Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 20 - 13 de outubro de 2000
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Baiona acolleu unha nova xuntanza itinerante da Comisión Executiva do Fondo    
nº 019 - 28/08/2000
nº 018 - 17/06/2000
nº 017 - 15/05/2000
nº 016 - 11/04/2000
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
Substitucións na Comisión Executiva
Palabras con Fondo
Máis sensibilización
Unha cláusula solidaria voluntaria
Partidas para cooperación e orzamentos
Mapa de socios do Fondo Galego
     
     
     
           

Volver ó sumario
Baiona acolleu unha nova xuntanza itinerante da Comisión Executiva do Fondo
Ángel Olimpo González, concelleiro de Servicios Sociais, recibiu aos membros da Comisión Executiva nas dependencias do Concello da vila erizana. Nun día marcado por un espléndido sol de outono, os reunidos tomaron coñecemento das principais conclusións da xuntanza da Confederación de Fondos celebrada en Bilbao o pasado 18 de setembro e da marcha das diferentes actividades en curso. Ao remate da xuntanza celebrouse unha conferencia de prensa.

Durante a súa visita, os membros da Comisión Executiva visitaron as dependencias do Igadi e puideron coñecer de primera man toda a infraestructura a disposición do Fondo Galego para desenvolver do mellor xeito posible as súas actividades.
 
Volver ó sumario
Substitucións na Comisión Executiva
A asunción de novos cometidos e responsabilidades, obrigou a Sofía López Linares, representante do Concello de Quiroga (Lugo) e a Juan M. Corral Pérez, representante da Deputación Provincial de Pontevedra, a cesar nas súas funcións na Comisión Executiva. Os seus substitutos serán, respectivamente: José Fidalgo Aguado e Ángel Gregores Méndez. A Comisión Executiva agradeceu tanto a Sofía López como a Juan Corral a súa activa participación nas actividades do Fondo e desexanlle todo tipo de éxitos nos novos cometidos.
 
Volver ó sumario
Palabras con Fondo
En decembro contaremos coa edición de “Palabras con Fondo”, iniciativa do Fondo Galego en colaboración con Caixa Galicia. Trátase de publicar unha reflexión colectiva de 23 autores galegos, tantos como letras ten o noso alfabeto, a propósito da cooperación e da solidariedade. As contribucións son diversas: poesía, breve ensaio, relato curto... Entre os autores cómpre citar a: Marilar Alexandre, An Alfaya, Camilo Franco, Sabela Álvarez Núñez, Carmen Blanco, Tucho Calvo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Antón Cortizas, Lois Diéguez, Agustín Fernández Paz, Xosé Luís Franco Grande, Antonio García Teijeiro, Silvia Gaspar, Xosé Antón Neira Cruz, Alfonso Álvarez Cáccamo, Víctor Fernández Freixanes ou Suso de Toro. Cada un dos autores comeza a súa aportación cunha letra determinada. A edición correrá a cargo da editorial Sotelo Blanco.

A Comisión Executiva valorou moi especialmente a importancia de facer chegar este libro á toda a rede de bibliotecas públicas de Galicia.
 
Volver ó sumario
Máis sensibilización
Coñecida é a atención que moitos Concellos galegos prestan ás actividades de colaboración humanitaria coa poboación do Sáhara Occidental. Para aproximar máis esta problemática e facela accesible a maiores colectivos de cidadáns, o Fondo Galego distribuirá a todos os asociados copias do curto “Lalia”, que protagoniza a actriz Silvia Munt, e no que se reflicten as vivencias, os dramas e as esperanzas, de todo un pobo ilusionado por recuperar a súa dignidade e soberanía.

Igualmente, en breve tamén estará a disposición de todos os asociados o vídeo informativo sobre o Fondo Galego, que está a ser elaborado en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia.
 
Volver ó sumario
Unha cláusula solidaria voluntaria
Dende os seus comezos, o FOGACOSO pretendeu desenvolver estratexias de aproximación ó conxunto da sociedade para sumar os maiores esforzos a fin de que Galicia desapareza das últimas posicións nas listas que reflicten o nivel de esforzo económico solidario, por exemplo, entre as diferentes Comunidades Autónomas do Estado. Trátase de levar adiante iniciativas globais e indiscriminadas, pero tamén de promover outras de carácter selectivo, conscientes de que non todo depende do compromiso dunhas determinadas Corporacións, persoas ou partidos, senón tamén do nivel de conciencia social e da disposición crítica do conxunto da cidadanía. Nese empeño sensibilizador cómpre contextualizar esta proposta.

Nesa liña, e non tanto polo seu significado económico, claro está, como polo seu valor cualitativo, a fin de expresar unha vez máis o compromiso dos autores galegos coas dinámicas de cooperación e solidariedade, o Fondo Galego propón aos editores galegos a introducción nos contratos de edición a asinar durante o ano 2001 dunha clásula solidaria voluntaria, en virtude da cal o autor cederá un mínimo do 0,7% –podería ser a totalidade se asi o desexa– dos dereitos da súa obra para desenvolver actividades de cooperación e de solidariedade.

Un acordo de cooperación entre a Asociación de Editores e o Fondo Galego de Cooperación concretaría aspectos como: a inclusión nas obras dunha referencia á participación neste proxecto; a xestión dos fondos recaudados; o destino dos mesmos, quizáis con especial atención ás accións de solidariedade con escritores perseguidos; mecanismos de coordinación entre as editoriais e o Fondo, etc. Nunha xuntanza mantida con Fabiola Sotelo, presidenta da devandita Asociación, comprometeuse a tratar esta proposta na xuntanza que celebrarán a finais deste mes de outubro.
 
Volver ó sumario
Partidas para cooperación e orzamentos
Por parte de Xosé María Permui, o noso tesoureiro, encárecese a todos a adopción das medidas preventivas necesarias para que nos orzamentos do ano próximo se habiliten partidas específicas para cooperación e para o Fondo Galego, a fin de evitar dunha vez por todas os problemas administrativos que xenera a inexistencia dunha consignación apropiada para esta finalidade.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Allariz A Cañiza
Ares Quiroga Ferrol A Estrada
Arteixo Samos Montederramo A Guarda
Betanzos   O Carballiño Baiona
Brión   O Irixo Cangas
Cabanas   Ourense Gondomar
Carral   Vilar de Santos Moaña
Cerceda     Nigrán
Corcubión     O Rosal
Culleredo - - Poio
Fene - - Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos - - Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda

Mapa de Socios do Fondo Galego

Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/10/2000
Fernando Pol


Subir