|
Renovación no Fondo Galego
Nunha carta dirixida a todos os asociados, Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, insta ós novos
mandatarios locais a proceder, á maior brevedade posible, ó nomeamento ou confirmación dos
representantes das entidades municipais e provinciais perante o Fondo. Como é sabido, os socios poden en
calquer momento substituír o seu representante, pero é obrigado despois da celebración de
eleccións pois os cambios no mapa político local poden impor variacións. O proceso de renovación
dende a base culminará coa elección da nova Executiva nunha Asemblea que se celebrará no próximo
mes de outubro (inicialmente, o día quince). O seu mandato será de catro anos, similar ó dos
corporativos.
Libramento das axudas
O Fondo Galego xa librou o importe das axudas acordadas para custear proxectos de cooperación e desenvolvemento.
Na actualidade son 7 os proxectos financiados (3 de 1998 e 4 de 1999). De conformidade coas Bases da convocatoria,
librouse unicamente o 75% e a cantidade restante entregarase na medida en que se xustifique a realización
do gasto. En setembro, directivos do Fondo manterán reunións coas organizacións responsables
da xestión para avaliar a marcha de todos e cada un dos proxectos que o Fondo está a financiar. O
informe de seguimento trasladarase ós asociados para que coñezan exactamente como se están
a aplicar os nosos recursos.
En breve, o Concello de Ferrol pode unirse ó Fondo
A Corporación Municipal de Ferrol tratará da adhesión ó Fondo Galego na próxima
sesión plenaria que celebre. Ese é o compromiso acadado por representantes do equipo de goberno da
cidade departamental e do Fondo Galego. Deste xeito, das sete grandes cidades de Galicia, únicamente Pontevedra
e Lugo quedarán por integrarse. A positiva evolución da política de adhesións infunde
grandes ánimos en relación á posibilidade de que ambos os dous e as tres Deputacións
Provinciais (a de Pontevedra xa é socia) formen parte do Fondo antes de que remate o presente exercicio.
Axuda para Cósovo
Na “campaña x Kosovo” recaudáronse 315.563 pesetas (115.563, aportadas por Arteixo Solidario;
200.000, por Fene Solidario). Esta cantidade foi destinada a axuda humanitaria na rexión a través
dos programas (económicamente moito máis ambiciosos) que o Fons Catalá desenvolve na zona.
Deste xeito, materializamos unha nova forma de cooperación entre os diferentes Fondos do Estado. Joan Aguado,
presidente do Fons e da Confederación de Fondos, agradeceu a mostra de confianza do Fondo Galego e asegurou
que a nosa aportación non se diluirá senón que na partida concreta que se financie coa nosa
axuda mencionarase explicitamente a nosa colaboración. Pero o verdadeiramente importante é que chegue...
Os Fondos, máis preto da Comisión Interterritorial
A última redacción coñecida do texto normativo que regulamenta a composición e funcionamento
da Comisión Interterritorial (en desenvolvemento da Lei de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento)
establece no seu artigo 3, apartado d), que formarán parte dela “19 representantes das Entidades Locais
que xestionen fondos conceptuados nos seus respectivos Presupostos como Axuda Oficial ó Desenvolvemento,
ou de instancias de cooperación supramunicipal en quen estas expresamente deleguen, en particular dos Fondos
de Cooperación e Solidariedade, elixidos pola asociación de ámbito estatal con maior implantación,
dacordo cos seus propios procedementos internos”.
Encontro Municipalista Internacional
As xornadas de Mataró celebraranse no mes de outubro, entre os días 4 e 5 (para o comité
de coordenación) e 6 e 7 (xornadas públicas). No Encontro está previsto realizar unha análise
sobre os procesos das redes por país, debatir sobre os mecanismos de continuación do traballo conxunto
das redes no ámbito rexional centroamericano; avaliar a situación de Centroamérica despois
do Mitch; reflexionar sobre a participación cidadá e a democracia participativa; e afondar sobre
a cooperación municipalista dende o punto de vista teórico. Ademais dos representantes municipalistas
e dos Fondos, a Mataró achegaranse outros das redes existentes en Guatemala, México, Nicaragua, Cuba,
El Salvador, México, países e organizacións cos que se veñen desenvolvendo hai tempo
proxectos de cooperación ó desenvolvemento.
“Revista Española de Desarrollo y Cooperación”
Editada polo “Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación” da Universidade Complutense de Madrid,
esta publicación trimestral e da que se levan editados tres números, pretende servir de espacio de
reflexión sobre as políticas de cooperación. Neste número aborda monograficamente a
cooperación Europa-América Latina, con incursións na cooperación descentralizada (unha
análise da cooperación pública vasca) e un interesante artigo sobre “A política alemana
de cooperación ó desenvolvemento: da guerra fría á era da globalización”, da
autoría de Klaus Bodemer.
Os interesados nesta publicación poden contactar no 91 394 64 09 ou no 986 35 72 38 (secretaría
do Fondo Galego).
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Montederramo |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
O Carballiño |
Baiona |
| Arteixo |
Samos |
O Irixo |
Cangas |
| Betanzos |
|
Ourense |
Gondomar |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
Vigo |
| Culleredo |
|
| Fene |
 |
| Lousame |
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|