Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 

Que é? / Datos básicos / Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade Volver


Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació


Presidente Sebasti Cerdà.
Directora Catalina Socíes.
Enderezo General Riera, 113.
Localidade 07010-Palma de Mallorca.
Tel-Fax (34) 971 297053 - 971 203130.
e-mail fmsc@pangea.org


Orixe


O Fons Mallorquí creouse en 1993 co obxectivo de coordina-las axudas das administracións públicas e as entidades privadas de Mallorca ó Terceiro Mundo, coa finalidade de facer máis eficaz a cooperación co Sur.


Obxectivos


  • Xestiona-los fondos económicos entregados ó Consorcio para contribuír ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo e organizar campañas de sensibilización propostas polas ONG, Concellos e outras entidades.
  • Apoia-los esforzos das institucións e entidades de Mallorca para crear un clima de opinión pública favorable a unha nova orde económica internacional.
  • Estimula-la participación cidadá, mediante campañas e informacións adecuadas sobre os proxectos de cooperación co Terceiro Mundo.
  • Colaborar para que sexa unha realidade a aportación mínima do 0,7% del PNB ós países menos desenvolvidos.
  • Promover que as institucións e entidades públicas e privadas mallorquinas colaboren na cooperación e destinen unha porcentaxe que se aproxime ó 0,7%.


O Fons está organizado en dúas áreas de traballo:

1. Xestión e organización: proxectos e outras alternativas de cooperación.

2. Sensibilización e difusión.


Xestión e organización


Na elección dos proxectos teñen prioridade os que tomen en consideración criterios referentes a:

a) Proxectos

  • Deben contribuír a mellora-las condicións de vida dos grupos máis desfavorecidos.
  • Fomenta-la participación dos beneficiarios na concepción, realización, xestión e avaliación do proxecto.
  • Deben ter perspectivas de futuro, no sentido de continuar con responsables locais cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).
  • Deben apoiar ás organizacións de base.
  • As accións productivas deben axudar á constitución de recursos financeiros (fondos de rotación, préstamos, etc.) que poidan utilizarse para outras actividades ou proxectos.
  • Deben presentar obxectivos concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.
  • Deben respectar o medio ambiente.
  • Deben ser promovidos por ONG ou entidades do país beneficiario, que ofrezan a garantía dun equipo responsable.
  • Deben ser, preferentemente, de duración plurianual e deben estar integrados nunha planificación máis ampla.
  • Deben axudar á creación de novas infraestructuras na zona onde se desenvolvan, e/ou á adquisición de bens de equipo, e/ou á creación de microempresas comunitarias, e/ou á formación.
  • Deben ser cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos.


b) ONG solicitantes

  • Deben estar constituídas legalmente e traballar en Mallorca, cun ano de antigüidade.
  • A entidade solicitante actúa en nome dunha entidade do Sur e faise responsable da execución e seguimento do proxecto, entregando ó Fons cada seis meses unha memoria acompañada dunha xustificación económica.
  • A entidade solicitante, do Norte o do Sur, participa na financiamento do proxecto cun porcentaxe do custe que, como mínimo, é do 10%, xa sexa en diñeiro ou en servicios.


Proxectos 1997

Durante 1997 financiáronse 39 proxectos distribuídos xeograficamente da seguinte maneira:

Área xeográfica

Nº Proxectos

%

Asia

6

16,5

Europa

3

6,3

África

7

20,6

Norteamérica (México)

3

5,4

Caribe

4

11,5

Sudamérica

12

33,7

Centroamérica

4

6,0

Dos 39 proxectos, 5 eran de desenvolvemento comunitario, 10 de desenvolvemento económico, 4 de infraestructura, 3 de educación, 2 de capacitación, 8 de equipamento, 1 de medio ambiente e 6 de sanidade.


Axudas de emerxencia

O Fons Mallorquí dispón anualmente dunha partida presupostaria (o 10% do total do orzamento) para actuacións de urxencia orixinadas por causas diversas. Desta maneira os Concellos de Mallorca socios do Fons poden dar unha resposta inmediata ás situacións de urxencia.

Ata agora, estes recursos foron destinados a Liberia, Ghana, Serra Leona, Tanzania, Bosnia, Burundi, Nicaragua e Cuba.


Irmanamentos

O Fons Mallorquí quere participar nos irmanamentos que se establezan cos Concellos socios, para que os acordos supoñan un compromiso de traballo permanente mediante proxectos que proporcionen un sentido real ó irmanamento, abrindo a posibilidade de participación ás ONG do Norte e do Sur que traballan na zona.

Debese garantir que os acordos sexan efectivos e supoñan un compromiso de traballo permanente mediante proxectos que proporcionen un sentido real ó irmanamento.


Convenios de colaboración

  • Medicamentos: O Consell Insular de Mallorca, o Collegi d'Apotecaris, a Cooperativa d'Apotecaris e a ONG Apotecaris Solidaris estableceron un convenio co Fons Mallorquí para financiar o envío de medicamentos ó Sur. Apotecaris Solidaris encargase da recollida e selección dos medicamentos, o Consell Insular faise cargo do proceso de reciclaxe e o Fons Mallorquí custea os gastos de envío do medicamento a países do Terceiro Mundo.

