|
Que é? / Datos básicos / Confederación
de Fondos de Cooperación e Solidariedade
Fons Català de Cooperació al Desenvolupament
| Presidente |
Joan Aguado. |
| Directora |
Núria Camps. |
| Enderezo |
Portaferrissa, 13 bis. Entresol 1ª. |
| Localidade |
08002-Barcelona. |
| Tel-Fax |
(34) 93 4122602 - 93 3019088. |
| e-mail |
fonscat@pangea.org |
Orixe
A principios dos anos 80, un grupo de entidades
impulsaron unha campaña cidadá de recollida de sinaturas para solicitar que o Goberno Español
cumprira a recomendación de Nacións Unidas de destinar o 0,7% do PIB á cooperación
ó desenvolvemento. A raíz desta campaña, xurdiu a idea de que a administración catalana
tamén debía facer unha aportación específica nese sentido.
O Fons Català naceu en xullo de 1986 coa
vontade de ser un organismo de carácter mixto, no que puideran confluír todas as institucións
públicas (Concellos, consellos comarcais, deputacións e Generalitat) e as entidades cidadás
(asociacións, colectivos e empresas máis sensibles a esta problemática), para contribuír
dende o ámbito catalán ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo, mediante a constitución
e xestión dun fondo económico.
Obxectivos
- Administrar e xestiona-los fondos económicos
entregados á asociación para proxectos de axuda ó Terceiro Mundo.
- Promover unha cooperación descentralizada
que incida no desenvolvemento integral de persoas e comunidades do Sur e na prevención de conflictos, aportando
solucións de base ás sociedades afectadas co fin de evitar que se chegue a situacións de emerxencia.
- Crear un clima de opinión favorable á
promoción dunha nova orde económica internacional.
- Estimula-la participación cidadá
mediante campañas informativas adecuadas.
- Promove-lo compromiso político e ético
co Sur con mocións de defensa dos Dereitos Humanos e os dereitos dos pobos.
- Colaborar para conseguir que a aportación
mínima do 0,7% do PNB ós países do Terceiro Mundo sexa unha realidade.
Prioridades
Co obxectivo de conseguir unha certa especialización
e priorizar accións, o Fons Català dotouse dun marco temático e xeográfico prioritario
enmarcado nunhas liñas estratéxicas de traballo, que foron debatidas e asumidas no seo da Asemblea
de Socios.
a) Marco temático
- Municipalismo, poder local e descentralización
- Desenvolvemento humano e sostible
- Inmigración e desenvolvemento
- Dereitos humanos e dereitos dos pobos
b) Marco xeográfico
Prioridades: Centroamérica e o Caribe.
Contidos: Formación, educación e fortalecemento da democracia a partir dun
desenvolvemento máis participativo do poder local.
Para recupera-la dimensión mediterránea
de Cataluña, o Estado español e a Unión Europea, deseñouse unha estratexia de cooperación
que integra uns programas a desenvolver entre 1997 e o ano 2000 co obxectivo de potenciar: a participación
cidadá asociativa, o intercambio cultural e a recuperación dunha identidade mediterránea,
a protección do medio ambiente e o equilibrio ecolóxico, e a creación dun fórum de
Municipios Mediterráneos pola Paz mediadores nos conflictos mediterráneos.
(facendo especial fincapé na colaboración
co Magreb)
Obxectivos:
- Abrir espacios á relación con colectivos de inmigrantes a nivel local.
- Denunciar para previr conflictos.
- Facer un seguimento do proceso emerxente de desenvolvemento municipal
Soamente se contemplan actuacións en zonas
de conflictos bélicos recentes, como son os Balcáns e Chechenia. Apoianse accións que impulsen
a reconstrucción posbélica e fomenten a reconciliación nacional.
