|
|
|

Número
23 - 31 de xaneiro de 2001 |
| |
| |
|
El Salvador, agora toca a reconstrucción |
 |
O terremoto do 13 de xaneiro en El Salvador produciu unha destrucción
masiva, especialmente de vivendas de familias pobres, pero tamén de infraestructuras e servicios. Non é
a primeira vez que acontece. Xa antes se rexistraran desastres similares (1965 e 1986) e a ruína segue perseguindo
a moitos dos damnificados de entón. A vulnerabilidade da zona, tanto a xeofísica, a ecolóxica,
como a da situación de pobreza do 53% da poboación, son algunhas das causas estructurais que fan
que as consecuencias dunha catástrofe deste tipo sexan moito máis devastadoras nesta rexión
que noutras partes do planeta.
A asistencia de emerxencia non debe convertirse nunha solución definitiva. Dende o Fondo Galego apostamos
por unha acción continua de reconstrucción, de mobilización a favor das poboacións
damnificadas. Numerosas entidades están comprometidas na adquisición e distribución de alimentos,
roupa e medicamentos. Dende as Administracións debemos visualizar unha acción de rehabilitación
de redes viarias, de subministro de auga, de infraestructuras básicas, de posta en marcha de plans de saúde
e de semente de grans básicos para garantir a seguridade alimentaria. O Fondo Galego aposta por acompañar
ás poboacións afectadas nos propios procesos de reconstrucción, que deben axudar ademais a
transformar non soamente a realidade física, senón tamén a situación de pobreza crónica
desta rexión.
Os ténicos do noso e doutros Fondos xunto coa oficina de Managua están a traballar xa na identificación
das necesidades máis apremiantes xunto coa sociedade civil salvadoreña. Na convocatoria de axudas
deste ano atenderemos especialmente a El Salvador, pero todos aqueles Concellos e/ou Deputacións que o desexen
poden canalizar, a través do Fondo, as axudas extraordinarias que estimen oportuno para reforzar a acción
solidaria do municipalismo galego. Actuando de maneira coordinada a nosa acción pode ser moito máis
eficaz. |
| |
Reunión do Consello Municipalista da Cooperación |
 |
| O día 2 de febreiro reunirase o Consello Municipalista da
Cooperación co obxecto de intercambiar informacións acerca do funcionamento e expectativas do Fondo,
así como para debatir a proposta de Bases de financiamento para programas de cooperación ó
desenvolvemento e de solidariedade para o ano 2001 elaborada pola Comisión Executiva. Está previsto
que as citadas Bases queden aprobadas o 8 de febreiro, abríndose a convocatoria anual ata o 15 de abril. |
| |
Copias de Lalia |
 |
Enviáronse a todos os asociados copias da cinta de vídeo
“Lalia”. Dende hai algúns anos, numerosos Concellos de toda Galicia veñen apoiando diversas actuacións
de solidariedade coa causa saharauí, especialmente colaborando co programa “Vacacións en Paz”, no
que se involucran entidades e sociedade civil de ambas partes nun esforzo de aproximación cultural e humana
que consolida afectos comúns.
O Fondo Galego comparte estas aspiracións de construcción dunha sociedade máis libre e máis
xusta no Sáhara Occidental e por iso quer contribuír unha vez máis á divulgación
deste conflicto, da súa naturaleza, realidade, presente e futuro, facendo chegar unha copia deste filme,
con guión e dirección de Silvia Munt, a todos os asociados. Trátase dun medio especialmente
idóneo para explicar e comprender mellor a loita do pobo saharauí, moi recomendable para centros
de ensino, plataformas culturais, asociacións veciñais e outras entidades asociativas. A súa
duración é de doce minutos e poden obterse maís copias solicitándoas á nosa
Secretaría. |
| |
Novas altas |
 |
| Os Concellos de Cedeira, As Pontes e Vilagarcía de Arousa
sumáronse ao Fondo Galego, co que xa superamos as sesenta entidades asociadas. |
| |
Asemblea da Confederación de Fondos en
Córdoba |
 |
| Por primeira vez reuníronse en Córdoba todos os Fondos
do Estado. Ademais de expresar a unánime solidariedade coas víctimas do terremoto de El Salvador,
valorouse a presencia de observadores municipalistas nas eleccións de Nicaragua; informouse da primeira
xuntanza do Consello Interterritorial e das xestións realizadas por cada Fondo no último período.
Tratouse igualmente de reforzar a efectividade da Oficina de Centroamérica e aprobáronse os balances
económicos, o Orzamento e o Plan de Traballo para o 2001. |
| |
O modelo de Fondo |
 |
| Continuando co proceso iniciado na xuntanza da Confederación
celebrada en Bilbao o 18 de setembro, estase a producir unha primeira reflexión sobre o modelo de Fondo
que pretendemos impulsar. Este debate é de vital importancia nun momento como o actual, dado o nivel de
representación que acadaron estas estructuras. Unha vez confeccionada unha proposta de debate realizarase
unha Xornada de Reflexión Interna para definir criterios e sinalar os elementos básicos que deben
caracterizar un Fondo. É importante que este debate se realice con profundidade e que nel poidan participar
todos aqueles que o desexen, con total e enteira liberdade, a fin de extraer unhas conclusións concretas.
Os eixes principais da discusión son os seguintes: aspectos metodolóxicos, características
propias, criterios de financiamento e de xestión e proposta de metodoloxía de traballo para o debate
e a reflexión conxunta. |
| |
O Fondo e a AECI |
 |
| O Fondo Galego está a dar os primeiros pasos para establecer
un Convenio de colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), como
mecanismo para abordar a realización de proxectos de cooperación cun nivel de financiamento máis
elevado do habitual. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| As Pontes |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Carballiño |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Boiro |
|
Ourense |
Gondomar |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Corcubión |
|
|
Pontecesures |
| Culleredo |
- |
- |
Pontevedra |
| Fene |
- |
- |
Redondela |
| Ferrol |
- |
- |
Soutomaior |
| Lousame |
- |
- |
Vigo |
| Mugardos |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Narón |
-
|
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2001
Fernando Pol
|
|