Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 24 - 6 de febreiro de 2001
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Consello Municipalista da Cooperación concorda co proxecto de Bases para o 2001    
nº 023 - 31/01/2001
nº 022 - 02/01/2001
nº 021 - 15/11/2000
nº 020 - 13/10/2000
nº 019 - 28/08/2000
nº 018 - 17/06/2000
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
A presencia de Alberto Enríquez, de FUNDE (El Salvador)
Arteixo solidario
Reunión de técnicos en Barcelona
Mapa de socios do Fondo Galego
 
     
     
     
     
     

Volver ó sumario
O Consello Municipalista da Cooperación concorda co proxecto de Bases para o 2001
Representantes de ONGs e do Fondo Galego reuníronse en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP, o pasado día 2 de febreiro, para analizar e intercambiar impresións sobre o proxecto de Bases da convocatoria de financiamento de proxectos para o presente exercicio. Houbo tamén tempo e ocasión para trasladar a todos os asistentes o “momento” que vive o Fondo, claramente optimista en relación ao seu número de asociados, visiblemente incrementado nos últimos meses, e enormemente esperanzador a respecto do progresivo aumento do volume de recursos que as Corporacións locais e provinciais de Galicia poidan destinar á cooperación ó desenvolvemento. Se ata agora o esforzo principal do Fondo centrouse na consecución de máis socios, a partir deste ano, a preocupación central será a de obter máis recursos, ben a través de fontes propias ou externas, sinalou Xulio Ríos, secretario do Fondo Galego.

Lourdes Suárez realizou unha introducción xenérica ao proxecto de Bases da convocatoria para o 2001, destacando a importancia de incorporar á documentación presentada unha descripción exhaustiva pero concreta dos beneficiarios, das contrapartes, e das repercusións que un determinado proxecto pode ter nunha área específica. Segundo a responsable de proxectos do Fondo é importante que se contemplen mecanismos de cooperación entre as ONGs actuantes nunha zona para reforzar o impacto plural que poida producirse a partir dunha previsión inicialmente non mancomunada.

Por parte de Xosé María Permui, tesoureiro do Fondo, deuse conta tamén das previsións económicas para o presente ano, tanto no que atinxe ao orzamento global como ao xeito de liquidación das axudas e outras cuestións.

Efectuadas algunhas aclaracións, expresouse a conformidade coas Bases propostas, coa petición de incluír algunha referencia a Asia no artigo 1º.I.a), por parte de InteRed. Así as cousas, a Comisión Executiva aprobará, previsiblemente, as Bases da Convocatoria do 2001 na xuntanza que ten previsto celebrar o próximo día 8 de febreiro, abríndose, a partir do día seguinte e ata o 15 de abril o prazo para a presentación das solicitudes. As Bases aprobadas definitivamente remitiranse a todas as ONGs e poderán ser consultadas na páxina web: http://www.igadi.org.

Asistentes por parte do Fondo Galego: Lourdes Suárez, Xosé María Permui, Mar Bernal, Salomé Alvarez e Xulio Ríos. Por parte das ONGs: Carmen Castilla, InteRed Galicia; Adela González Pérez, Fundai; Celso Carballo Leiro, Natura Hispánica; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; e Xoán Rafael Vilas, Entrepobos.

Volver ó sumario
A presencia de Alberto Enríquez, de FUNDE (El Salvador)

Ao remate da xuntanza do Consello Municipalista, interviu Alberto Enríquez Villacorta, director de Desenvolvemento Rexional Local de FUNDE (Fundación Nacional para o Desenvolvemento) de El Salvador. Presentado por Xoán Rafael Vilas, de Entrepobos, ONG que o está a acompañar na súa misión informativa en Galicia, Alberto Enríquez describiu os grandes e dramáticos rasgos da situación do seu país como consecuencia do terremoto: máis dun millón de afectados, a sexta parte da poboación; un total de 118 dos 262 municipios; un nivel de destrucción moi importante non soamente de vivendas ou terras de cultivo, senón tamén de infraestructuras e centros de traballo. Segundo o representante de FUNDE, o principal problema agora é que as redes productivas quedaron desfeitas.

Na opinión de Alberto Enríquez, a situación en El Salvador reclama a vertebración dun pacto amplio a nivel interno que implique ás autoridades de diferentes niveis sen esquecer nin ignorar deliberadamente ao conxunto da sociedade civil e das organizacións locais. O terremoto, afirmou, é unha oportunidade para establecer as bases dun desenvolvemento global e sustentable que parta do local. Así mesmo, alertou sobre a inevitabilidade de contemplar unha dimensión centroamericana na prevención de catástrofes. “É indispensable unha dimensión rexional neste ámbito”, asegurou. Despois de agradecer a axuda de emerxencia, Alberto Enríquez convidou aos presentes a reflexionar sobre a importancia de implicarse de maneira sostida no proceso de reconstrucción. As prioridades están claras: vivenda e centros de traballo. Ambos os dous son elementos indispensables para acadar unha mínima normalización nos próximos meses. Nas actuacións, mesmo as inicialmente precarias, debe contemplarse o seu reforzamento posterior, fuxindo desa provisionalidade que se acaba cronificando de xeito negativo, reproducindo os niveis de deterioro e pobreza anterior.

Celso Carballo, representante de Natura Hispánica, presente na xuntanza, destacou a importancia de contar cos factores ambientais á hora de programar os futuros asentamentos. Por parte do Fondo agradeceuse a presencia de Alberto Enríquez e expresouse a coincidencia básica na necesidade de ir máis alá da axuda de emerxencia, establecendo un compromiso de cooperación que procure un desenvolvemento e unhas condicións de vida dignas.
 
Volver ó sumario
Arteixo solidario
No marco das actividades realizadas no “Arteixo Solidario”, festa cidadá e participativa orientada ao fomento de actitudes de compromiso e sensibilidade co mundo en vías de desenvolvemento, recaudáronse 200.000 pesetas que serán destinadas ao financiamento da construcción de vivendas e cociñas en Nicaragua, proxecto xestionado co concurso da Fundación Augusto César Sandino.
 
Volver ó sumario
Reunión de técnicos en Barcelona
O próximo día 13 de febreiro reuniranse en Barcelona os Técnicos dos diferentes Fondos do Estado para avanzar na definición do perfil do modelo de Fondo e na relación de cada un dos Fondos e a Confederación coa AECI (Axencia Española de Cooperación Internacional).
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Lugo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Cañiza
As Pontes O Valadouro Ferrol A Estrada
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Carballiño Baiona
Betanzos   O Irixo Cangas
Boiro   Ourense Gondomar
Brión   Vilar de Santos Moaña
Cabanas     Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Corcubión     Pontecesures
Culleredo - - Pontevedra
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos - - Vilagarcía de Arousa
Narón

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/02/2001
Fernando Pol


Subir