|
Que é? / Datos básicos / Confederación
de Fondos de Cooperación e Solidariedade
Fons Menorquí de Cooperació
| Presidente |
Miquel Torres |
| Directora |
Eulàlia Truyol |
| Enderezo |
Es Torrentet, 15. |
| Localidade |
07750-Ferreries. |
| Tel-Fax |
(34) 971 373509 - 971 373612. |
| e-mail |
fmc@infotelecom.es |
Orixe
O lonxano eco da Declaración de Colonia
(1985) e o máis próximo da creación de fondos de cooperación no Estado español,
unidos á impotencia pola pasividade das institucións estatais e internacionais para erradica-la pobreza,
impulsaron o nacemento do Fons Menorquí en 1993. A creación do Fons estivo acompañada dende
a súa orixe polos esforzos conxuntos de administracións públicas, ONGs, arcebispado, entidades
cidadás e sociedade civil, coa finalidade común de favorecer unha cooperación descentralizada.
Obxectivos
- Proxectos. Seleccionar, financiar e facer un seguimento de proxectos de cooperación
e emerxencia, atendendo ás minorías que viven na nosa illa.
- Sensibilización. Crear conciencia cidadá das causas das diferencias Norte-Sur
e da existencia do Sur no Norte, promovendo actividades de sensibilización a partir de e para a sociedade
civil e as institucións educativas.
- Reflexión. Coordinar procesos de reflexión interna conxunta entre ONGs
e institucións públicas sobre a cooperación, en relación con aportacións que
nos chegan desde o exterior da illa (conferencias, xornadas...).
- Presión política. Denunciar pública e conxuntamente violacións
dos Dereitos Humanos ó redor do mundo e, se pola súa gravidade se estima oportuno, promover campañas
e accións puntuais (mocións, manifestacións...).
- Difusión. Dar información pública das actividades do Fons e
da Confederación, especialmente do seguimento de proxectos e da súa problemática.
Área de cooperación
Os proxectos financiados polo Fons responden a
uns criterios aprobados pola Asemblea e propostos por unha comisión paritaria de ONGs e administracións
públicas.
- Son proxectos presentados por ONGs con sede en
Menorca
- Estas ONGs contan cun socio ou contraparte local
no Sur, que ademais de participar na planificación, execución e avaliación do proxecto faise
responsable da súa continuidade unha vez finalizada a axuda.
- A ONG menorquina e a do sur deben realizar unha
análise de necesidades da zona para establecer obxectivos e actividades antes de presentalo ó Fons.
- Deben incluír actividades de sensibilización
asociadas ó proxecto.
- Deben preve-la forma en que se fará o
seguimento e a avaliación.
- Deben estudia-lo impacto ambiental que causará,
o impacto de xénero, os beneficiarios a os que se dirixirá.
Con estes criterios preténdese que o financiamento
sexa unha ferramenta para potenciar procesos de participación ciudadá no Sur. Procesos que tamén
se darán no Norte na medida en que se descentralicen as decisións referentes á cooperación.
Durante 1997 financiaronse 8 proxectos de cooperación,
1 de emerxencia e 1 de inmigrantes.
Área de sensibilización
Desde o Fons promóvese a sensibilización
a través de duas vías: o financiamento de proxectos de sensibilización presentados por diferentes
ONGs e a xestión de actividades propias consensuadas polos socios a partir das liñas de traballo
que se establecen anualmente na Asemblea. Unha das actuacións desta área é a organización
dunha campaña de sensibilización, dirixida tanto ós centros educativos como ás redes
asociativas dos municipios, e na que participan conxuntamente administracións públicas, ONGs e entidades
cidadás.
En 1997 os socios acordaron como tema da campaña
o referendo do Sahara no marco do 50 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos. O motivo desta campaña
estivo presente na festa anual do Fons, na propia revista da asociación, en charlas, etc. Ademais, fíxose
unha campaña de recollida de material, en colaboración co Fons Mallorquí e a Associació
d'Amics e Amigues do Poble Saharauí.
Presión política
Respondendo ó obxectivo da presión
política conxunta, coordinanse diversas campañas de denuncia, como a realizada en 1997 ante a situación
de violencia no Estado de Chiapas.
Convenios
Convenio entre o Fons Menorquí e a Rede
de Bibliotecas de Menorca polo que a rede cede anualmente os libros obsoletos ó Fons Menorquí para
que os poña á venda e os beneficios se destinen a proxectos de cooperación.
Cercant el sud, hem perdut el Nord? (Buscando o Sur, perdemo-lo Norte?)
Anualmente celebranse unhas Xornadas sobre cooperación
descentralizada que parten da posta en común da reflexión feita polos representantes das ONGs e os
concellos a partir do contido das Xornadas anteriores. Os temas tratados en 1997 xiraron arredor da cuestión
"¿Que é ser solidario? Revisión dos nosos obxectivos". Os relatorios dos invitados
serviron para programar as liñas de acción conxunta para 1998.
Cooperación interinstitucional
Na mesma liña organizanse xornadas de formación
específicas para as ONGs o as institucións públicas. En 1997, diversos membros da Confederación
participaron nestas xornadas para explicar a tódolos concellos de Menorca os obxectivos e actividades da
cooperación descentralizada.
Área de difusión
- Quincenalmente: rincón do Fons Menorquí
no Diari de Menorca i Cap Ponent. Enviase a tódalas revistas locais e emisoras de radio.
- Mensualmente: folla informativa para os socios
do Fons.
- Anualmente: revista.
- Programas puntuais na TV autonómica.
- Publicación dun dossier onde se resumen
os debates e xornadas organizados polo Fons durante o ano.
Socios de Fons Menorquí
Desde a súa creación, o Fons Menorquí
conta co 100% dos municipios da Illa e o 90% das ONGD. Este alto nivel de participación vese confirmado
polo constante aumento do orzamento da entidade.
|
Concellos
|
|
Alaior
Ciutadella
Es Castell
Es Mercadal
Es Migjorn Gran Sant Lluís
Ferreries
Maó |
|
|
Outras institucións
e entidades
|
|
AAA del Poble Saharauí
Apotecaris Solidaris
Ateneu Alternatiu Sa Sínia
Bisbat de Menorca
Cáritas Diocesana de Menorca
Comitè de Solidaritat amb Amèrica Llatina
Consell Insular de Menorca
Delegació Diocesana de Missions
Federació AAVV
GOB
INTERMÓN
Movimentde Renovació Pedagògica
Odontologia Solidaria
PROYDE
STEI |
|
|
Institución protectora
|
|
Govern Balear |
|
|
Socio colaborador
|
|
Creu Roja de Menorca |
|