características da acción propiamente municipalista.”
 
Volver ó sumario
O Fondo asistiu ó XXV Aniversario da proclamación da RASD
Ramón Bouzas, vicepresidente, asistiu en nome do Fondo aos actos conmemorativos do XXV Aniversario da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), nos campamentos da Fronte Polisario. Ramón Bouzas, expresou en nome do municipalismo galego o compromiso solidario das nosas Corporacións e dos nosos cidadáns coa causa saharauí. Durante a visita realizou encontros con autoridades e representantes deste país e puido comprobar, de primeira man, as dificultades que atravesan por mor da incertidume que rodea o seu futuro. Pese ás presións internacionais, non parece que o referendo vaia celebrarse en datas próximas.
 
Volver ó sumario
A Xunta e o Fondo renovan o seu convenio de colaboración
Nesta ocasión, os contidos da campaña de sensibilización que financiará parcialmente a Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias refírense a un programa radiofónico que será distribuído a toda a rede de emisoras municipais galegas e a edición dunha publicación informativa sobre os catro primeiros anos de municipalismo solidario, aportando as principais claves da identidade e evolución do Fondo, entrevistas, reportaxes sobre os proxectos financiados e toda a información elemental sobre as actividades e estratexias do Fondo Galego.
 
Volver ó sumario
Fondo Galego e Caixanova
Representantes do Fondo Galego e da Obra Social de Caixanova reuníronse en Vigo recentemente para estudiar as diferentes posibilidades de cooperación, tanto en materia de sensibiliziación social como de execución de proxectos concretos.
 
Volver ó sumario
Un Consello Galego de Cooperación
A Coordinadora de ONGDs de Galicia, que ven de publicar o “Código de conducta das ONGs para o Desenvolvemento”, impulsa a creación do Consello Galego de Cooperación como “órganoconsultivo da Xunta de Galicia e de participación na definición da política de cooperación para o desenvolvemento”. O Fondo Galego, que apoia esta iniciativa, analiza agora o seu posicionamento sobre a proposta de Bases na que se inclúe a regulamentación das funcións, composición, nomeamento e cese, funcionamento, gastos e constitución. Con esta proposta, a Coordinadora de ONGs da un paso máis adiante para dotar a Galicia dos instrumentos mínimos que poden facer avanzar a solidariedade.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Carballiño Baiona
Betanzos   O Irixo Cangas
Boiro   Ourense Gondomar
Brión   Vilar de Santos Moaña
Cabanas     Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/03/2001
Fernando Pol


Subir