|
|
|

Reconstrución
en Gaza
O Fondo Galego
e a UNRWA (Axencia da ONU para os refuxiados de Palestina) suman esforzos para axudar á
reconstrución en Gaza e aliviar a difícil situación humanitaria
da poboación palestina. Contribúe a través da conta
de emerxencias 2091.0209.10.3040019000. |
|
|
 |
 Bases
2009 para a presentación de Proxectos de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento |
 |
|
 |

 |
| Novas do Fondo Galego |
| |
A Axencia Humanitaria
de Galicia e o Fondo
Nun encontro entre a Axencia Humanitaria
de Galicia e o Fondo Galego, expresouse a clara vontade de abordar conxuntamente accións de reconstrución
nas áreas afectadas por calamidades ou desastres. A colaboración podería iniciarse inmediatamente
a propósito de Gaza. |
| |
O Fondo Galego celebra
o Día Escolar da Paz
Ao redor do 30 de xaneiro, celebráronse
varios eventos conmemorando o Día Escolar da Paz. Amais de recordar a Declaración Universal dos Dereitos
Humanos e incidir na importancia da liberdade, da paz e da xustiza, o Fondo Galego participou con dúas charlas. |
| |
Informe Zero da Cooperación
Municipalista
O Informe aborda un primeiro retrato
da cooperación que impulsan Concellos e Deputacións de Galicia, con claves que permiten a identificación
dos seus trazos principais tanto no que atinxe ao compromiso económico como á dimensión da
súa estrutura a outros niveis. |
| |
Teatro e Solidariedade
= Actores e Compromiso
Presentouse en Vigo o proxecto “Teatracción”,
unha iniciativa orientada a sensibilizar a cidadanía galega sobre a importancia da solidariedade e a cooperación
internacional, utilizando o teatro como ferramenta principal. |
| |
Rede Municipalista Solidaria
Entre os meses de novembro e decembro
tiveron lugar as seguintes xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria: Mos e Allariz (17 de novembro), Poio (18
de novembro), Boiro (21 de novembro), Betanzos e Ferrol (28 de novembro), e Lugo (1 de decembro). |
| |
Visita ao Sur: Galicia
en Perú
Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego,
Ángeles Silva, tesoureira, Isabel Rodríguez, vocal, e Moncho Iglesias, técnico de sensibilización,
visitaron os proxectos que se levan a cabo en Perú entre o 26 de novembro e o 3 de decembro. |
| |
Visita ao Norte: Nicaragua
en Galicia
Rosario Cáceres Leyva, responsable
do programa de Educación Alternativa Rural de INPRHU-Somoto, e Nelys Reyes Gutiérrez, graduada do
Centro Educativo de Alternativa Rural, viñeron dende Nicaragua e estiveron entre nós do 15 ao 23
de novembro. |
| |
O Fondo Galego cos dereitos
humanos
Coincidindo coa conmemoración
do 60 aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Fondo Galego,
en colaboración con Comarcas de Galicia, puxo en marcha unha exposición sobre este evento. |
| |
Misión do Fondo
Galego en Mozambique
O Fondo Galego realizou a primeira misión
de identificación en Mozambique no mes de novembro. Os obxectivos foron: identificar parceiros e proxectos
que permitan ao Fondo aproveitar as sinerxías e complementar as súas accións con aqueles actores... |
|
|
|
| Axenda / Exposicións / Novas |
| |
| 06/03/2009 en Sevilla. Asemblea
Confederación de Fondos. |
| |
| 24/03/2009 en Santiago. Asemblea
xeral de socios do Fondo Galego. |
| |
| + axenda |
|
 |
| Axuda de Emerxencia |
 |
Reconstrución en
Cuba: Queres colaborar?
Entre o 30 de agosto e o 9 de setembro, Cuba viuse asolada polo paso de dous furacáns de alta intensidade.
A acción do Gustav e do Ike en tan breve espazo de tempo deixou importantes danos materiais e a perda de
vidas humanas, principalmente nas provincias de Pinar del Rio, Holguín, Las Tunas, Camagüey e Isla
Juventud. |
 |
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Número de conta: 2091.0209.10.3040019000 |
|
|
|
 |
| Sensibilización |
| |
Declaración
institucional
17-O: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
En 1992, a Asemblea Xeral das Nacións
Unidas declarou o 17 de outubro Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, co obxecto de criar
conciencia sobre a importancia de erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países, en particular nos
países en desenvolvemento. |
| |
O
teatro como ferramenta de sensibilización
O Fondo Galego promoverá actividades
de sensibilización coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo. O teatro
convertirase nunha eficaz ferramenta para chamar a atención da cidadanía na necesidade de colaborar
en proxectos de cooperación que repercutan nunha sociedade máis igualitaria. |
|
 |
|
|
 |
| Programas |
| |
| Vacacións
con Traballo |
| Resolución Convocatoria
2008 |
 |
 |
|
|
|
|
| |
Socios do Fondo Galego
Concellos: A Cañiza, A Coruña, A Estrada,
A Guarda, A Pobra de Trives, A Pobra
do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Baiona, Bergondo, Betanzos,
Boiro, Brión, Bueu, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Carnota, Carral,
Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo,
Cuntis, Dumbría, Entrimo, Fene, Ferrol, Gomesende, Gondomar, Guitiriz, Lalín, Laxe, Lousame, Lugo,
Manzaneda, Melide, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Moraña, Mos, Mugardos, Narón,
Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Rosal, O Valadouro, Oímbra, Oleiros,
Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela,
Rianxo, Ribadavia, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Samos, San
Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela,
Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove.
Deputacións: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra. |
|
|