|
Máis socios, máis recursos, máis presencia e influencia
Tal e como estaba previsto, a primeira Asemblea Ordinaria de Socios do Fondo Galego celebrouse en Santiago de
Compostela, na sede da FEGAMP, o 26 de marzo.
Nun clima de cordialidade e de satisfacción polos resultados desta primeira etapa de andaina, o Fondo
aprobou os diferentes documentos sometidos a debate (Memoria, Informe financeiro, e Liñas de Traballo para
1999). Ademais ratificouse a alta de todos os socios, un total de 29, dende a asemblea constituínte celebrada
no mes de decembro de 1997.
O número actual de socios do Fondo Galego é de 39 e o seu presuposto para 1999 ascende a 6.750.000
pesetas. Sobre esta base, constatouse que se 1998 foi un “ano longo” que se prolongou ata esta Asemblea, 1999 será
un ano “curto” en razón da convocatoria electoral prevista para xuño.
Así as cousas, os esforzos da actual Comisión Executiva e de todos os socios centraranse no primeiro
semestre deste ano, pois despois dos comicios, os cargos deberán ser renovados nun espacio máximo
de catro meses que coincidirá coa época estival.
Para evitar a paralización, asegurar a continuidade das actividades e evitar que afecten ó Fondo
as zozobras políticas adoptouse o acordo de que o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación
Internacional) asuma a Secretaría do Fondo.
O IGADI, que dirixe Xulio Ríos, é unha asociación sen ánimo de lucro que participa
nas actividades do Fondo dende que se deron os primeiros pasos deste proxecto.
En resumidas contas, duplicar o número de socios, acadar maiores recursos económicos recurrindo
tanto a fontes propias como alleas e asegurar unha maior influencia social son os retos que o Fondo se prantexa
na nova etapa que agora se abre. Os socios asistentes a esta Asemblea están seguros de que son obxectivos
reais e perfectamente acadables.
Resolución da convocatoria de axudas para 1999
O pasado 27 de xaneiro a Comisión Executiva do Fondo Galego aprobaba as Bases de Financiamento de Programas
de Cooperación ó Desenvolvemento e de Solidariedade correspondentes a 1999. O período de presentación
de solicitudes pechouse o día 3 de marzo de 1999. Presentaronse un total de 15 proxectos, dos que 3 constitúen
unha reiteración dunha solicitude xa formulada na convocatoria anterior de 1998. A Ponencia Técnica
elaborou un dictame que foi sometido á consideración da Comisión Executiva nunha xuntanza
celebrada o día 22 de marzo de 1999.
De conformidade cos antecedentes descritos, na Asemblea Xeral ordinaria de socios do Fondo Galego celebrada
en Santiago de Compostela o día 26 de marzo de 1999, resolveuse financiar os seguintes proxectos:
1. ONG: AXUNICA
País: Nicaragua.
Presuposto: 2.284.700.
Cuantia solicitada e concedida: 2.284.700.
Resume: Construcción dun muíño para facilitalo traballo das mulleres que teñen
que desprazarse para realizar estas tarefas. Pretendese a capacitación das mulleres no manexo e a posteriori
ter posibilidade de comercializar o producto.
2. ONG: NATURA HISPÁNICA
País: Bolivia.
Presuposto: 6.500.000.
Cuantía solicitada e concedida: 1.000.000.
Resume: Ten por obxectivo o desenvolvemento da zona e a conservación de áreas naturais (flora
e fauna autóctonas) combinando actividades compatibles coa conservación da natureza e o ecoturismo
combinado co desenvolvemento de técnicas gandeiras de baixo impacto. O fin último é dispoñer
dun edificio que aloxe preto de 720 visitantes ó ano. Os recursos obtidos servirán para o posterior
financiamento e garante de continuidade do proxecto.
3. ONG: INTERMÓN
País: Angola.
Presuposto: 6.752.000.
Cuantía solicitada e concedida: 2.000.000.
Resume: Ampliación dunha escola e construcción de letrinas para 400 alumnos. Contemplanse
accións colaterais de reciclaxe do profesorado así como a implicación dos pais na educación
dos seus fillos contribuíndo a mellorar o tecido social.
4. ONG: PAZ E SOLIDARIEDADE
País: Perú.
Presuposto: 1.470.176.
Cuantía solicitada e concedida: 1.470.176.
Resume: Instalación de emisoras de radiocomunicación entre poboacións indíxenas
instalando emisoras de radio e formando grupos de indíxenas para actuacións coordinadas en materia
de sanidade e sobre todo de seguridade, por ser unha zona donde actúan os grupos de narcoterroristas.
Resume Proxectos:
Total importe subvencionado: 6.754.876.
Incremento de 1999 en relación a 1998: 3.922.565. (72,2%).
Benvida a novos socios
Santiago de Compostela, Outes, Noia, Cabanas, Valdoviño e Vimianzo, todos eles da provincia de A Coruña,
son os novos socios do Fondo Galego.
Agradecemos a confianza depositada e animamos a todos aqueles que o están pensando para que se decidan
a reforzar este instrumento mancomunado que nos permitirá realizar unha cooperación máis eficaz.
Porque a cooperación cos que están fora comeza dentro.
Mapa de concellos do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
O Valadouro |
Montederramo |
Baiona |
| Ares |
Quiroga |
O Irixo |
Cangas |
| Arteixo |
Samos |
Ourense |
Gondomar |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Moaña |
| Brión |
|
|
Nigrán |
| Cabanas |
|
|
Vigo |
| Corcubión |
 |
| Culleredo |
| Fene |
| Lousame |
| Mugardos |
| Narón |
| Neda |
| Noia |
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Santiago |
| Valdoviño |
| Vimianzo |
|