|
|
|

Número
21 - 15 de novembro de 2000 |
| |
| |
|
A Pobra do Caramiñal, comprometida coa
plena integración do Barbanza no Fondo Galego |
Na xuntanza que a Comisión Executiva celebrou o pasado día
nove en A Pobra do Caramiñal pasouse revista ao nivel de execución dos proxectos de sensibilización
do Fondo Galego. Tanto o libro “Palabras con Fondo” coma o vídeo “No Fondo funciona a solidariedade” están
a ultimarse e en breve poderán estar a disposición de todos. Ambos instrumentos deben servir para
acadar unha maior presencia do Fondo na sociedade galega e unha explicitación máis acaída
da súa naturaleza e obxectivos.
En A Pobra, o seu alcalde, Isaac Ventura Maceiras Rivas, deixou patente o seu respaldo a esta iniciativa, estimulando
o compromiso de toda a comarca co Fondo Galego. Contando xa cos Concellos de Noia, Lousame, e Porto do Son, no
decurso da xornada mantivose un intercambio de impresións con represantes dos Concellos de Rianxo e Boiro
que proximamente, confiamos, incorporaranse tamén ao Fondo Galego. |
| |
O Fondo Galego, na Comisión Interterritorial |
O Consello Interterritorial constituíuse en Madrid o pasado
día 6 de novembro. Trátase dun organismo moi importante, previsto na Lei de Cooperación Internacional
para o Desenvolvemento e que debe abrir espacios para a expresión dos diferentes puntos de vista existentes
no mundo da cooperación. O Fondo Galego participa neste órgano, dependente institucionalmente do
Ministerio de Asuntos Exteriores.
Nesta primeira xuntanza debatiuse a proposta de “Plan Director da Cooperación Española 2000-2004”
que presenta algunhas lagoas importantes como a escasa ambición orzamentaria e incluso un desenvolvemento
máis amplo do papel que realiza a cooperación descentralizada das Comunidades Autónomas e
os entes locais dentro do marco xeral da cooperación. Igualmente, dende os Fondos, considerase que o Plan
Director debería axustarse máis estrictamente a un marco estratéxico de loita contra a pobreza,
a través de recursos públicos. |
| |
Próxima xuntanza cos sindicatos máis
representativos da función pública local |
| O Fondo Galego non é un proxecto das corporacións
locais ou dos partidos políticos con presencia no municipalismo. É un proxecto social que debe impregnar
todo o peculiar microcosmos do ámbito local. Os funcionarios e demais traballadores das administracións
públicas locais constitúen un referente e un soporte importante desta estratexia. Non se pode facer
cooperación desde os Concellos sen contar coa participación e o compromiso dos traballadores. Por
iso, o Fondo Galego vai convocar aos sindicatos do sector a unha xuntanza na que se lles presentará esta
iniciativa co propósito de contemplar vías de colaboración futura que revirtan nun reforzamento
mancomunado das políticas de cooperación. |
| |
Por un país máis solidario |
Con motivo de cumprirse por estas datas o 30 aniversario da resolución
2.626 na que a XXV Asemblea Xeral das Nacións Unidas confirmaba o obxectivo de transferirlles o 1% do PNB
dos países industriais aos países en vías de desenvolvemento e marcaba o 0,7% do PNB como
a porcentaxe de axuda a transferir pola vía da asistencia oficial, a Coordenadora de Organizacións
non gobernamentais de Galicia emitiu unha reflexión na que salienta que, a pesar do avanzado, os pasos dados
son aínda moi cativos. No mundo só catro países acadaron a meta do 0,7: Dinamarca, Noruega,
Holanda e Suecia. A media dos países que conforman a Unión Europea situábase en 1999 no 0,31
por cento e España, logo duns máximos do 0,28 por cento en 1992 e 1993, estancouse arredor do 0,24%.
En Galicia, a Administración autónoma, afirma Emilio Martínez, presidente desta Coordinadora,
adicou en 1999 a esta finalidade apenas o 0,03 por cento dos orzamentos, uns 300 millóns de pesetas. E no
ámbito local, a pesar do avance que supón o Fondo Galego, “unha cousa é asociarse e outra
contribuír financeiramente”. Galicia ocupa todos os anos todos os últimos postos.
A coordenadora galega de Ongs para o desenvolvemento agrupa na actualidade a case 30 organizacións de traballo
contrastado a prol das xentes do Sur e, preocupada por levar adiante unha cooperación de calidade, está
a formular unha proposta a tres anos para incrementar os fondos orzamentarios que Galicia destina para a cooperación.
É importante tamén que os Concellos galegos e, en primeiro lugar, os asociados ao Fondo, tomen conciencia
da necesidade de superar o estancamento do noso compromiso na loita contra a pobreza. |
| |
Editoriais e autores apostan pola claúsula
solidaria voluntaria |
| A proposta do Fondo Galego, as editoriais acordaron asumir a iniciativa
de lle propor aos autores durante o 2001 a sinatura dunha cláusula solidaria en virtude da cal cederían
parte dos seus dereitos de autor a proxectos de cooperación e solidariedade xestionados polo Fondo Galego
e a Asociación Galega de Editores. Fabiola Sotelo, presidenta deste colectivo, asumiu como propia esta iniciativa
que trasladou con entusiasmo a todas as empresas do sector. Algúns autores xa veñen cedendo estas
aportacións ao Fondo. Se ben non se trata de grandes cantidades, si revelan ese grado de conciencia e sensibilidade
dos nosos escritores. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Ferrol |
A Estrada |
| Arteixo |
Samos |
Montederramo |
A Guarda |
| Betanzos |
|
O Carballiño |
Baiona |
| Brión |
|
O Irixo |
Cangas |
| Cabanas |
|
Ourense |
Gondomar |
| Carral |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cerceda |
|
|
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
- |
- |
Poio |
| Fene |
- |
- |
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
|
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/11/2000
Fernando Pol
|
|