|
Que é? / Datos básicos / Confederación
de Fondos de Cooperación e Solidariedade
Introducción
Que é a Confederación de Fondos
de Cooperación?
Aínda que cada Fondo nace a partir dunhas
orixes que son distintas en cada ámbito territorial e que polo tanto lle proporcionan unha identidade propia,
existe unha ampla coincidencia de postulados entre os Fondos polo que en 1995 acordouse, dende a total independencia,
constituír a Confederación
de Fondos de Cooperación e Solidariedade
como marco de coordinación e de representación conxunta en aquelas temáticas que pola súa
importancia afecten ós intereses comúns.
Son tarefas propias da Confederación contribuír
a impulsa-la cooperación descentralizada dentro e fora dos ámbitos territoriais dos seus membros,
así como propiciar a súa vertebración en redes. Neste sentido, dende entón está
colaborando en sistematizar e difundi-las experiencias de cooperación intermunicipal e en colaborar activamente
nos procesos emerxentes de xeración de novos fondos e outras redes de cooperación municipal.
A Confederación asume tamén o ser
interlocutor común ante as institucións estatais, europeas e mundiais con presentacións coincidentes.
Neste sentido, participouse activamente no proceso de debate da primeira Lei de Cooperación do Estado Español
expresando colectivamente ante tódolos Grupos Parlamentarios nosas opinións. A recén creada
Comisión Interterritorial debe ser un bo marco de coordinación e concertación con outros niveis
da administración pública. A nivel europeo, esta aínda pendente o establecemento de vías
estables de interlocución directa coa Unión Europea. Co apoio da Dirección Xeral de Cooperación
Descentralizada e ante as reformas anunciadas, agora, pode ser un bo momento para establecelas.
Un dos retos nos que a Confederación está
conseguindo maiores resultados é no apartado de coordinar as accións para conseguir unha aprendizaxe
mutua e no establecemento de criterios comúns de análise, avaliación, control e seguimento.
Neste sentido, dende 1997 dispoñemos dunha oficina técnica de seguimento sobre o terreo para a Area
de Centroamérica, México e Caribe.
Dado o importante papel que ó noso entender
debe tela sensibilización do Norte para xerar un clima na opinión pública favorable á
promoción dunha nova orde económica internacional, traballamos coordinadamente en propostas de sensibilización
compartidas, como é a nova edición da Guía Municipal para a Cooperación e outras iniciativas
en colaboración coas coordinadoras de ONG.
En último lugar cabería definir
que aínda non sendo un obxectivo prioritario a cofinanciación de proxectos de cooperación
no marco da Confederación de Fondos, cando se produciu foi en programas de compoñente municipalista.
Que son os Fondos Municipais de Cooperación
e Solidariedade?
Un Fondo de Cooperación e Solidariedade
é un organismo sen ánimo de lucro que reúne a Concellos e outras institucións públicas
e privadas cos seguintes obxectivos:
1. Contribuír ó desenvolvemento
dos países do Terceiro Mundo, mediante a constitución e xestión dun fondo económico,
que posibilite unha cooperación descentralizada e que promova un desenvolvemento sostible.
2. Administrar e xestiona-los fondos económicos
librados ó FONDO para proxectos de axuda ó Terceiro Mundo e campañas de sensibilización
sobre cooperación ó desenvolvemento.
3. Fomentar e apoia-los esforzos das institucións
oficiais, entidades e asociacións, para crear un clima de opinión favorable á promoción
dunha nova orde económica internacional.
4. Estimula-la participación cidadá,
mediante campañas e informacións adecuadas, nos proxectos de cooperación co Terceiro Mundo.
5. Colaborar para que sexa unha realidade a aportación
mínima do 0,7% do producto interior bruto á axuda pública ós países subdesenvolvidos,
segundo os acordos de Nacións Unidas suscritos polo Estado español.
6. Ser unha voz ética colectiva que denuncie
calquera situación que atente de maneira grave contra os dereitos humanos e que poida presentar propostas
de resolución a favor da solidariedade e a cooperación en calquer ámbito de representación
política.
Características e vantaxes dos Fondos
Como características intrínsecas
á creación dun Fondo se poderían destacar:
- Ser un organismo sen ánimo de lucro.
- Estar integrado por institucións públicas
locais: concellos, consellos comarcais, mancomunidades, deputacións e tamén a participación
do goberno autónomo, de maneira unitaria, independentemente dos partidos que os lideren.
- Xestionar de forma democrática e participativa
un fondo económico co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento dos países do Terceiro
Mundo e á sensibilización cidadá no ámbito local.
- Asegura-lo control e a transparencia da xestión
dos Fondos, así como o consenso nos obxectivos prioritarios.
- Limita-los gastos administrativos e de estructura
en torno ó 10% dos recursos económicos dispoñibles.
- Asegura-la continuidade dos proxectos, garantindo
que o financiamento non dependerá dos cambios repentinos, xa sexan de índole política ou relacionados
co estoupido de situacións de emerxencia nos países do Sur.
- Propicia-la relación Norte/Sur co obxectivo
de avanzar cara á construcción dun mundo máis xusto e solidario.
