|
Máis proxectos ca nunca
O pasado 28 de abril rematou o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria do actual
exercicio. Cada vez son máis as organizacións non gobernamentais que concorren, pero, ademáis,
como novidade, nesta ocasión tamén remitiron os seus proxectos organizacións de carácter
municipalista ou mixto (municipalidades ou ongs) dos países beneficiarios, en concreto de México,
Guatemala e Nicaragua.
A Comisión Executiva, na xuntanza celebrada o pasado día 9 de maio en Santiago de Compostela,
tomou boa nota da notable repercusión da convocatoria deste ano. Asi mesmo valorou como “natural” o feito
de que a maior parte dos proxectos refíranse á rexión centroamericana e moi centrados na reconstrucción
das zonas danadas polo furacán Mitch.
Agora, unha Ponencia Técnica avaliará toda a documentación presentada á lus das
Bases da Convocatoria, e elaborará un informe-dictame que será estudiado e debatido pola Comisión
Executiva. A Asemblea de asociados para resolver a convocatoria 2000 fixase para o mércores 14 de xuño
na sede da FEGAMP, en Santiago de Compostela. Xunto coa convocatoria, a todos os asociados enviarase un resume
informativo sobre a identidade e características de cada un dos proxectos presentados, a fin de coñecer
con algo máis tempo o seu perfil e idoneidade. Deste xeito, antes de finais de xuño, formularase
a comunicación dos proxectos financiados e os diferentes actores poderán iniciar a xestión
sen demorala ó outono.
Actualización das cuotas: ¿un Fondo sen fondos?
Garantir a transferencia das cuotas por parte daqueles Concellos que aínda non o fixeron é complemento
indispensable da axilidade e requisito imperioso para resolver con fundamento a convocatoria 2000. Son aínda
numerosas as entidades que levan con lentitude o abono das cuotas; algunhas mesmo arrastran débedas pendentes
de exercicios anteriores.
Dende a Comisión Executiva expresase certa comprensión a respecto dalgúns problemas económicos
que sabemos existen nalgunhas entidades, pero tamén se realiza un chamamento a todos e a todas para asumir
con maior rigor o compromiso coa cooperación.
Sen fondos, o Fondo non é nada. O incesante proceso de adhesións, o incremento das cuotas adicionais,
a disposición de convocatorias municipais propias para ser xestionadas polo Fondo, etc, indican que o proxecto
consolidase paso a paso.
O Fondo Galego é dos máis novos de todos os Fondos, Galicia ocupa unha posición claudicante
aínda no esforzo cooperativo, e precisase dar a volta a esta situación. As cuotas mínimas,
tal como se recolle nos nosos estatutos e tal e como se decidiu unanimemente nas diferentes Asembleas que celebramos,
son obrigatorias.
¿Facilidades? Todas, pero o compromiso non pode ser testimonial, simbólico, debe chegar ata o
Fondo.
II Xornadas Estatais de Cooperación Descentralizada
Celebraranse en Alcorcón os días 15 e 16 de xuño, convocadas pola Confederación
de Fondos, o Concello de Alcorcón e a Coordinadora de ONGDs de España. Coa colaboración da
Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), o encontro centrarase fundamentalmente no debate
arredor da homoxeneización de criterios na cooperación descentralizada, de xeito, que, sobre todo
en dinámicas de presentación e xestión de proxectospoida establecerse un mínimo acordo
común que facilite o entendemento de todos os actores que participan no mundo da cooperación, calibrando
as diferentes sensibilidades, intereses e posibilidades, de forma tal que desa pluralidade poida xurdir unha cooperación
máis eficaz e de maior cualidade.
As Xornadas desenvolveranse en forma de varias mesas redondas, con participación de representantes da
FEMP, da Confederación, da AECI, das ONGs, do mundo universitario e das administracións autonómicas.
Así mesmo, organizaranse diferentes Talleres temáticos sobre cooperación ó desenvolvemento,
educación ó desenvolvemento, acción humanitaria, consellos de cooperación e mecanismos
de coordinación municipal.
Para obter máis información, contactar directamente coa nosa Secretaría: 986 357238.
Oficina en Managua, garantía para todos
Na reunión que representantes dos equipos técnicos de cada un dos Fondos celebraron en abril na
cidade condal, comprobouse a importancia da existencia dunha Oficina de seguemento de proxectos que avalíe
a execución das actuacións financiadas, dictamine sobre o seu rigor e permita a cada un dos Fondos
seguir máis de preto o destino dos seus recursos. Como sempre, a preocupación primeira e fundamental
de todos é garantir que os destinatarios sintanse partícipes e beneficiarios activos de cada programa.
Ven isto a conto porque na xuntanza de Barcelona participaron os técnicos que residen en Managua habitualmente
e informaron do estado de execución dalgúns proxectos financiados polo Fondo Galego. Hoxe contamos
con información contrastada, con probas fotográficas e videográficas, con testimonios das
comunidades locais, que disipan dúbidas e desconfianzas que doutro xeito resultarían máis
difíciles de mitigar. Por iso, a función da Oficina de Managua é particularmente salientable
e o esforzo das persoas que ali desenvolven o seu labor, en nome de todos nós, merece o recoñecemento
máis unánime.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Carballiño |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Gondomar |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
- |
- |
Redondela |
| Fene |
- |
- |
Soutomaior |
| Ferrol |
- |
- |
Vigo |
| Lousame |
|
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|