|
| |
 |
| Fondo Galego, Dez Anos con Proxectos. (Ver paneis). |
| |
Presentación e obxectivos
Con esta exposición pretendemos dar visibilidade ao traballo
desenvolto polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade durante estes seus primeiros dez anos de andadura.
Queremos dar a coñecer ao grande público os esforzos
nos que, en materia de cooperación ao desenvolvemento, están envoltos os Concellos e Deputacións
provinciais que forman parte do Fondo Galego.
Dividida en trece paneis, a exposición dá conta
das diferentes áreas de traballo nas que o Fondo está involucrado, e inclúe exemplos de proxectos
de cooperación ao desenvolvemento aos que o Fondo destinou os seus esforzos, tanto económicos como
humanos.
Contidos
A exposición consta de doce paneis informativos e un
panel que fai as veces de portada/introdución á exposición.
O contido específico de cada un dos paneis é o
seguinte:
• Panel número 1. O Fondo Galego. Datos básicos sobre a orixe, o funcionamento
e os obxectivos do Fondo.
• Panel número 2. Convocatorias do Fondo e contrapartes máis destacadas.
• Panel número 3. A problemática da auga no mundo e un exemplo dos proxectos nos
que o Fondo está implicado.
• Panel número 4. A problemática da vivenda no mundo. Proxecto para a rehabilitación
de vivendas promovido polo Fondo en Cabo Verde.
• Panel número 5. O acceso a unha correcta alimentación como factor de desenvolvemento.
Proxecto de formación en soberanía alimentaria desenvolto en Guatemala.
• Panel número 6. A saúde comunitaria como factor de desenvolvemento. Problemas
derivados da falta de recursos sanitarios. Proxecto de saúde comunitaria en El Salvador.
• Panel número 7. O fortalecemento institucional como elemento do desenvolvemento humano.
Proxecto capacitación e empoderamento levado a cabo en Honduras.
• Panel número 8. A problemática de xénero nos países do Sur. Proxecto
de empoderamento feminino posto en marcha en Perú.
• Panel número 9. O medio ambiente e o desenvolvemento sostible. Proxecto de explotación
sostible dos recursos en Nicaragua.
• Panel número 10. O Fondo de Emerxencia. A importancia das axudas puntuais de emerxencia.
Programa de axuda alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís no deserto alxeriano.
• Panel número 11. A importancia da axuda e do traballo individual no desenvolvemento global.
Pouco é moito. Proxectos de Bicicletas para a Paz.
• Panel número 12. Grandes apostas do Fondo Galego. Programas de implantación de
infraestruturas básicas non países do Sur. A colaboración entre administracións. Plan
Maestro para a recuperación do casco histórico de Santiago de Cuba.
Ficha Técnica
Número de paneis: 13, incluíndo portada ou panel de presentación.
Peso:
- Por panel: 4 kg.
- Total: 52 kg.
Dimensións da estrutura (despregados): 124 cm (ancho) x 210 cm (alto) x 40 cm (fondo).
Caixa de envío (pregados): 125 cm (longo) x 11 cm (ancho) x 11 cm (fondo).
Instalación de distribución dos
paneis
A montaxe e almacenaxe dos paneis é moi sinxela. Cada
panel vai enrolado no interior dun tubo de aluminio do que se extrae facilmente tirando dos dous ganchos metálicos
que sobresaen dunha das extremidades.
O tubo de aluminio do que se extrae vai servir de pé
do panel grazas a dúas barras móbiles que permiten que manteña o equilibro. Mentres, a extremidade
superior irá ancorada en dous tubos telescópicos de aluminio que se asentarán sobre o pé
do panel.
A orde de colocación dos paneis é flexible, e
pode ser adaptada ás condicións específicas da sala onde se instale. A pesares de contar con
trece paneis, non ocupa demasiado espazo, xa que permite ser colocada en liña, formando un círculo,
en zigzag, etc, adaptándose ao espazo dispoñible en cada caso.
Material complementario
Carteis
Semellantes ao primeiro panel da exposición, serven como
presentación da mesma.
Dimensións:
48 cm x 63 cm.
Trípticos
Conteñen textos explicativos sobre o Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade e sobre a exposición Fondo Galego, Dez Anos con Proxectos.
Dimensións:
15 cm x 15 cm (pregados).
CD Multimedia
Inclúe:
- Galería fotográfica cos paneis da exposición
en formato jpg.
- Guía de recursos:
- Textos vencellados á temática da exposición
- Documentos sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Ligazóns de interese.
- Actividades dirixidas a centros de ensino (Institutos de Ensino
Secundario).
- Catro unidades didácticas relacionadas coa cooperación
e a exposición.
|