Área de cooperación ó desenvolvemento
Os proxectos que se xestionan son presentados
por ONGs, concellos, entidades catalanas e organizacións de base dos países do Terceiro Mundo. Ademais
de responder ás prioridades antes mencionadas deben incluí-los seguintes principios:
- Implicación dos beneficiarios na concepción
e realización dos proxectos, respectando a súa identidade histórica e cultural e aproveitando
os seus recursos materiais, humanos e técnicos co fin de contribuír á autoxestión e
á autosuficiencia.
- As accións deben promover un desenvolvemento
autosostible e mellora-lo medio ambiente.
- Deben impulsa-los dereitos humanos e profundar
nos valores da democracia.
- Priorizanse os proxectos destinados a sectores
dobremente oprimidos, coma os nenos, as mulleres e outros.
Oficina de seguimento en Centroamérica
Durante 1997 abriúse unha Oficina de Seguimento
de proxectos en Managua (Nicaragua) xunto con Euskal Fondoa e o Fons Mallorquí. Esta oficina permite seguir
proxectos das áreas de Centroamérica, Caribe e México.
Os sectores de cooperación que se están
atendendo nestes proxectos son: educación, sanidade, infraestructura, desenvolvemento económico,
comunitario, cultural e municipalista, así como protección do medio ambiente e dereitos humanos.
Proxectos de Fons Català en Centroamérica,
Caribe e México
| Cuba |
18
|
| Guatemala |
8
|
| Haití |
3
|
| México |
10
|
| Nicaragua |
35
|
| República Dominicana |
3
|
| El Salvador |
11
|
| TOTAL |
88
|
Distribución de proxectos financiados en
1986/98 por áreas xeográficas
| Área xeográfica |
Nº Proxectos
|
%
|
| Cataluña (sensibilización e educación) |
59
|
13,30
|
| Sudamérica |
95
|
21,40
|
| Caribe |
30
|
6,75
|
| Europa |
9
|
2,03
|
| África |
73
|
16,40
|
| Asia |
15
|
3,38
|
| Centroamérica |
146
|
32,90
|
| Norteamérica |
17
|
3,82
|
| TOTAL |
444
|
100,00 |
Área de sensibilización / Campañas
Co fin de que os proxectos sirvan para sensibilizar
á poboación do Norte e fomenten a participación dos cidadáns en temas de cooperación,
apoiase a realización de traballos de sensibilización en temas como a campaña do 0,7%, o comercio
xusto ou o diálogo intercultural para previr o racismo. Tamén se promoven proxectos que tenden a
favorecer unha educación ó desenvolvemento e os que contemplan a participación de colectivos
de inmigrantes estranxeiros.
Campañas específicas
Conxuntamente desde a Federació de Municipis
de Catalunya e o Fons Catalá fíxose o inventario e envío de material de oficina e escolar,
medicamentos, etc. para o Concello de Malabo (Guinea).
- Caravanas Catalanas pola Paz no Sahara Occidental
Durante tres anos consecutivos (1996,1997,1998)
coordinaronse dende o Fons estas campañas de axuda ó pobo saharauí. As dúas primeiras
caravanas recolleron toneladas de material de hixiene persoal e equipamento sanitario para o Hospital Materno-Infantil
Catalunya. A Caravana de 1998 recolleu recursos económicos para a compra e envío de vehículos
todo terreo.
A masiva participación conxunta de institucións
e entidades fixeron destas campañas das máis participativas de Cataluña.
- Campaña pola Paz nos Grandes Lagos
Despois de analizar en profundidade diferentes
propostas de organizacións e entidades que estaban presentes na zona, a opción que se considerou
máis axeitada foi:
Proxecto de emerxencia
- Envío de axuda humanitaria
Material enviado ó campo de refuxiados
burundeses de Kigoma (Noroeste de Tanzania)
- Vivendas para familias desprazadas á
Comuna de Gicomero
Construcción de vivendas para ruandeses
na zona de Kigala (Ruanda).
Nesta campaña participaron moitos Concellos,
no soamente aprobando mocións senón tamén convocando mobilizacións cidadás.
