|
| |
 |
| A Paz Cuestión de Fondo. Contra o racismo,
a violencia e a pobreza. (Ver viñetas). |
| |
Exposición de viñetas
A Paz Cuestión de Fondo
Contra o racismo, a violencia e a pobreza
1. Ficha técnica
A exposición consta de 16 láminas de 80x120 cm
a toda cor en lona de 3 mm de espesor. O sistema de colocación é similar ao dos calendarios.
Dende o Fondo Galego queremos achegarvos coa presente exposición
a 28 autores procedentes de 16 países. En clave visual, as caricaturas móstrannos os prexuízos
que operan acerca dos diferentes, da idea da paz, do racismo, das diferenzas sociais, da guerra, etc. Verdades
en miniaturas é a proposta desta exposición colectiva internacional. Retratos da sociedade contemporánea
que nacen cargados de humor, de sátira social, de realismo e de crueza.
2. Contido
A Pobreza é unha forma de inxustiza social e violencia estrutural que nega
as condicións mínimas de desenvolvemento humano e xera situacións de exclusión, racismo e violencia.
Debuxa un mapa de continuos conflitos entre os seres humanos que nos afastan dunha desexada convivencia pacífica.
A falta de oportunidades impide á sociedade medrar en condicións de dignidade. Máis da cuarta
parte da poboación mundial vive en situación de pobreza, e os países industrializados a sofren
de forma crecente. O abismo entre pobres e ricos medra día a día.
No prologo do libro Palabras con Fondo,
José Luís Méndez López, director de Caixa Galicia, di que “erradica-la pobreza do mundo non é só unha obriga moral é unha posibilidade real (...) no mundo existen
os recursos e os coñecementos para acadar un mundo sen pobreza”.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende
que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Con esta exposición
quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde
económica internacional, sen excluídos, nin perdedores.
3. Suxestións de actividades complementarias
É importante acompañar a exposición de
distintos actos culturais (seminarios, conferencias, charlas, teatro, cine, música, deporte, feiras, etc)
que podan concienciar e sensibilizar a sociedade na convivencia na diversidade e na loita contra a discriminación,
a pobreza e a violencia, sensibilizar sobre os aspectos positivos da diversidade cultural, co propósito
de favorecer a convivencia pacífica, nunha sociedade aberta ao diferente e solidaria.
Acto de inauguración
Interesa preparar especialmente o acto de inauguración
e/ou de clausura, cursando invitacións a través do mailing que se faga habitualmente e presentando
a iniciativa ante os medios de comunicación.
En función das posibilidades, pode contemplarse a presenza
dalgún debuxante da localidade, ou dos debuxantes que participan na exposición como Pepe Carreiro,
Hortas,
Carlos Silvar ou Xaquín
Marín. A Secretaría do Fondo pode facilitar
os contactos que se precisen.
Mediado o período da exposición pode celebrarse
algunha mesa redonda, convidando algunha persoa relevante, permitindo que unha segunda onda de información
poida chegar á cidadanía a través da repercusión pública desa visita. Se existe
radio municipal é interesante aproveitar para entrevistar a determinadas persoas, explicar que é
o Fondo, etc...
Talleres de contos e músicas do
mundo
Dentro dun ambiente festivo pódense desenvolver todo
tipo de actividades divulgativas e de entretemento que propicien valores de tolerancia e respecto á diferenza,
organizar xogos e talleres para nenos, actividades orientadas a sensibilizar e dar a coñecer aos rapaces
culturas e realidades diferentes a través da musica, dos contos e os xogos de rapaces de distintos lugares
do planeta.
Carreira popular contra o racismo
Pódense organizar actos nos que participe toda a cidadanía,
como unha carreira popular contra o racismo, encabezada por algún deportista coñecido do lugar. O
deporte contribúe á socialización de tódalas persoas, a través dos valores de
respecto, participación e xogo.
O acto podería terminar coa lectura dun manifesto a favor
da convivencia das diferenzas.
Vídeo-fórum
A sesión pode estruturarse en tres partes:
- Introdución do tema e presentación da película.
Presentación do vídeo-fórum con algún membro de ONGDs da localidade. Contarase cun
experto/a no tema.
- Visionado.
- Debate.
Proxección do curto “Lalia”.
Este curto permítenos unha aproximación á
problemática do Sáhara Occidental. Nel se reflicten as vivencias, dramas e as esperanzas de todo
un pobo que tenta conseguir a súa soberanía. A protagonista e directora é Silvia Munt. Hai
unidades na Secretaría do Fondo.
Charla de ONGs sobre proxectos financiados
polo Fondo
As ONGs están dispostas a explicar o seu traballo no
campo da cooperación internacional. É importante amosar á cidadanía os proxectos que
executamos, cal é a súa utilidade, que pensan os/as beneficiarios/as, e así avanzar no reforzamento
dunha conciencia máis solidaria atenta ás inxustizas e desigualdades.
Almanaque solidario
Días solidarios relacionadas co tema da exposición:
| 30 de xaneiro |
Día escolar da non violencia e a paz |
| 21 de marzo |
Día mundial contra o racismo |
| 21 de setembro |
Día
mundial da paz |
| 17 de outubro |
Día mundial da loita contra a pobreza |
| 16 de novembro |
Día mundial para a tolerancia |
| 18 de decembro |
Día mundial do emigrante |
| 19 de decembro |
Día mundial dos dereitos humanos |
|