  • Federució d'Entitats Locals de les llles Baleurs (FELIB): Convenio para traballar conxuntamente, recoñecendo ó Fons como instrumento para levar á cabo as accións de cooperación. Pola súa parte, a FELIB adquire o compromiso de recomendar ós Concellos de Mallorca a adhesión ó Fons e difundi-la súa labor.

  • Bombeiros: Convenio entre o Consell Insular de Mallorca, a ONG Bombers sense Fronteres e o Fons co obxectivo de que o material de bombeiros que xa non cumpre a normativa, pero que se atopa en bo estado, sexa destinado ós países do Terceiro Mundo.

  • Caixa de Balears “Sa Nostra”: Convenio que supón a aportación ó Fons Mallorquí do 0,7% do presuposto da Obra Social e Cultural de Sa Nostra, para destinar a proxectos de cooperación. Este convenio é unha primeira experiencia de colaboración con entidades privadas.

  • Universitat de les Illes Balears: Convenio entre o Fons e a UIB para traballar conxuntamente en cooperación e dar apoio ó Centro de Formación para a Cooperación.


Campañas específicas

  • Caravana ó Sahara. En 1997 e 1998, o Fons Mallorquí, coa colaboración da Associació d'Amics del Poble Sahraui de les Illes, organizou as caravanas de axuda ó Sahara, enviando vehículos novos e usados, toneladas de alimentos e medicinas, como mostra de solidariedade do pobo de Mallorca co pobo saharauí.

  • Participaron case tódolos concellos da illa e numerosas entidades cívicas, así como milleiros de cidadáns solidarios coa causa saharauí.

  • Viaxe ós campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf (Argelia). Organizado polo Fons Mallorquí e a Associació d'Amics del Poble Saharaui de les Illes. Participaron representantes de institucións de Mallorca, Menorca e Ibiza, así como outras persoas solidarias. Puídose ve-lo traballo realizado co financiamento dos Concellos socios do Fons.

  • Campaña pola Paz na zona dos Grandes Lagos. O Fons, xunto a varias ONG, fixose eco da grave situación da zona a través de conferencias. Promoveronse concentracións cidadás e recollida de recursos económicos para a compra de axuda humanitaria para os campos de refuxiados de Kigoma (Tanzania) e o envío de medicamentos.


Área de sensibilización


  • Coloquios sobre cooperación nos diferentes pobos da illa e na capital.
  • Ofrecese unha actividade ós concellos que consiste na exposición de proxectos e coloquios trimestrais a cargo do Fons Mallorquí e dunha ONG diferente en cada coloquio que explica en que consiste o seu traballo. Trabállase desde a interrelación entre o concello, os grupos sociais do pobo e as escolas.
  • Publicación dun boletín informativo do Fons Mallorquí, de periodicidade trimestral, iniciado durante 1998, para dar a coñecer as actividades de solidariedade e cooperación que se desenvolven en Mallorca, desde o Fons e desde o Centro de Formación.


Centro de Formación para a Cooperación

Creado polo Fons Mallorquí conxuntamente con 25 ONGs de Mallorca como espacio de colaboración entre as ONGs e o Fons, para desenvolver iniciativas das entidades locais, representadas polo Fons, e da sociedade civil, representadas por as ONGs, coa finalidade de ampliar o impacto social de valores como a paz, a solidariedade e o respecto ós dereitos humanos. Traballase en tres eixes: formación, sensibilización e documentación.


Socios de Fons Menorquí


O Fons Mallorquí ten 49 socios, dos que 46 corresponden a municipios da illa integrados dentro do Fons (o 86,79% do total de concellos de Mallorca).

Concellos

  Alaró
Alchdia
Algaida
Ariany
Attà
Banyalbufar
Binissalem
Búger
Bunyola
Calvià
Campanet
Capdepera
Cardassar
Consell
Costitx
Deià
Escorca
Esporles
Estellencs
Felanitx
Fornalutx
Inca
Lloret de Vistalegre
Llubí
Llucmajor
Loseta
Mancar da Vall
Maria da Salut
Marratxí
Muro
Palma
Petra
Pollenca
Puigpunyent
Sa Pobla
Sant Llorenc des
Santa Eugènia
Santa Margalida
Santa Maria del Camí
Santanyí
Selva
Sencelles
Ses Salines
Sineu
Sóller
Son Servera
Villafranca de Bonany

Outras institucións
e entidades

  Consell Insular de Mallorca
Justícia i Pau de Mallorca
Universitat de les Illes Balears

Socios
colaboradores

  Área de Paui Solidaritat d'Esquerra Unida
Col.legi Oficial de Psicòlegs de Balears
Fundación s'olivar d'Estellencs
GOB (Grup Balear d'ornitologia i Defensa de la Naturalesa)
Govern Balear
Obra Cultural Balear
PSM-Nacionalistes de Mallorca

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2001
Fernando Pol


Subir