|
Campaña por Kosovo
O progresivo agravamento da situación en Kosovo evidencia, unha vez máis, a política de
persecución e xenocidio que padece a poboación albanesa, maioritaria na rexión, por parte
do goberno da República de Serbia que dende hai anos rexeita as demandas de autogoberno da minoría
albanesa.
Segundo as últimas informacións, a represión e a limpeza étnica agudizáronse
dende que se iniciou a acción militar da OTAN e o cálculo estimado de refuxiados cífrase en
máis de 600.000 persoas. Os mortos representan varios milleiros. Desde Galicia non podemos asistir impasibles
a esta escalada de violencia e por iso o FONDO GALEGO considera importante posicionarse publicamente no sentido
de:
- Facilitar a canalización de recursos económicos destinados á axuda humanitaria para os
refuxiados.
- Reclamar a necesidade de defender os dereitos humanos e os dereitos dos pobos tal e como se recolle nos diferentes
tratados internacionais.
- Promover a persecución das persoas que cometeran crimes de guerra e crimes contra a humanidade.
- Esixir a creación dun Foro Internacional para a Reconciliación, coa participación de forzas
civís e democráticas.
- Demandar a constitución dun Fondo Internacional para o Desenvolvemento e a Reconstrucción.
- Prestar apoio á creación de medios de comunicación independentes en todas as Repúblicas
da antiga Iugoslavia.
- Manifestar a nosa inclinación pola búsqueda dunha solución pacífica ó conflicto
que evite o perigo de desencadear un reforzamento da intransixencia e das actitudes extremistas.
Fondo Galego. Campaña por Kosovo. Número de conta: 2091-0209-16-3040016786.
Ofrecemento do Fondo Galego
Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego, dirixiuse ó presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga,
para efectuar un desinteresado ofrecemento para coordinar dende esta instancia o proceso loxístico de recepción
e acollida dos refuxiados kosovares naqueles concellos de Galicia que así o decidan libremente.
Precisamente, dende o Fondo Galego constátase unha significativa disposición de municipios galegos
para colaborar no proceso de acollida, aportando un xeneroso esforzo económico, material e humano.
Médicos sen Fronteiras, no Consello Municipalista
A organización non gobernamental Médicos sen Fronteiras solicitou recentemente a súa integración
no Consello Municipalista da Cooperación.
O Fondo Galego tamén estará en Madrid
Numerosos concellos galegos (Outes, Oleiros, Lousame, Moaña, Ourense, A Cañiza, A Pobra do Caramiñal,
Porto do Son ou Nigrán) solicitaron da Secretaría de Estado para a Cooperación Internacional
e para Iberoamérica a habilitación de fórmulas para dar cabida e representación na
Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento ó Fondo Galego, integrado
na Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade.
A Confederación, en Galego
A Confederación de Fondos editou, tamén en galego, unha guía explicativa da razón
de ser, naturaleza, obxectivos, áreas de traballo, etc de cada un dos Fondos que a integran: Catalá,
Basco, Mallorquí, Menorquí, Valenciá e Galego. Falta por incluír o Andaluz, que se
constitúe nestes días.
Todos os interesados poden solicitar algún exemplar para coñecer e saber algo máis sobre
os Fondos e a cooperación.
Reunión de técnicos en Santiago o 15 e 16 de abril
Responsables do Fons Catalá, Fons Mallorquí, Fons Menorquí, Fons Valenciá e Fondo
Galego reuníronse en Santiago de Compostela para debatir o plan operativo da “Oficina de Seguemento de Proxectos”
que a Confederación de Fondos ten en Managua. Na reunión tamén participaron dous responsables
desprazados en Nicaragua.
Na actualidade, o Fondo Galego decidiu subvencionar proxectos en Perú (3), Guatemala (1), Nicaragua (1)
e Bolivia (1).
A oficina de Managua permite unha apreciación “in situ” do nivel e calidade da execución dos proxectos
que se financian con fondos públicos e se executan a través de Organizacións non gobernamentais.
Socios do Fondo Galego
Agradecemos a todos os socios a confianza depositada e animamos a todos aqueles concellos que o están
pensando para que se decidan a reforzar este instrumento mancomunado que nos permitirá realizar unha cooperación
máis eficaz. Porque a cooperación cos que están fora comeza dentro.
Mapa de concellos do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Montederramo |
Baiona |
| Ares |
Quiroga |
O Irixo |
Cangas |
| Arteixo |
Samos |
Ourense |
Gondomar |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Brión |
|
|
Nigrán |
| Cabanas |
|
|
Vigo |
| Corcubión |
 |
| Culleredo |
| Fene |
| Lousame |
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|