Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 

Que é? / Datos básicos / Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade Volver


Fons Valencià per la Solidaritat


Presidente Vicent Moreno.
Director Ramir Moscardó.
Enderezo Poetes Xativins, 2.
Localidade 46800-Xàtiva.
Tel-Fax (34) 96 2272460 - 96 2271157.
e-mail fonsval@ctv.es


Orixe


O Fons Valenciá creouse en 1992 para contribuír dende o ámbito valenciá ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo.


Obxectivos e áreas de actuación


  • Xestiona-los fondos económicos entregados á asociación para proxectos de axuda ó Terceiro Mundo presentados polas ONGs.
  • Promover campañas de sensibilización propostas polas ONGs, concellos e outras entidades.
  • Apoia-los esforzos das institucións oficiais, entidades e asociacións da Comunidade co obxectivo de crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional.
  • Estimula-la participación cidadá mediante campañas informativas adecuadas.
  • Colaborar para que sexa unha realidade a aportación mínima do 0,7% do PIB ós países subdesenvolvidos.
  • Promove-la colaboración das institucións e entidades públicas e privadas valenciás en labores de cooperación ó desenvolvemento, así como a aportación mínima dunha porcentaxe dos seus presupostos, tendendo ó 0,7%.


Área de xestión e difusión


Ademais das labores ordinarias de xestión, este área cubre actividades de difusión como notas de prensa, circulares para socios, carpetas informativas para entidades non asociadas, etc.


Área de cooperación


Os proxectos que se aproban a través do Fons Valenciá representan un 90% do orzamento total. Deben cumprir tres tipos de requisitos referentes:

a) Formulación

Coerencia interna entre necesidades, obxectivos, custes, medios, metodoloxía e avaliación.

b) Contidos

  • Favorece-lo desenvolvemento sostible das poboacións máis desfavorecidas.
  • Axustarse ás necesidades da zona e á peculiaridade cultural da comunidade.
  • Contar con contrapartes responsables no país destinatario.
  • Incidir na promoción dos valores democráticos.
  • Ser viables a nivel técnico, organizativo e financeiro.
  • Ser rendibles (custe/beneficio) e productivos (xeradores de novos ingresos).
  • Ter unha presentación integral.

c) As ONGs solicitantes

Teñen preferencia os proxectos presentados por ONGs membros da Coordinadora Valenciá de ONGs, legalmente constituídas e cunha experiencia mínima de 2 anos de traballo no campo da solidariedade, que demostraran a súa capacidade de xestión e que se mostren converxentes cos obxectivos do Fons Valenciá.

Exclúense as axudas humanitarias de emerxencia, así como as actividades que pretendan exclusivamente a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta. Non se establecen zonas xeográficas prioritarias.

Con estes criterios, en 1997 financiaronse 8 proxectos de cooperación: 3 en África, 3 en Centroamérica e 2 en Sudamérica.


Área de sensibilización


Vacacións en Paz

O Fons colabora na acollida de nenos saharauís e cubanos en familias valenciás durante o verán, apoiando ás Asociacións de amizade co Pobo Saharauí.

A Solidariedade é o camiño

A través desta campaña o Fons aporta unha exposición e materiais de apoio para que se poidan celebrar unhas Xornadas para a Solidariedade nos municipios co fin de facilita-la sensibilización e difundi-lo papel do Fons.

Saber para servir - Aarif li Tajdum

Pretende facilitar estudios universitarios a mozos saharauís. Asinaronse acordos co presidente da RASD, as universidades de Alicante, Castellón e Valencia, e as asociacións de amistade co Sahara.

Xornadas para técnicos municipais en cooperación

O obxectivo é explica-lo papel dos municipios como axentes de cooperación e dar a coñecer distintas formas para cooperar e sensibilizar á poboación.

Nós seremos a súa voz

En colaboración coa Generalitat valenciana, a Deputación e o SETEM, consiste nun Plan de Formación de Voluntariado en Cooperación, mediante cursos e unha estancia dun mes en América Central.


Socios de Fons Valencià


O Fons Valencià conta con 51 socios. Os concellos integrados no Fons representan o 8,11% dos municipios da Comunidade. Non hai ONGs asociadas ó Fons.

Concellos

  Agullent
Aielo de Malferit
Albaida
Alcàsser
Alcúdia de Crespins
Alfafara
Algemesí
Antella
Barxeta
Benigànim
Benissa
Biar
Bocairent
Canals
Castelló de Rugat
Cocentaina
Cortes de Pallás
Genovés
La Pobla llarga
La Valld'Uixó
l'Enova
Lloc Nou d'en Fenollet
l'Olleria
Manuel
Montaverner
Mutxamel
Novelda
Novetlé
Olleria
Ontinyent
Pinet
Polinyà de Xúquer
Rafelguaraf
Sant Joan d'Enova
Sellent
Senyera
Silla
Tuéjar
Vallada
Xàtiva

Corts
valencianas

  Mancomunitat de Municipis da Costera
Mancomunitat de Municipis da Safor
Mancomunitat de Municipis da Vall d'Albaida
Máncomunitat de Serveis de Benestar Social de Manuel
Máncomunitat de Serveis de Benestar Social de l'Enova
Máncomunitat de Serveis de Benestar Social de Senyera
Máncomunitat de Serveis de Benestar Social de Rafelguaraf
Máncomunitat de Serveis de Benestar Social de Sant Joan d'Enova

Outras institucións
e entidades

  Consell de la Joventut d'0ntinyent
Consell de la Joventut de Xàtiva
Federació Valenciana d'Associacions d'Amistat amb el Poble Sahrauí

Socios
colaboradores

  Agencia Española de Cooperación Internacional-AECI
Diputación de Alicante
Diputación de Valencia
Generalitat Valenciana
Universidades de Valencia, Alicante, Jaume I de Castellón y Politécnica de Valencia

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2001
Fernando Pol


Subir