Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 

Consello Municipalista da CooperaciónVolver


Reunión constitutiva / Composición / Regulamento / Actas


Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

Relación de asistentes


Por parte do Fondo Galego

      Por parte das ONGs    

Alfredo Novoa

    José A. Atienza   (Fundación Juan Ciudad)

Xosé M. Permuy

    Joaquín Varela   (Cruz Vermella)

Lourdes Suárez

    José L. Quintela   (Intermón)

Concepción Daporta

    Xoán R. Vilas   (Entrepobos)

Carme Varela

    Antonio Matellán   (Xóvenes do Terceiro Mundo)

Ramón Bouzas

    Ramón Ferreño   (Fundación Meniños)

Xulio Ríos

    Begoña de Anta   (INTI)
      Concepción Sánchez   (INTI)


Desenvolvemento da reunión


Por parte do Presidente informouse ós asistentes do proceso constitutivo e o nivel de funcionamento do Fondo Galego, entregándoselles documentación sobre os socios, comunicado sobre o furacán Mitch, a proposta de bases de convocatoria para financiamento de proxectos para o próximo exercicio e a de regulamento interno do Consello, solicitando o apoio e a colaboración das ONGs para asentar o Fondo Galego e mellorar a calidade da cooperación feita desde Galicia.

Despois dun breve intercambio de impresións, por parte das ONGs manifestouse o apoio ó Fondo evidenciando a converxencia de intereses existentes entre os fins perseguidos tanto polo Fondo como polas ONGs presentes.


Acordos


1. O CMC queda constituído como un órgano de participación aberto e plural. Inicialmente forman parte del as organizacións asistentes a esta xuntanza pero, máis adiante, poden integrarse nel outras ONGs sempre e cando así o soliciten expresamente. Desta constitución informarase a todas as organizacións convocadas.

2. As suxestións para a Convocatoria de proxectos de 1999 deben ser remitidas antes do 31 de xaneiro de 1999 a Carme Varela Donoso. Os demais datos figuran no listado de socios.

3. As propostas de modificación do Regulamento Interno do Consello poden ser remitidas en igual prazo á Secretaría do Fondo (datos idem).


Volver ó índice


Composición

ONG / Contacto Enderezo / e-mail / Internet Tel / Fax
Asociación de Amizade Galego-Cubana
Susana Fernández Lorenzo (secretaria)
Policarpo Sanz, 22-2º oficina 10.
36202-Vigo.
986 432892
Bicis pola Paz
Anxo Moure Mosquera
Avenida de Portugal, 16.
27500-Chantada (Lugo).
982 440368
Entrepobos
Rafael Vilas
Rúa Xoan de Arcal, 5-1º.
36800-Redondela (Pontevedra).
986 400965
986 400965
INTI
Begoña de Anta / Concepción Sánchez
Rúa Carlos Fernández, 6.
36380-Gondomar (Pontevedra).
986 360033
Médicos sen Fronteiras
Pilar Rodal González
Rúa da Raposa, 1-2º.
36208-Bouzas (Vigo).
986 231259
Fundación Juan Ciudad
Jose Antonio Atienza
Rúa San Juan de Dios (Hogar San Rafael).
36202-Vigo.
986 232740
Fundai
Juan Carlos Pose Palleiro
Rúa Sagunto, 54-1º.
36205-Vigo.
 
Meniños
Ramón Ferreño Mariño
Salvador de Madariaga, 47-baixo.
15008-A Coruña.
 
Cruz Vermella
Joaquín Varela Rivera
Curros Enríquez, s/n. 15002-A Coruña.
Internet:
http://www.cruzroja.es/
981 205975
981 206490
Intermón
José Luís Quintela Julián
Salvador de Madariaga, 45.
15009-A Coruña.
981 135444
981 103911
Xoves do Terceiro Mundo
Antonio Matellán Carro
Calzada de San Pedro, 16.
15705-Santiago de Compostela.
981 582455
Axuda en Acción
Mariano Pazos Afonso
Orillamar, 26 baixo. 15001-A Coruña.
Internet:
http://www.ayudaenaccion.org/
981 211084
981 211084
INTEred
Amalia Álvarez Vega
Praza do Matadoiro, 7.
15703-Santiago de Compostela.
e-mail:
galicia@intered.org
Internet:
http://www.intered.org/
981 587966
981 584044
Natura Hispánica
Celso Carballo Leiro
Avenida de Pontevedra, 51.
36940-Cangas (Pontevedra).
986 301454
Comité UNICEF Galicia
Estela Mouriño Senande
Carreira do Conde, 2.
15.706-Santiago de Compostela.
e-mail:
emouri@unicef.es
Internet:
http://www.unicef.es/
981 586387
981 570920


Volver ó índice


Proposta de Regulamento Interno de Funcionamento
do Consello Municipalista da Cooperación


Artigo 1

O Consello Municipalista da Cooperación (CMC) é un órgano de participación sectorial creado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) con funcións consultivas e asesoras en todas as materias relacionadas coa promoción da solidariedade e a cooperación internacional.


