Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 

Que é? / Datos básicos / Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade Volver


Declaración de apoio da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade


Reunidos en Santiago de Compostela, os días 5 e 6 de febreiro de 1998, representantes do Fons Catalá, Euskal Fondoa, Fons Valenciá, Fons Mallorquí e Fons Menorquí, co Presidente e demáis membros da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, integrantes todos da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade,

MANIFESTAMOS:

Primeiro. A nosa unánime satisfacción e ledicia ante a recente creación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, por consideralo un instrumento capaz de xerar unha nova dinámica nas políticas de solidariedade exercidas en Galicia e dende Galicia.

Segundo. Que esta iniciativa activará sen dúbida o papel do municipalismo galego no movemento a prol da cooperación, a solidariedade e o achegamento entre as comunidades do Sur e do Norte, e contribuirá á creación dese clima favorable, ético e moral, no seo da opinión pública, para sumar esforzos á reivindicación dunha nova orde económica mundial.

Terceiro. Que a creación do Fondo Galego permitirá un incremento substancial das accións e do papel do municipalismo no ámbito na cooperación descentralizada, pois ademais de configurarse con ilusión e dun xeito plural e democrático, contempla espacios o suficientemente flexibles como para acoller a especial idiosincrasia do universo local galego, posibilitando a superación das dificultades obxectivas que, ata agora, impedían a numerosas pequenas Corporacións materializar unha solidariedade grande en intención pero inevitablemente reducida en contía e efectividade.

Cuarto. Que todos os Fondos en funcionamento no Estado prestamos o noso total apoio ó Fondo Galego para a plena consecución dos seus fins e obxectivos e, a través del, enviamos a nosa cordial felicitación a todos os Concellos e Deputacións de Galicia empeñados en construir, con nós e coma nós, unha sociedade máis equitativa, digna, xusta e humana.

En proba de conformidade, asinamos a presente Declaración.

Fons Catalá,
Euskal Fondoa,
Fons Valenciá,
Fons Mallorquí,
Fons Menorquí,
Fondo Galego.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2001
Fernando Pol


Subir