Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 14 - 15 de marzo de 2000
 
 

Sumario


  Núm anteriores
  Dunha cooperación a outra    
nº 013 - 11/02/2000
nº 012 - 13/01/2000
nº 011 - 09/12/1999
nº 010 - 04/11/1999
nº 009 - 16/10/1999
nº 008 - 15/09/1999
nº 007 - 01/08/1999
nº 006 - 01/07/1999
nº 005 - 15/04/1999
nº 004 - 01/04/1999
nº 003 - 01/03/1999
nº 002 - 01/02/1999
nº 001 - 15/01/1999
A socióloga uruguaia Arléss Caruso, de visita en Galicia
Máis altas no Fondo Galego
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 


Volver ó sumario


Dunha cooperación a outra

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade prosegue o seu labor, intensificado nestes meses polo acrecentado empuxe das novas Corporacións locais e provinciais. Fiel a esa idea de que a cooperación co exterior debe comezar aquí, entre nós mesmos, o Fondo Galego presta unha enorme atención á creación desa rede diversa, ampla, plural, de institucións e organismos que asumen o valor da solidariedade como un imperativo irrenunciable do noso tempo.

Nese xogo de implicacións e interrelacións a diversos niveis, cabe destacar, en primeiro lugar, o acordo acadado coa Xunta de Galicia para establecer un convenio marco de colaboración para levar adiante programas de sensibilización en Galicia.

De carácter plurianual, un Plano Operativo concretará as accións financiables en cada exercicio con aportacións de ambas as dúas partes. Segundo Jesús Alfonso Vaquero, director xeral de Relacións Institucionais, a instrumentación da colaboración entre a Administración autonómica e local é esencial para que avance o compromiso solidario de toda a nosa sociedade.

Dende outro ámbito, representantes do Fondo Galego principiaron os contactos coa Obra Social de Caixa Galicia para asinar un convenio de colaboración que pode contemplar tanto accións en materia de sensibilización como de financiamento de proxectos de cooperación directa, é dicir, non executados a través de organizacións non gobernamentais, senón asumindo unha relación directa do Fondo Galego coas municipalidades beneficiarias dos países en vías de desenvolvemento, unha cooperación de entidade pública a outra pública con financiamento dunha entidade financeira privada. En opinión de Manuel Aguilar, director da Obra Social de Caixa Galicia, máis ou menos intensa, esa cooperación pode levarse a cabo. Segundo Alfredo Novoa, unha vez perfilados os contidos, o acordo pode ser asinado nos próximos meses.

Nesa perspectiva de asentar unha referencia de liderato institucional na plasmación de políticas de cooperación en Galicia, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pretende implicar a outros sectores.

En primeiro lugar, ós sindicatos da función pública local, de xeito que os axentes sociais poidan facer chegar tamén a mensaxe solidaria ós milleiros de empregados públicos que prestan servicio nos concellos e deputacións de Galicia. En segundo lugar, alentando o compromiso de escritores e artistas galegos coa cooperación, a través de iniciativas de divulgación (dende a participación nun libro ata nunha conferencia) que permitan un maior achegamento da sociedade, principal sostén dunhas políticas que deben ser afianzadas plenamente.

As Xornadas que con carácter provincial realizará o Fondo Galego no presente exercicio permitirán tomar o pulso da cooperación na vida local. Pero ademáis, proporcionarán informacións e argumentos para tirar deste carro, a fin tamén de que Galicia desapareza desa última posición nos gráficos que reflicten as aportacións das Corporacións Locais de todo o Estado nesta materia.

En efecto, segundo se recolle no Informe 1998-1999 sobre a cooperación descentralizada dos entes locais, publicado pola FEMP e a AECI (Axencia Española de Cooperación Internacional), a porcentaxe de recursos destinados por Galicia a este capitulo foi do 0,16% en 1999, a última posición, mentres que outras comunidades, como Madrid (22,20%), País Basco (20,77%), Cataluña (15,14%), ou Andalucía (14,79%), consolidan posicións diametralmente opostas que non se xustifican polas diferencias de renda, senón de conciencia.

Certamente Galicia non pode quedarse atrás na mellora das comunicacións, na defensa do medio ambiente, na recuperación do emprego ou na inversión das tendencias demográficas; pero tampouco na explicitación dese compromiso solidario que nun mundo en crise procura contrarrestar con xenerosidade o avance das desigualdades.


Volver ó sumario


A socióloga uruguaia Arléss Caruso, de visita en Galicia

A socióloga uruguaia Arléss Caruso pasou por Galicia recentemente e mantivo contactos con varios representantes municipais e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Gran coñecedora da problemática local dos países de América Latina e consultora para o programa de xestión urbana das Nacións Unidas, Arléss desenvolve o traballo social na formulación, control e avaliación de proxectos para o desenvolvemento da cooperación en Iberoamérica.

Durante a súa visita, esta inmensa valedora do poder local, tomou contacto coa realidade da cooperación que representa o Fondo Galego e mantivo un xeneroso intercambio de impresións sobre como perfeccionar a cooperación ó desenvolvemento para ser máis eficaces na consecución dos nosos obxectivos, non pensando dende os nosos parámetros, senón en función das querencias propias das comunidades de destino.


Volver ó sumario


Máis altas no Fondo Galego

O último concello en sumarse foi o de O Rosal, na provincia de Pontevedra. Agárdanse con impaciencia as altas de Lugo e Pontevedra, que pecharían o ciclo das sete grandes cidades de Galicia. A Comisión Executiva do Fondo confía en que as Xornadas Provinciais actúen de plataforma divulgativa básica para aproximar as novas Corporacións Locais á realidade e o compromiso da cooperación. Un salto tan seguro como necesario.


Volver ó sumario


Mapa de socios do Fondo Galego


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Allariz A Cañiza
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Carballiño Baiona
Betanzos   O Irixo Cangas
Brión   Ourense Gondomar
Cabanas   Vilar de Santos Moaña
Carral     Nigrán
Corcubión     O Rosal
Culleredo - - Poio
Fene - - Redondela
Ferrol - - Soutomaior
Lousame - - Vigo
Mugardos

Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/08/2007
Fernando Pol


Subir