|
A unanimidade da solidariedade
Tal como estaba previsto, a Asemblea Xeral do Fondo Galego celebrouse en Santiago de Compostela o día
15 de outubro. Na sede da FEGAMP, representantes de máis
da metade das entidades asociadas intercambiaron impresións sobre o presente e futuro do Fondo. Entre os
asistentes, atopabanse os alcaldes de O Carballiño, Betanzos e Brión. Se a convocatoria viña
condicionada por un imperativo estatutario que impón a súa realización nos catro meses seguintes
á realización das eleccións locais, na Memoria presentada por Alfredo Novoa, presidente en
funcións, expresouse a convicción de que “con independencia do resultado concreto experimentado por
cada unha das forzas políticas que concorreron ó recente proceso electoral, as novas corporacións
locais serán máis receptivas e comprometeranse máis co Fondo Galego... Existe fundamento para
asegurar que soplan ó noso favor os ventos do alargamento da presencia e influencia do Fondo Galego”. Unha
apreciación unánimemente compartida por todos os presentes.
Nova Comisión Executiva
A unanimidade presidiu tamén a elección da Comisión Executiva que pilotará o Fondo
Galego durante os próximos catro anos. Quedou configurada da seguinte maneira:
| Cargo |
Titular |
Entidade |
| Presidente |
Alfredo Novoa |
Concello de Oleiros |
| Vicepresidente |
Ramón Bouzas |
Concello de Allariz |
| Tesoureiro |
Xosé María Permuy |
Concello de Fene |
| Secretario |
Xulio Ríos |
IGADI |
| Vocal |
Conchi Daporta |
Concello de A Pobra |
| Vocal |
Lourdes Suárez |
Concello de Culleredo |
| Vocal |
Mar Bernal |
Concello de Santiago |
| Vocal |
Sofía López Linares |
Concello de Quiroga |
| Vocal |
Juan Corral |
Deputación de Pontevedra |
Na nova Executiva están representadas todas as provincias, todas as sensibilidades políticas presentes
no municipalismo galego, concellos de moi diferentes bases demográficas, e, por primeira vez, contará
coa presencia dunha deputación provincial.
A Deputación de Ourense, novo socio do Fondo
Por unanimidade, todos os deputados provinciais acordaron a adhesión ó Fondo Galego nunha sesión
celebrada o pasado 24 de setembro. Despois de Pontevedra, a de Ourense é a segunda deputación que
se incorpora ó Fondo. Moi probablemente tamén o farán en próximas datas as de Lugo
e A Coruña.
Fons Pitiús
O próximo día 29 de outubro constituirase oficialmente o “Fons Pitiús de Cooperació”.
Será na sede do Consell Insular d’Eivissa i Formentera, na illa balear de Eivissa (Ibiza). O Fons Pitiús
ten prevista a súa integración na Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade.
Ao acto de constitución asistirá unha representación do Fondo Galego que nesas datas participará
na reunión que a Confederación celebra na illa do Mediterráneo (a anterior tivo lugar o 19
de febreiro en Valencia).
Novo ano, novas cuotas
A Asemblea Xeral aprobou tamén o informe económico presentado por Xosé María Permuy,
Tesoureiro do Fondo, e a proposta de novas cuotas. Próximamente, todas as entidades asociadas recibirán
unha comunicación na que se detallará o importe da cuota mínima inicial establecida para o
próximo exercicio, a fin de que se teña en conta no proceso de elaboración dos Orzamentos
do 2000. Lémbrase a todos a importancia de estar ó día nos pagos para mellor garantir o adecuado
funcionamento do Fondo Galego.
O novo sistema establece unha cuota resultante a partir da suma dunha cuota fixa en función dun baremo
de poboación e 2 pta por habitante e ano (segundo os datos do Padrón vixente). No caso das deputacións,
diferencianse as de A Coruña e Pontevedra (1.500.000 pta) das de Ourense e Lugo (1.000.000 pta).
Baremo para a determinación da cuota fixa:
| Menos de 3.000 |
30.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 3.001 a 5.000 |
40.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 5.001 a 10.000 |
65.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 10.001 a 15.000 |
85.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 15.001 a 20.000 |
105.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 20.001 a 50.000 |
125.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 50.001 a 100.000 |
145.000 pta + 2 por habitante/ano |
| 100.001 a 300.000 |
165.000 pta + 2 por habitante/ano |
| Máis de 300.001 |
185.000 pta + 2 por habitante/ano |
Informe sobre a execución dos proxectos financiados polo Fondo
Na Asemblea presentouse un informe preliminar sobre o nivel de execución dos proxectos financiados polo
Fondo Galego na convocatoria de 1998. Nun próximo “Infórmate a Fondo” daremos conta en pormenor deste
asunto para que todos os asociados coñezan á perfección en que e como se gasta o diñeiro
que aportan para realizar as políticas de cooperación e solidariedade.
Na actualidade, a oficina de seguemento de proxectos de Managua (Nicaragua) está a realizar os seus informes,
que serán contrastados cos aportados polas ONGs responsables das actuacións. Lembremos que, en 1998,
o Fondo Galego financiou dous proxectos en Perú e outro en Guatemala por un importe total de 3.922.565 pta.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Deputación |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Allariz |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
Montederramo |
Baiona |
| Arteixo |
Samos |
O Carballiño |
Cangas |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Brión |
|
Ourense |
Moaña |
| Cabanas |
|
Vilar de Santos |
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
Vigo |
| Culleredo |
|
| Fene |
 |
| Lousame |
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|