- Facilita-lo traballo das administracións
locais en temas de cooperación, sen necesidade de crear un modelo de cooperación propio de cada concello
ou deputación, evitando duplicidades, gastos de xestión e modelos de desenvolvemento diversos, e,
algunhas veces, incoerentes.
- Facilitar tamén a relación Administración-ONG
e grupos de base, que opten por presentar os seus proxectos de desenvolvemento e programas de sensibilización
evitando a dispersión e cunhas bases únicas.
- Xestionar de maneira conxunta os proxectos e
accións de desenvolvemento ó terceiro Mundo, establecendo criterios que fomenten realmente o desenvolvemento
sostible e apoiar proxectos de maior envergadura. Tamén, facer posible equipos técnicos para facilita-la
avaliación, o control e a transparencia da xestión dos proxectos.
Cooperación descentralizada
Na I Conferencia Europea sobre Cidades e Desenvolvemento,
celebrada en Colonia en setembro de 1985, co tema “Da caridade á xustiza”, facíase un chamamento
á acción conxunta das ONG e as comunidades locais para unha cooperación ó desenvolvemento
Norte-Sur. En posteriores edicións da Conferencia, Bulawayo (1990) e Berlin (1992), se insistía en
promover “iniciativas locais e rexionais para un desenvolvemento sostible”.
No Estado español –e contrariamente a outros
países– viuse denominando “cooperación descentralizada” ó conxunto da cooperación que
non corresponde ás instancias do Goberno central, é dicir, tanto a cooperación das administracións
públicas rexionais e locais como a das Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD).
Cabe sinalar adicionalmente que a principal función das administracións públicas subestatais
en canto á cooperación foi a cofinanciación de proxectos de ONGD.
Ó igual que a Cooperación Oficial
ó Desenvolvemento español (bilateral, europea e multilateral), a cooperación descentralizada
española é xove. Coa excepción dunhas poucas ONGD que existían anteriormente, podese
fechar os seus inicios máis remotos alá por 1985-86.
Os principais actores da cooperación descentralizada
española son:
- As ONGD.
- As administracións públicas locais
e rexionais (concellos, deputacións, comunidades autónomas).
- Os fondos municipais de cooperación (asociacións
que agrupan a un número de municipios a nivel dunha rexión).
Cabe sinalar en canto a outros actores:
- As universidades: ata o momento mantiveron importantes
relacións de cooperación e intercambio no campo académico, pero limitadas relacións
con outros actores e proxectos de cooperación.
- Os sindicatos: os principais crearon as súas
propias ONGD.
- Os colexios profesionais, nos últimos
años manteñen con frecuencia relaciones con ONGD da especialidade correspondente (da saga dos “sen
fronteiras”) aínda que en ocasións propoñen colaboracións como tal.
- As institucións relixiosas (congregacións,
etc.), que dificilmente poden eludirse dada a tradición histórico-cultural do país, optaron
en moitos casos pola constitución de ONGD específicas.
- Algunhas ONGD (e máis recentemente empresas
consultoras) situaronse no campo da “asesoría técnica”.
Para que unha cooperación sexa efectiva
é necesaria a participación directa da comunidade beneficiaria. Por iso, a cooperación descentralizada
permite atopar, en cada caso, ós interlocutores máis adecuados. Un dos exempos máis claros
desta cooperación é o irmanamento entre poboacións do Norte e poboacións dos países
en desenvolvemento, e a cooperación entre homólogos.
Constanos que dende as coordinadoras de ONGD se
está facendo un esforzo por regula-lo sector mediante, entre outras medidas, a aprobación dun código
ético. Dende a Confederación e dende cada un dos Fondos debemos traballar activamente para contribuír
a vertebra-la cooperación descentralizada establecendo criterios comúns de actuación, facilitando
o seguimento e control dos proxectos realizados e reducindo os custes de xestión.
O boom que experimentou nos últimos anos
a cooperación descentralizada ten, sen dúbida, un amplo abanico de consecuencias positivas, ademais
das puramente económicas:
- Impulsa-la implicación na solidariedade
internacional de diversos colectivos sociais, superando o ámbito estricto das ONGs.
- Presentar á opinión pública
a existencia do desenvolvemento estructural sen ser producto de situacións de emerxencia.
- Cuestionar publicamente as fórmulas e
os niveis da axuda oficial e os mecanismos de participación, coordinación e seguimento da AOD.
- Estende-lo debate sobre os criterios e tipos
de axuda.
- Impulsa-la creación dun marco legal da
cooperación que provocou a aprobación da primeira Lei de Cooperación do Estado Español
(xuño 1998).
Todos estes cambios que, maioritariamente, resultaron
positivos tamén suscitan algúns retos que se deben ter en conta:
- Que o positivo incremento da militancia en temas
de cooperación non leve á total fragmentación de iniciativas.
- Que o positivo incremento de recursos non comporte
un boom de micro convocatorias que fragmenten as axudas, multipliquen as estructuras organizativas e dispersen
e reduzan a eficacia e a rendibilidade da cooperación descentralizada.