Artigo 2

O CMC estará integrado polas persoas nomeadas polo Presidente do FGCS, a proposta das entidades interesadas, dando conta á Comisión Executiva dos nomeamentos e ceses dos seus membros.


Artigo 3

A composición do CMC será a seguinte:

  • O Presidente do Fondo Galego.

  • Os membros da Comisión Executiva con responsabilidade en materia de: relacións coas ONGs, formación e estudios, proxectos de cooperación e secretaría.

  • Un representante por parte de cada ONG.

Así mesmo, a proposta de calquera membro do CMC, o Presidente, acreditada a necesidade, poderá convocar técnicos ás sesións, con voz e sen voto, a fin de asesorar na toma de decisións.


Artigo 4

Cada ONG poderá propoñer un membro titular e outro suplente para formar parte do CMC.


Artigo 5

Son funcións do CMC:

  • Actuar como órgano consultivo do FGCS nas materias que lle son propias.

  • Elevar ós órganos competentes do FGCS os acordos, informes, as propostas e os estudios que elabore.

  • Elaborar unha proposta de bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos de cooperación e solidariedade.

  • Participar no seguimento, control, supervisión e avaliación da eficacia con que se utilizaron os recursos asignados a cada proxecto.

  • Efectuar a proposta de prioridades para adxudicar os fondos económicos para a execución dos proxectos.

  • Promover dinámicas de cooperación e solidariedade en Galicia.

  • Participar nas campañas e nas accións impulsadas polo Fondo.

  • Propoñer a aprobación definitiva e/ou as modificacións deste Regulamento.


Artigo 6

O CMC terá como único órgano o Plenario do Consello que estará integrado pola totalidade dos seus membros. Para o estudio de temas puntuais e concretos relacionados cos obxectivos do CMC poderanse constituír comisións reducidas de traballo de contido específico, a petición do Presidente do Consello ou dos colectivos integrados nel. O cargo de membro do CMC non será retribuído.


Artigo 7

O Presidente do CMC terá as seguintes funcións:

  • Convocar e presidir as sesións do Consello e dirixir os debates.

  • Actuar como portavoz do Consello.

  • Velar pola busca do acordo máis amplo nas decisións e ponderar os empates co voto de calidade.

  • Convocar técnicos ás reunións do Consello para informar e asesorar cando así se decida a proposta dun mínimo de 3 membros.


Artigo 8

O Pleno do CMC reunirase en sesión ordinaria unha vez cada ano e en sesión extraordinaria sempre que a Presidencia o considere necesario ou o soliciten un mínimo de tres membros.

A Convocatoria para as sesións ordinarias farase cunha antelación mínima de quince días e irá acompañada da orde do día e, de ser preciso, da documentación pertinente. Para as convocatorias extraordinarias a antelación mínima será 48 horas.


Artigo 9

O Plenario considerarase validamente constituído cando asistan á sesión o Presidente, o Secretario, ou as persoas que os substitúan, e, como mínimo, catro membros máis. Os acordos adoptaranse por maioría simple dos membros presentes.


Artigo 10

O Secretario levantará acta de cada sesión na que figurarán os acordos e as conclusións recolléndose as incidencias que sexan procedentes para reflectir fielmente a sesión.


Artigo 11

En todo o que non estea previsto neste Regulamento, o CMC rexerase pola Lei 30/1992 de 26 de Novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.


Artigo 12

O presente Regulamento entrará en vigor unha vez aprobado pola Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.


Volver ó índice


Actas xuntanzas

Acta da xuntanza de 08/02/2007 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 08/02/2007
Acta da xuntanza de 02/02/2006 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 02/02/2006
Acta da xuntanza de 10/02/2005 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 10/02/2005
Acta da xuntanza de 09/01/2004 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 09/01/2004
Acta da xuntanza de 05/02/2003 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 05/02/2003
Acta da xuntanza de 29/01/2002 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 29/01/2002
Acta da xuntanza de 02/02/2001 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 02/02/2001
Acta da xuntanza de 28/01/2000 Acta da xuntanza do CMC celebrada en Santiago de Compostela o 28/01/2000

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/09/2007
Fernando Pol


Subir