|
O Fondo Galego, en Ourense
O pasado día 8 de febreiro reuniuse a Comisión Executiva do Fondo en Ourense. Na cidade das Burgas
foron cordialmente recibidos polo alcalde do Concello e presidente da FEGAMP, Manuel J. Cabezas Enríquez,
quen salientou o seu firme apoio a esta iniciativa. O Concello de Ourense adheriuse ó Fondo o 11 de setembro
de 1998. Durante toda a xuntanza estivo presente, participando activamente no encontro, o concelleiro de Benestar
Social, Francisco Muíños Seguín.
A comparecencia diante dos medios informativos resultou todo un éxito de asistencia, tal e como se recolleu
ó día seguinte na prensa local. Aínda antes de concluír o día, os membros da
Executiva reuníronse cos alcaldes de Toén, José Puga Suárez, de Punxín, Isaac
Fernández López, e de Amoeiro, Manuel Fernández Rincón, quen se desprazaron ata o “cárcere
da coroa”, edificio restaurado polo Concello, para intercambiar impresións sobre a posibilidade de adherirse
proximamente ó Fondo Galego.
Unha vez máis é de salientar o enorme valor destas reunións itinerantes que permiten establecer
un contacto moito máis directo cos asociados e candidatos, así como coa cidadanía en xeral,
contando a tal efecto coa inestimable colaboración dos medios de comunicación.
A Comisión Executiva quer deixar constancia pública do seu agradecemento ó Concello de
Ourense polas excelentes condicións de traballo creadas e a calorosa acollida que nos prestou.
Aprobada a convocatoria de axudas a proxectos do ano 2000
Debatido o proxecto de Bases na xuntanza celebrada polo Consello Municipalista da Cooperación o 28 de
xaneiro, recollidas as suxestións efectuadas e debatidas reflexivamente, a Comisión Executiva decidiu
nesta xuntanza de Ourense aprobar definitivamente as Bases da convocatoria. O texto definitivo pode consultarse
na web: www.iaga.com/igadi e diferentes copias foron enviadas a todas as ONGs con implantación en Galicia.
Lémbrase que o prazo para a presentación de solicitudes remata o próximo 28 de abril. Segundo
o cronograma aprobado, a resolución efectuarase durante o mes de xuño nunha Asemblea de socios convocada
ó efecto.
Xornadas Municipalistas de Cooperación en Pontevedra
No decurso do presente ano levaranse adiante xornadas de cooperación nas catro provincias galegas. A
primeira terá lugar o próximo 23 de marzo en Pontevedra. Nas dependencias do Castelo de Soutomaior
habilitarase unha convocatoria especial a representantes (responsables políticos, técnicos locais)
dos sesenta e un municipios da provincia, para falar da cooperación e dar un novo impulso á política
de adhesións ó Fondo Galego.
Juan Corral, membro da Comisión Executiva do Fondo e da propia Deputación Provincial, xestionará
o apoio económico, humano e loxístico do ente provincial para a digna realización desta actividade.
No programa, que se iniciará de mañá e rematará nun xantar de confraternidade, confirmou
a súa presencia, José Ángel Cuerda, ex-alcalde de Vitoria, a cidade do Estado máis
comprometida coa cooperación. O señor Cuerda é unha figura emblemática do municipalismo,
un pioneiro do compromiso local coa axuda ó desenvolvemento. A súa dilatada experiencia e bo contar
promete facer as delicias dos asistentes.
Documental sobre o Fondo
A empresa “Monteuve Produccións”, de Santiago, será a encargada de realizar un documental sobre
o Fondo Galego. En dúas versións, de cinco e vinte minutos, trátase de ofrecer unha visión
pedagóxica e atractiva sobre as raíces da cooperación e da solidariedade e, así mesmo,
de informar sobre a natureza e obxectivos do Fondo Galego. Preténdese que esta iniciativa sexa sufragada
con cargo ó convenio que están a negociar o Fondo e a Dirección Xeral de Relacións
Institucionais da Xunta de Galicia. Os vídeos serán un complemento ideal para exposicións
e outras actividades, pero tamén un obsequio valioso que cada asociado poderá multiplicar ó
seu antollo para satisfacer as necesidades e demandas (centros escolares, asociacións de veciños,
etcétera) da súa propia sociedade local.
2º Encontro de Municipalismo en Centroamérica, México e Caribe
Reunidos en Mataró, a instancias da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade,
representantes municipalistas de todo o Estado e de convidados de diferentes países (El Salvador, Honduras,
México, Nicaragua, Guatemala, Cuba) afondaron nas peculiaridades da cooperación municipalista en
Latinoamérica. Ademais dunha ampla presentación das diferentes redes existentes, tanto de poder local
como de organismos civís, estableceuse un rico debate de ideas arredor das experiencias de democracia participativa
(descentralización, núcleos de intervención, presupostos e desafíos). Ademais, ofreceuse
neste encontro, no que participou tamén o presidente do Parlament de Catalunya, Joan Rigol, unha visión
panorámica da situación en Centroamérica despois do furacán Mitch. Pese á solidariedade,
a inmensidade do desastre permanece...
Novas altas
Os concellos de Poio, Carral, Redondela e Soutomaior, decidiron incorporarse ó Fondo
Galego. Non serán os últimos...
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Carballiño |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Gondomar |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
Poio |
| Culleredo |
- |
- |
Redondela |
| Fene |
- |
- |
Soutomaior |
| Ferrol |
- |
- |
Vigo |
| Lousame |
|
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|