Actividades máis destacadas
Guía Municipal de Cooperación
A edición da Guía Municipal para
a Cooperación-A Solidariedade Norte-Sur, un reto para as institucións locais (1991), en colaboración
conxunta entre IEPALA, Euskal Fondoa e Fons Català, supuxo o primeiro instrumento ó servicio de corporativos
e técnicos municipais no importante camiño da cooperación internacional. Proximamente publicarase
unha segunda edición completamente actualizada da Guía Municipal, editada pola Confederación
de Fondos e IEPALA.
Xornadas de Cooperación Descentralizada
En xuño de 1996 organizouse, de forma conxunta
entre a Confederación de Fondos e a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento, a 1ª Xornada de Cooperación
Descentralizada, en Getafe, coa participación de máis de 140 representantes de municipios cooperantes
e ONG. Os relatorios e conclusións destas xornadas foron editadas en 1997.
Lei de Cooperación
O Congreso dos Deputados aprobou en abril de 1998
o Proxecto de Lei de Cooperación ó Desenvolvemento que regulará a axuda do Estado Español
ós países menos desenvolvidos. O novo texto aprobado recolle algunhas das emendas presentadas pola
Confederación de Fondos a os diferentes grupos parlamentarios, nas que se facía fincapé na
importancia da cooperación descentralizada como vía de participación dos diferentes organismos
locais (administracións locais, sociedade civil...) na cooperación ó desenvolvemento.
Oficina conxunta en Managua
A Confederación de Fondos dispón
actualmente dunha oficina conxunta que cubre as áreas de Centroamérica, Caribe e México e
onde traballan dúas técnicas cooperantes. Os obxectivos da oficina son a representación individual
e conxunta dos fondos nestas áreas xeográficas e levar a cabo o seguimento e avaliación dos
proxectos en curso. A oficina permite un maior coñecemento da situación sobre o terreo e poder dispoñer
de información actualizada a un baixo custe de xestión, cousa que sería inasumible desde un
único fondo e, menos aínda, desde un único concello.
A dirección da oficina do Fons en Centroamérica
e Caribe é:
De Praza España 3 1/2 c. abaixo.
Edificio POPOLNA.
Managua - Nicaragua.
Telefax: (07-505) 2662512.
e-mail: confocos@tmx.com.ni
Durante 1997, a oficina de seguimento levou a
cabo 135 proxectos de cooperación distribuídos da forma seguinte:
| Cuba |
26
|
|
México |
10
|
| Guatemala |
15
|
Nicaragua |
48
|
| Haití |
3
|
República Dominicana |
3
|
| Honduras |
3
|
El Salvador |
27
|
Fondos da Confederación
| Fondo |
Euskal Fondoa |
Fondo
Galego |
| President@ |
José Ángel Cuerda. |
Alfredo Novoa. |
| Director@ |
Juan Manuel Balerdi. |
Xulio Ríos Paredes. |
| Enderezo |
Goikoa Jauregia Ijentea, 6. |
Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. |
| Localidade |
20003-Donostia/San Sebastián. |
36300 Baiona (Pontevedra). |
| Tel-Fax |
(34) 943 428508 - 943 429385. |
(34) 986 357238. |
| e-mail |
euskalfond@euskalnet.net |
igadi@arrakis.es |
| Fondo |
Fons
Català |
Fons
Mallorquí |
| President@ |
Joan Aguado. |
Sebasti Cerdà. |
| Director@ |
Núria Camps. |
Catalina Socíes. |
| Enderezo |
Portaferrissa, 13 bis. Entresol 1ª. |
General Riera, 113. |
| Localidade |
08002-Barcelona. |
07010-Palma de Mallorca. |
| Tel-Fax |
(34) 93 4122602 - 93 3019088. |
(34) 971 297053 - 971 203130. |
| e-mail |
fonscat@pangea.org |
fmsc@pangea.org |
| Fondo |
Fons Menorquí |
Fons Valencià |
| President@ |
Miquel Torres |
Vicent Moreno. |
| Director@ |
Eulàlia Truyol |
Ramir Moscardó. |
| Enderezo |
Es Torrentet, 15. |
Poetes Xativins, 2. |
| Localidade |
07750-Ferreries. |
46800-Xàtiva. |
| Tel-Fax |
(34) 971 373509 - 971 373612. |
(34) 96 2272460 - 96 2271157. |
| e-mail |
fmc@infotelecom.es |
fonsval@ctv.es |
| Fondo |
Fondo Andaluz |
Fons Pitiús |
| President@ |
|
|
| Director@ |
Antonio Zurita Contreras. |
Josep Ramon Balanzat. |
| Enderezo |
Colegios Provinciales. Edificio Diputación.
Avda Mediterráneo, s/n. |
Consell Insular d’Eivissa i
Formentera. Avda Espanya, 49. |
| Localidade |
14011-Córdoba. |
07800-Eivissa. |
| Tel-Fax |
(34) 957 211337. |
(34) 971 195900 - 971 195910. |
| e-mail |
famsi@eurosud.org |
jaguilar.gabinet@cief.es |
|