Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 3 / 1 de marzo de 1999
 
 

Sumario


  Números anteriores
  Asemblea do 26 de marzo     nº 002 - 1 febreiro/99
Constitución do FAMSI   nº 001 - 15 xaneiro/99
Reunión da Confederación      
Bicis pola Paz e Fundai no Consello Municipalista      
Visita      
Presupostos de cada un dos fondos en 1998      
Alta do Concello de Betanzos e próxima de Santiago      
Novo teléfono na FEGAMP      
Consello Interterritorial      
Encontro municipalista en Mataró      

Volver ó sumario


Asemblea do 26 de marzo

Os socios do Fondo Galego reuniranse en Asemblea ordinaria o próximo 26 de marzo na sede da FEGAMP, en Santiago de Compostela. Trátase do primeiro encontro destas características (as dúas asembleas celebradas o pasado ano foron extraordinarias) e será unha oportunidade excelente para facer balance da evolución do Fondo e decidir as liñas de traballo para o próximo período.

Esta Asemblea servirá de ponte para pechar o actual período “constituínte” que se prolongará ata despois das próximas eleccións municipais. Ademáis da valoración do traballo realizado e outros mandatos estatutarios, o 26 de marzo resolverase a convocatoria de proxectos de 1999. En número de socios e dende a súa constitución, o Fondo Galego incrementou a súa representatividade en case un douscentos por cen.


Volver ó sumario


Constitución do FAMSI

A constitucion do Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional, FAMSI, será en Córdoba o próximo 18 de marzo, despois de celebrar un seminario preparatorio o 12 de febreiro en Málaga. O grupo promotor está formado pola Deputación de Córdoba e a Coordinadora Andaluza de ONGs. No proceso constituínte participan arredor de 50 entidades.

A constitución do Fondo Andaluz é unha feliz noticia porque revalida a puxanza da cooperación descentralizada e amplía as posibilidades de colaboración no ámbito municipalista. Nosos parabéns para os amigos e amigas de Andalucía.


Volver ó sumario


Reunión da Confederación

O 19 de febreiro reuniuse en Valencia a Confederación de Fondos, entidade que agrupa e coordina ós diferentes Fondos existentes no Estado (Fons Catalá, Euskal Fondoa, Fons Mallorquí, Fons Menorquí, Fons Valenciá e Fondo Galego). Tamén asistiu como observador un representante do Fondo Andaluz (en proceso de constitución). A Confederación efectou un balance positivo das tareas desenvolvidas durante 1998 e formulou as principais liñas de traballo para 1999. Igualmente acordou o reforzamento da Oficina de Seguimento de proxectos existente en Managua (Nicaragua) e convocar un Encontro Municipalista en Mataró para os próximos días 15 e 16 de abril.


Volver ó sumario


Bicis pola Paz e Fundai no Consello Municipalista

As organizacións non gobernamentais Bicis pola Paz e Fundai solicitaron a incorporación ó Consello Municipalista da Cooperación constituiído o pasado mes de decembro en Santiago a instancias do Fondo Galego, e concebido como un órgano de participación, asesoramento e consulta.

A incorporación é automática. Todas as ONGs que o desexen poden instar a súa participación. Todas recibirán información puntual das actividades e acordos, pero unicamente serán convocadas ás xuntanzas do Consello Municipalista aquelas que formen parte del.


Volver ó sumario


Visita

Cándido Pena, tenente de alcalde do Concello de Moaña e responsable de relacións coas ONGs, atendeu a visita a Galicia dun representante da Fundación “Augusto César Sandino”, quen, ademais de explicar detallamente a natureza e obxectivos desta entidade, presentou varios proxectos a desenvolver a Nicaragua durante o presente exercicio.


Volver ó sumario


Presupostos de cada un dos fondos en 1998

Fons Catalá 571.779.703 203 Socios
Euskal Fondoa 200.000.000 58 Socios
Fons Mallorquí 197.552.776 52 Socios
Fons Menorquí 19.306.451 100 % dos municipios da illa
Fons Valenciá 30.823.360 51 Socios
Fondo Galego 5.800.000 32 Socios

Volver ó sumario


Alta do Concello de Betanzos e próxima de Santiago

Mar Bernal, concelleira de Servicios Sociais, confirmou que o equipo de goberno do Concello de Santiago proporá ó Pleno da Corporación Municipal a adhesión ó Fondo Galego. Será o próximo día 5 de marzo. Deste xeito, tamén Santiago, municipio onde radica a sede da nosa entidade, sumarase a outros grandes concellos de Galicia como A Coruña, Vigo ou Ourense que xa están incorporados. Tamén se integrou o Concello de Betanzos e agárdase a de Cabanas e Vimianzo.


Volver ó sumario


Novo teléfono na FEGAMP

Aclaramos que mudou o teléfono da FEGAMP ó seguinte: 981 555999. Por favor, tomade nota.


Volver ó sumario


Consello Interterritorial

É un organismo de coordinación, concertación e colaboración entre as administracións públicas que xestionan partidas destinadas a axuda ó desenvolvemento. Foi creado pola Lei 23/1998 de 7 de xullo, de cooperación internacional para o desenvolvemento (artigo 23). Os municipios e provincias contarán de 19 representantes. É importante que os Fondos, como realidade operativa do mundo local e da cooperación, estén presentes neste órgano, con voz propia, para aportar a súa experiencia e o seu punto de vista. Para iso cómpre que os concellos deleguen a súa representación. Todos os nosos asociados recibirán un modelo de acordo e unha explicación detallada da transcendental importancia desta Comisión.


Volver ó sumario


Encontro municipalista en Mataró

Celebrarase os próximos 15 e 16 de abril e, con carácter previo, varios dos participantes poderán efectuar visitas e participar nas actividades programadas polos diferentes Fondos. O Encontro de Mataró é continuación do desenvolvido o pasado ano en Antigua (Guatemala) e que contou coa presencia dun representante do Fondo Galego. A positiva valoración daquela iniciativa, impulsada, entre outros, pola Confederación de Fondos, animou ós participantes a propoñer a súa continuidade. É unha excelente ocasión para intercambiar experiencias de xestión local democrática e estreitar os lazos de amizade entre os nosos concellos e as contrapartes de varios países centroamericanos.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/08/2007
Fernando Pol


Subir