|
A Asemblea da FEGAMP respalda por aclamación ó Fondo Galego
Na Asemblea celebrada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) o pasado 14 de decembro en Santiago de Compostela, por aclamación, os asistentes
deron a súa conformidade a unha proposta de resolución que foi lida pola Mesa. Nela, entre outras
consideracións, saudabase a creación do Fondo Galego, celebrabase o crecente esforzo solidario impulsado
por concellos e deputacións, revalidouse o compromiso de reforzamento desta iniciativa para despregar políticas
eficaces de cooperación e solidariedade, e animouse a todas as corporacións locais de Galicia, locais
e provinciais, a manifestarse a prol da adhesión e integración no Fondo.
Certo é que dende os seus comezos a FEGAMP prestou un valiosísimo apoio ós promotores desta
idea. Sen ese respaldo, a realidade e o futuro do Fondo Galego sería, con seguridade, moito máis
incerta. Anxo Quintana, en representación da FEGAMP, abriu vías de diálogo, especialmente
receptivas que culminaron coa asinatura dun acordo de colaboración o 26 de febreiro de 1998. Daquela, Julio
Álvarez, o presidente saínte, contextualizou ese apoio nunha recomendación explícita
ós concellos e deputacións de Galicia para que se integrasen no Fondo.
Foron pasos importantes que permitiron aproveitar as sinerxias e facilitar ese salto cualitativo que buscamos
para as dinámicas de cooperación municipalista en Galicia. Pero o pronunciamento asambleario do 14
de decembro representa, sen dúbida, un paso adiante de primeira magnitude para lexitimar o Fondo Galego
como instrumento privilexiado para desenvolver este importantísimo capítulo da acción pública
local. Unha lexitimación que debe completarse cunha xestión tan lúcida como atrevida e rigurosa
das entidades asociadas, un empeño que, a bo seguro, ninguén descuidará.
Dende a Comisión Executiva do Fondo Galego agradécese moi especialmente a confianza depositada
e fanse votos para o seu reforzamento na práctica do día a día.
Convocatoria de axudas para o 2000
Na xuntanza celebrada o día 11 de xaneiro en Santiago de Compostela, a Comisión Executiva do Fondo
Galego deu o seu visto e prace ás bases da convocatoria de axudas o financiamento de programas de cooperación
ó desenvolvemento e de solidariedade para o ano 2000. O texto vai ser remitido agora ás organizacións
non gobernamentais presentes no Consello Municipalista da Cooperación e á Coordenadora de ONGDs para
o seu exame, estudio e aportacións.
Igualmente está previsto que o día 28 de xaneiro se celebre unha reunión para intercambiar
impresións que serán trasladadas á Comisión Executiva. Unha vez aprobadas definitivamente,
as bases serán publicadas e difundidas. O prazo para a presentación de proxectos rematará,
segundo está previsto, o 28 de abril.
Cooperación, solidariedade, palabras con fondo
Co lema “Cooperación, solidariedade, palabras con fondo”, o Fondo Galego desenvolverá ó
longo de todo ano unha serie de actividades de sensibilización que inclúen:
Xornadas provincias cos concellos; multiplicación dos contactos con responsables políticos e técnicos;
reunións coas mancomunidades de municipios; edición dun dossier informativo, dun tríptico
e dun vídeo; creación dun Canal Solidario en Internet; realización dun programa radiofónico
sobre solidariedade para ser emitido nas emisoras locais de toda Galicia; constitución de mesas redondas
e outros actos con participación de representantes das ONGs, do Fondo, e de escritores locais en todos os
municipios asociados... Unha campaña que pretende dar a coñecer o Fondo e estreitar os lazos entre
as súas actividades e a sociedade que as fai posible.
Reunion coa Coordenadora de ONGDs
Nunha xuntanza celebrada o pasado 20 de decembro sentáronse as bases para avanzar na definición
das diferentes fórmulas de colaboración entre o Fondo Galego e a coordenadora de ONGDs de Galicia.
O seu representante, Emilio Martínez, amosou a súa confianza no futuro do Fondo Galego e explicitou
o desexo de cooperación mutua, de vertebrar unha alianza común para reforzar as dinámicas
de solidariedade dende os municipios asociados.
Encontro sobre municipalismo e solidariedade en Mataró
Os próximos días 2 e 3 de febreiro celebrarase en Mataró un encontro sobre municipalismo
e solidariedade, organizado pola Confederación de Fondos do Estado Español.
O Fondo Galego estará presente nesta xuntanza, que contará coa participación de representantes
procedentes de México, Guatemala, Nicaragua, El Salvador, Cuba, e Honduras.
Os temas principais deste encontro serán: presentación das redes municipalistas existentes en
cada un destes países; afondar nas reflexións sobre a cooperación municipalista, a participación
cidadá e a democracia participativa; e, igualmente, achegarse a unha visión panorámica, e
dende dentro, da realidade actual centroamericana.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Carballiño |
Baiona |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Gondomar |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Corcubión |
|
|
Nigrán |
| Culleredo |
- |
- |
Poio |
| Fene |
- |
- |
Vigo |
| Ferrol |
 |
| Lousame |
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|