|
|
|

Número
22 - 2 de xaneiro de 2001 |
| |
| |
|
Presentouse o libro “Palabras con Fondo”, un compromiso
dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional |
 |
Na
sede da Fegamp e coa asistencia de representantes do Fondo Galego, de Caixa Galicia, da Asociación de Escritores
e da Federación de Libreiros presentouse en Santiago este fermoso libro que concreta o convenio de colaboración
que o Fondo asinou este ano coa Obra Social de Caixa Galicia. A iniciativa responde a unha doble motivación:
xenérica, en primeiro lugar, pois é unha manifestación máis dese compromiso sensibilizador
do Fondo, compromiso de carácter permanente destinado a incrementar a conciencia social arredor da necesidade
de implementar a cooperación dende todas as instancias; e concreta, pois contribúe a tecer esa malla
solidaria que arredor do Fondo vencella a partidos políticos, sindicatos, organizacións non gobernamentais,
etc, e tamén a escritores e intelectuais, nunha arela común por que a solidariedade avance e gañe
posicións nas preocupacións centrais da nosa sociedade.
O Fondo cree no valor da obra, e por iso financia proxectos de cooperación ó desenvolvemento, pero
tamén na utilidade da palabra, e por iso este libro non é algo casual.
“Palabras con Fondo” constitúe unha aportación relevante por varios motivos: polo feito de reunir
a vintetrés autores, tantos como letras do noso alfabeto, homes e mulleres, de diferentes xeracións,
de diferentes provincias, de diferentes opcións de pensamento, conseguindo un todo plural e equilibrado;
en segundo lugar, pola calidade dos textos incorporados, todos inéditos, con estilos diferentes que van
dende a narrativa, a poesía ou a reflexión xornalística; e en terceiro lugar, pola énfase
común manifestada para resaltar o valor da cooperación e da solidariedade coma os motores máis
firmes e máis seguros da sociedade contemporánea.
O libro está a ser distribuído por diferentes vías coa preocupación única de
obter a máxima difusión posible. Boa parte da edición será distribuída coa axuda
da Federación de Libreiros de Galicia. Unha parte importante chegará a todas as bibliotecas do país
e a todos os Concellos, en primeiro lugar, aos asociados ao Fondo Galego. En Pontevedra, no II Salón do
Libro Galego, presentouse con gran acollida do público que esgotou as reservas existentes ao segundo día
desta cita editorial.
Lembremos que nesta obra participan os seguintes autores: Marilar Aleixandre, An Alfaya, Fran Alonso, Camilo Franco,
Sabela Álvarez, Carmen Blanco, Tucho Calvo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Fina Casalderrey,
Antón Cortizas, Lois Diéguez, Agustín Fernández Paz, Carlos Casares, Xosé Luís
Franco Grande, Antonio García Teijeiro, Silvia Gaspar, Bieito Iglesias, Manuel Seixas, Xosé Antón
Neira Cruz, Víctor Fernández Freixanes, Alfonso Álvarez Cáccamo e Suso de Toro. |
| |
Os sindicatos da función pública
local apoian ao Fondo Galego |
 |
| Nunha Declaración asinada por Comisións Obreiras,
Unión Xeral de Traballadores, Central Sindical Independente de Funcionarios e a Confederación Intersindical
Galega, as organizacións sindicais do ámbito local manifestan a súa “unánime disposición
para contribuír, na medida das nosas posibilidades, ó fortalecemento desta iniciativa, fomentando
a participación na mesma do colectivo de traballadores ao servicio das Administracións locais de
Galicia”. Ademais, os asinantes sinalan que “participan da idea de fomentar, como liña de actuación
propia das Corporacións locais e provincias de Galicia, a participación en proxectos e programas
de cooperación, desenvolvemento e solidariedade internacional, potenciando e asumindo este eixe de actuación
como un espacio de encontro para o colectivo de persoal ó servicio da Administración pública”.
Dende o Fondo expresamos a satisfacción por rotundo apoio que agradecemos e que non dubidaremos en desenvolver
con actuacións concretas. |
| |
Manuel Abeledo na reunión da Comisión
Executiva |
 |
| Na xuntanza do 12 de decembro en Santiago de Compostela, a Comisión
Executiva contou coa participación de Manuel Abeledo López, presidente da Deputación Provincial
de Pontevedra. Durante a reunión, de carácter ordinario, tivo a oportunidade de adentrarse nun coñecemento
máis a fondo das actividades deste organismo que esta Deputación contribuíu a afortalar dende
o primeiro momento. |
| |
Cidades e Fondo máis a fondo |
 |
| As sete cidades máis grandes de Galicia e o Fondo Galego
principiaron o 20 de decembro un debate arredor das posibles vías para intensificar a súa cooperación.
Cada vez son máis os Concellos que realizan aportacións extraordinarias para o financiamento de proxectos
concretos que contan co aval do Fondo. Recentemente, así o fixo o Concello de Oleiros quen aportou tres
millóns de pesetas adicionais. O reforzamento da capacidade económica do Fondo é unha condición
sine qua non para completar o enorme impulso recibido en forma de adhesións. |
| |
Altas de O Porriño, Boiro e Lugo |
 |
| Estes tres Concellos, cada ún da súa respectiva provincia,
sumáronse nas últimas semanas ao Fondo Galego. En vías de adhesión atópanse
Rianxo e Vilagarcía de Arousa, entre outros. Aproximámonos así ás 60 entidades que
suman máis do 80% da poboación de Galicia. |
| |
Mellor 2001 |
 |
| Chegados a este punto só nos queda desexar a todos un mellor
2001 cheo de ledicia e coa esperanza dun futuro máis xusto e solidario para tod@s e con tod@s. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
O Valadouro |
Ferrol |
A Estrada |
| Arteixo |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Betanzos |
Samos |
O Carballiño |
Baiona |
| Boiro |
|
O Irixo |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Gondomar |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cerceda |
|
|
O Porriño |
| Corcubión |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
- |
- |
Poio |
| Fene |
- |
- |
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/01/2001
Fernando Pol
|
|