|
O Concello de O Carballiño, novo socio
Nun pleno celebrado o pasado 22 de abril, por unanimidade de todos os presentes, o Concello de O Carballiño
(Ourense) acordou adherirse ó Fondo Galego. Partido Socialista de Galicia-PSOE, Bloque Nacionalista Galego
e Partido Popular, apoiaron sen fisuras a iniciativa pola necesidade de “impulsar políticas de solidariedade”.
Dende a oposición, a Sra. Rodríguez Seijas, voceira do Grupo Popular, expresou o apoio do seu partido
a esta iniciativa, enfatizando que “deste modo, non só se trata de correxir situacións de desigualdade,
senón e sobre todo, de que a xente tome conciencia delas para poder combatilas definitivamente”.
Cambios nos Concellos, cambios no Fondo Galego
Rematado o proceso electoral que renova o mandato das Corporacións Locais e Provinciais, o Fondo Galego
comeza un período transitorio que por mor do verán e das vacacións pode alongarse algo máis
do estrictamente necesario de coincidir noutra época do ano. De conformidade coas previsións estatutarias,
no prazo máximo de catro meses deberá celebrarse unha Asemblea de asociados para proceder á
elección dos novos cargos que gobernarán e representarán ó Fondo nos próximos
catro anos. Sen embargo, como consecuencia dos resultados electorais, poderían mudar de inmediato os representantes
de tres Concellos (Porto do Son, Moaña e A Pobra do Caramiñal). Como é sabido, a condición
de socio recae na entidade e esta pode designar, a través da Presidencia, o respectivo representante.
O Fondo Galego xurdiu co patrocinio da FEGAMP e na inmensa
maioría dos Concellos os acordos de adhesión foron adoptados por unanimidade. Ese consenso comprometido
constitúe unha excelente garantía de futuro para evitar que os cambios nos equipos de goberno afecten
a unha vontade institucional que hoxe e neste tema está por riba das diferencias partidarias. Inevitables
en todo organismo vivo, os cambios contribuirán a reforzar o Fondo Galego e a incentivar as súas
actividades e implantación.
Agradecemento para Manolo Rial
Figura clave no proceso fundacional do Fondo Galego, Manolo Rial, concelleiro do grupo socialista en Nigrán
(Pontevedra) cesou na Comisión Executiva, por mor da ruptura do pacto de goberno que funcionou nese Municipio
dende 1995 ata marzo deste ano. Nunha carta que lle dirixiu Alfredo Novoa, presidente do Fondo, o pasado mes de
abril, indicase que “por riba das vicisitudes da vida política local estará sempre esa fraternidade
e camaradería que nos une e inspira os nosos actos e os daquelas persoas que, coma tí, sinten no
propio o valor da solidariedade e da cooperación”.
O seu posto foi reemprazado por José Luis Jardón, quen colleu o relevo con semellante entusiasmo.
Se ben a cuota mínima inicial do Concello de Nigrán ascende a 100.000 pesetas, nos primeiros días
de xuño, facía entrega ó Fondo Galego dun importe total dun millón de pesetas, dez
veces máis.
A Asociación “Francisco Villamil”, no Consello Municipalista da Cooperación
A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dirixiuse ó Fondo Galego para solicitar
o seu ingreso no Consello Municipalista da Cooperación, organismo que pretende servir de foro de debate,
reflexión e participación das ONGs que desenvolven proxectos de cooperación no ámbito
local. No seu escrito, esta Asociación sinala que “o apoio ós obxectivos do Fondo Galego é
unha maneira de fomentar en Galicia a sensibilidade social cara ás dificultades polas queatravesa a maioría
da Humanidade na súa loita polo desenvolvemento social, económico, político e cultural”.
Proseguen as negociacións sobre a Comisión Interterritorial
Unha representación da Confederación de Fondos foi recibida o 17 de maio no Ministerio de Asuntos
Exteriores para tratar do proxecto de Real Decreto polo que se regulamenta a composición, competencias,
organización e funcións da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento.
Durante a entrevista entregouse un dosier que inclúe os acordos de preto de 200 Concellos que delegan a
representación no Fondo da súa Comunidade. O obxectivo da Confederación é garantir
a presencia dos Fondos nesa Comisión como expresión inequívoca da puxanza da cooperación
descentralizada. Igualmente, na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, parlamentarios
de CIU instaron ó goberno para que a regulamentación desa Comisión garanta de modo suficiente
e claro a inclusión de todos os Fondos.
Lei de Cooperación da Comunidade de Madrid
O Boletín Oficial da Comunidade de Madrid nº 112, de 13 de maio, publica a “Ley 13/1999, de 29 de
abril, de Cooperación para el Desarrollo de la Comunidad de Madrid”. Nun total de 21 artigos aborda os principios,
obxectivos e prioridades da política de cooperación para o desenvolvemento; as áreas de actuación
preferente; as modalidades de cooperación; a coordinación das políticas; a definición
dos órganos competentes nesta materia; mecanismos de participación; ubicación da empresa,
ONGs, cooperantes e voluntarios na cooperación, etc. Pola súa banda, a Direcció General de
Relacions Exteriors (Generalitat de Catalunya) ten xa elaborado un Anteproxecto de “Llei de Solidaritat Interncional
i de Cooperació al Desenvolupament”. Ambos os dous documentos están a disposición dos asociados
na Secretaría do Fondo.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
Deputación |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Montederramo |
A Cañiza |
| Ares |
Quiroga |
O Carballiño |
Baiona |
| Arteixo |
Samos |
O Irixo |
Cangas |
| Betanzos |
|
Ourense |
Gondomar |
| Brión |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Corcubión |
|
|
Vigo |
| Culleredo |
|
| Fene |
 |
| Lousame |
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|