Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 11 / 9 de decembro de 1999
 
 

Sumario


  Nº anteriores
  Éxito da reunión de Vigo    
nº 010 - 04/11/99
nº 009 - 16/10/99
nº 008 - 15/09/99
nº 007 - 01/08/99
nº 006 - 01/07/99
nº 005 - 15/04/99
nº 004 - 01/04/99
nº 003 - 01/03/99
nº 002 - 01/02/99
nº 001 - 15/01/99
Primeiros proxectos executados
Novas altas
O Fondo na Asemblea da FEGAMP
Entrevista
Visita de Henry Ruiz
Mapa de socios do Fondo Galego


Volver ó sumario


Éxito da reunión de Vigo

O pasado día 3 de decembro reuniuse en Vigo a Comisión Executiva do Fondo Galego. A xuntanza inicia unha nova etapa no funcionamento do Fondo presidida pola necesidade de establecer un contacto máis directo cos asociados e unha mellor e maior comunicación coa opinión pública e a cidadanía.

No marco da reunión, os membros da Comisión Executiva foron recibidos polo alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, quen amosou a súa satisfacción por acoller a xuntanza e revelou ademais o seu compromiso de incrementar a participación económica da cidade olívica no Fondo Galego.

Nunha roda de prensa posterior, Santiago Domínguez, presidente do Consello Municipal de Cooperación, reafirmou este propósito de cara ó ano que ven, insistindo no apoio ó Fondo Galego como instrumento idóneo para estimular as políticas municipalistas a prol da cooperación e a solidariedade.

Os membros da Comisión Executiva aínda tiveron tempo para celebrar un encontro con representantes de varios municipios da zona.

Na reunión participaron os alcaldes de Nigrán e Gondomar e concelleiras e concelleiros de Baiona, Redondela, O Porriño e Soutomaior. Os tres últimos, amosaron a súa comprensión respecto do proxecto e anunciaron a súa intención de incorporarse ó Fondo Galego en breve. Os representantes de Nigrán, Gondomar e Baiona, que xa forman parte do Fondo Galego, valoraron moi positivamente esa aproximación.


Volver ó sumario


Primeiros proxectos executados

Durante o exercicio de 1998, o Fondo Galego financiou a execución de tres proxectos, dous en Perú e un en Guatemala. As ONGs Arquitectos sen Fronteiras, INTI e Amigos Escaes, fixeron chegar ó Fondo Galego as respectivas memorias e xustificación da actividade realizada. A Comisión Executiva, a proposta de Lourdes Suárez, amosouse conforme coa documentación presentada. Igualmente decidiu manter en breve unha reunión con cada unha das ONGs para analizar máis polo miúdo as dificultades do traballo que están a realizar e definir as posibles complementariedades para facer chegar á nosa cidadanía os detalles deste compromiso. Por último, a Comisión Executiva acordou elaborar unha información sobre os tres proxectos que será distribuída coa revista “Territorios” da FEGAMP para que todo o municipalismo poida coñecer como e de que maneira se empregan os recursos económicos xestionados polo Fondo.


Volver ó sumario


Novas altas

Os Concellos de A Guarda, Ferrol e Poio acordaron recentemente adherirse ó Fondo Galego. Coa entrada de Ferrol e a próxima de Lugo, das sete cidades máis importantes de Galicia, únicamente restará Pontevedra fóra do Fondo. A entrada de A Guarda impulsa tamén a adhesión cos concellos integrantes da Mancomunidade do Baixo Miño (Oia, Tomiño, O Rosal e Tui). Con todos eles estanse a facer xestións.


Volver ó sumario


O Fondo na Asemblea da FEGAMP

Tamén o Fondo Galego estará presente na Asemblea que a FEGAMP celebrará o próximo martes día 14 de decembro. A proposta do alcalde de Betanzos, Manuel Lagares, acordouse presentar unha Moción á Asemblea para que esta se pronuncie a prol do Fondo Galego como mecanismo eficaz e representativo do municipalismo para efectivizar as políticas de cooperación. A Comisión Executiva fixo chegar a todos os grupos políticos un texto concreto que será analizado na Asemblea como proposta de resolución, agardándose o apoio unánime de todos os concellos de Galicia. Igualmente, no decurso da xuntanza, o Fondo presentará unha exposición e facilitará información sobre a súa identidade, obxectivos, naturaleza, etc. Agárdase que esta Asemblea marque un novo impulso no satisfactorio rendemento da colaboración establecida entre a FEGAMP e o Fondo Galego.


Volver ó sumario


Entrevista

Unha delegación do Fondo Galego presidida por Alfredo Novoa entrevistouse recentemente co director xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia, Jesús Alfonso Vaquero, co propósito de presentarlle oficialmente o Fondo Galego e explorar as posibilidades de establecer un marco de colaboración estable entre ambas entidades. De común acordo, definiuse a sensibilización como o ámbito idóneo para concretar obxectivos compartidos. Un convenio xeral e plans operativos anuais perfilarán esta iniciativa que reviste unha enorme transcendencia para que o Fondo poida perseverar con maior eficacia nesa política de acadar unha maior presencia social no conxunto da cidadanía. Ambas as dúas partes coincidiron no destacado papel das ONGs e na necesidade de facilitar a súa participación neste programa.


Volver ó sumario


Visita de Henry Ruiz

Pasou por Galicia, no marco dunha xira europea, Henry Ruiz, presidente da Fundación “Augusto César Sandino” de Nicaragua. Durante a súa estancia entrevistouse con representantes do Fondo Galego co obxecto de informar sobre a situación de emerxencia humanitaria do seu país, un ano despois do furacán Mitch. O exministro de Planificación e de Cooperación Externa de Nicaragua anda á procura de financiamento para a construcción de 500 casas. O Fondo Galego comprometeuse a analizar a posibilidade de contribuír á realización deste proxecto.


Volver ó sumario


Mapa de socios do Fondo Galego


A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
A Coruña Mondoñedo Deputación Deputación
A Pobra do Caramiñal O Valadouro Allariz A Cañiza
Ares Quiroga Montederramo A Guarda
Arteixo Samos O Carballiño Baiona
Betanzos   O Irixo Cangas
Brión   Ourense Gondomar
Cabanas   Vilar de Santos Moaña
Corcubión     Nigrán
Culleredo - - Poio
Fene - - Vigo
Ferrol Mapa de socios do Fondo Galego
Lousame
Mugardos
Narón
Neda
Noia
Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Santiago
Valdoviño
Vimianzo

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/08/2007
Fernando Pol


Subir