Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 16 - 11 de abril de 2000
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Concello de A Coruña acolle unha xuntanza da Comisión Executiva    
nº 015 - 27/03/2000
nº 014 - 15/03/2000
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
En xuño, Xornadas Provinciais de Cooperación no Pazo de Mariñán
A Confederación de Fondos reuniuse en Palma de Mallorca
O 28 de abril remata o prazo para a presentación de proxectos
Novas e próximas altas
Mapa de socios do Fondo Galego
       
       


Volver ó sumario


O Concello de A Coruña acolle unha xuntanza da Comisión Executiva

Nun día marcado pola chuvia e o frío, Mar Barcón, concelleira de Servicios Sociais, recibiu ós membros da Comisión Executiva do noso Fondo, no Centro de Monte Alto, onde, ó longo da mañá do pasado 4 de abril, celebraron unha máis das xuntanzas itinerantes que persiguen achegar esta entidade ós socios e, a través deles, a toda a cidadanía. Alfredo Novoa, presidente do Fondo, agradeceu efusiva e sinceramente a Mar Barcón e ó Concello de A Coruña, as excelentes condicións habilitadas para a xuntanza. Nun receso da mesa, Santiago Porta, responsable do Centro, detallou algunhas das actividades que realizan para afianzar o traballo social na cidade herculina.

Nunha concorrida conferencia de prensa posterior, Mar Barcón salientou o compromiso da cidade de A Coruña co Fondo Galego e, en xeral, coa cooperación ó desenvolvemento. Pola súa banda, Alfredo Novoa, explicou en pormenor a transcendencia deste proxecto que avanza a moi bo ritmo e que conta nesta provincia con un nivel de adhesións certamente importante. Os xornalistas solicitaron información sobre os proxectos desenvolvidos ata agora, os orzamentos ou a significación de Galicia no monto total que a cooperación representa no conxunto do Estado. Pola súa banda, Xulio Ríos destacou a importancia de dar prioridade neste momento ó aspecto cualitativo (incrementar a base asociativa) sobre o cuantitativo (establecer cuotas elevadas) para facilitar o avance da sensibilidade cooperativa no mundo municipalista galego.

Nun encontro posterior no que participaron representantes dos municipios de Cerceda, Carballo e Abegondo, o alcalde deste último concello, José Antonio Santiso, destacou o esforzo que para os pequenos municipios representa a participación no Fondo Galego, un esforzo que debe ser suficientemente valorado por todos, especialmente por aquelas entidades locais que contan cun maior presuposto, postulando unha aproximación progresiva nas aportacións en base a unha mesma cifra por habitante. Os representantes dos tres concellos anticiparon que promoverán a adhesión ó Fondo Galego.


Volver ó sumario


En xuño, Xornadas Provinciais de Cooperación no Pazo de Mariñán

A Comisión Executiva acordou propoñer o 2 de xuño como data para celebrar as Xornadas Provinciais de Cooperación no Pazo de Mariñán. Nos próximos días xestionarase o compromiso da Deputación Provincial que xa lle foi anticipado ó noso presidente, Alfredo Novoa. A este encontro convidarase a representantes dos 94 concellos da provincia, tanto técnicos como responsables políticos, para significar a importancia do compromiso municipalista coa cooperación, informar das diferentes posibilidades existentes neste sentido e presentar a todos e a todas o Fondo Galego.


Volver ó sumario


A Confederación de Fondos reuniuse en Palma de Mallorca

Alfredo Novoa e Xosé María Permui, en representación do Fondo Galego, participaron na xuntanza que a Confederación de Fondos realizou o pasado 31 de marzo na cidade de Palma, na illa mallorquina. A reunión coincidiu coa celebración das Xornadas de Intergrupos Parlamentarios “Paz e Liberdade no Sáhara” e do encontro de observatorios autonómicos para o Referendo no Sáhara. Pois ben, todos os Fondos expresaron nun comunicado o seu apoio ó pobo saharauí na súa xusta reivindicación do dereito de autodeterminación.

Os asistentes entrevistaronse co presidente do Govern Balear e reuníronse coa Permanente dos Intergrupos Parlamentarios. Previamente, participaron nun masivo acto de presentación da curtametraxe dirixida pola actriz Sílvia Munt, “Lalia”, que constitúe unha excelente aproximación á vida e aspiracións desa sociedade que tan ben retratou o escritor galego, Fran Alonso, na súa obra “Territorio ocupado”, publicada en Edicións Xerais.


Volver ó sumario


O 28 de abril remata o prazo para a presentación de proxectos

O próximo 28 de abril remata o prazo para a presentación de proxectos por parte das ONGs. A convocatoria permanece aberta dende o 1 de marzo. Ao igual que en anteriores ocasións, todos os proxectos presentados serán avaliados por unha Ponencia Técnica que presentará as súas conclusións á Comisión Executiva. O dictame final será sometido á consideración dunha Asemblea extraordinaria de socios, único organismo competente, segundo os nosos Estatutos, para decidir sobre os proxectos a financiar.

Esta é a terceira convocatoria de axudas para proxectos de cooperación ó desenvolvemento. Dos proxectos financiados en anteriores ocasións, tres foron totalmente executados e catro están en vías de execución. Este ano, por primeira vez, o Fondo Galego estudia a posibilidade de iniciar a cooperación directa, ben a través de fondos propios ou de convenios asinados con outras entidades, públicas ou privadas.

O ritmo ascendente de adhesións e de aportacións ó Fondo permite ser optimistas a respecto das crecentes posibilidades de financiamento. Na actualidade, o Fondo Galego destina máis do 95 por cento do seu orzamento a custear proxectos de cooperación.


Volver ó sumario


Novas e próximas altas

Ademáis das xa anunciadas de Pontevedra e Lugo, estamos á espera da confirmación dos concellos de A Estrada, Cedeira, As Pontes, Carballo, Cerceda e Abegondo.

A Comisión Executiva acordou facer un seguimento especial de todos aqueles concellos que participaron nas Xornadas de Pontevedra para clarificiar as dúbidas que poideran xurdir a respecto da formalización da adhesión.


Volver ó sumario


Mapa de socios do Fondo Galego


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Allariz A Cañiza
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Carballiño Baiona
Betanzos   O Irixo Cangas
Brión   Ourense Gondomar
Cabanas   Vilar de Santos Moaña
Carral     Nigrán
Corcubión     O Rosal
Culleredo - - Poio
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos

Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/08/2007
Fernando Pol


Subir