Socios de Fons Català
Como mostra a táboa, a evolución
do número de socios ó longo destes anos de historia sempre foi crecente.
| Ano |
Nº socios
|
|
Ano |
Nº socios
|
|
Ano |
Nº socios
|
| 1986 |
30
|
1991 |
70
|
1996 |
177
|
| 1987 |
41
|
1992 |
88
|
1997 |
192
|
| 1988 |
52
|
1993 |
103
|
1998 |
201
|
| 1989 |
57
|
1994 |
109
|
|
|
| 1990 |
60
|
1995 |
143
|
|
|
Dos 192 socios contabilizados en decembro de 1997,
172 son concellos, 7 son outras institucións (consellos comarcais, deputacións, etc.) e 13 son entidades.
Estes 172 Concellos representan un 18,4% dos consistorios cataláns, 932 en total.
|
Concellos
|
|
Abrera
Alella
Alpens
Anglès
Arbúcies
Arenys de Mar
Arenys de Munt
Argentona
Badalona
Badia del Valles
Banyeres del Penedès
Banyoles
Barbera delvalles
Begur
Berga
Besalú
Blanes
Caldes de Malavella
Caldes de Montbui
Caldes d'Estrac
Calella
Cambrils
Campdevànol
Camprodon
Canetde Mar
Canovelles
Cardedeu
Castellar delvalles
Castellbisbal
Castelldefels
Castellfollit dela Roca
Castell-Platja d'Aro
Celrà
Cercs
Cerdanyola del Valles
Deltebre
El Masnou
El Molar
El Pla de Santa Maria
El Prat de Llobregat
El Vendrell
Esplugues de Llobregat
Esterri de Cardós
Figueres
Flaca
Flix
Fortià
Girona
Granollers
Guardiola de Berguedà
Igualada
La Bisbald'Empordà
La Cellera de Ter
La Garriga
La Masó
La Pobla de Segur
La Roca del Vallès
La Sénia
La Seu d'Urgell
L'Ametlla del Valles
L'Arboc
Les Borges Blanques
Les Cabanyes
Les Franqueses delvalles
Les Losses
Les Masies de Voltregà
Les Planes d'Hostoles
Les Preses
L'Escala
L'Hospitalet de Llobregat
Llagostera
Llavorsí
Lleida
Lliçà d'Amunt
Lloret de Mar
Malgrat de Mar
Manlleu
Manresa
Martorell
Massanes
Matadepera
Mataró
Mediona
Molins de Rei
Mollet del Valles
Monjos
Montblanc
Montcadai Reixac
Montmeló
Mont-ras
Navarcles
Olot
Palafolls
Palafrugell
Palau de Plegamans
Palautordera
Pallejà
Parets de Valles
Polinyà
Premia de Dalt
Premia de Mar
Reus
Ribes de Freser
Riells i Viabrea
Ripoll
Ripollet
Riudarenes
Roda de Ter
Roquetes
Roses
Rubí
Sabadell
Salt
Sant Adrià de Besòs
Sant Agustí de LluCanès
Sant Andreu de Llavaneres
Sant Boi de Llobregat
Sant Cebrià de Vallalta
Sant Celoni
Sant Cugat del Vallès
Sant Esteve de Palautordera
Sant Feliu de Guíxols
Sant Feliu de Llobregat
Sant Feliu de Pallerols
Sant Gregori
Sant Iscle de Vallalta
Sant Joan de les Abadesses
Sant Joan les Fonts
Sant Just Desvern
Sant Llorenc d'Hortons
Sant Llorenc Savall
Sant Mateu de Bages
Sant Pere de Ribes
Sant Polde Mar
Sant Quirze del Vallès
Sant Sadurní d'Anoia
Sant Vicenc de Castellet
Sant Vicenc de Montalt
Sant Vicenq dels Horts
Santa Coloma de Farners
Santa Coloma de Gramenet
Santa Margarida de Montbui
Santa Margaridaiels
Santa Maria de
Santa Maria de Cortó
Santa Maria d'Oló
Santa Perpètua de Mogoda
Sarrià de Ter
Sentmenat
Sitges
Súria
Tagamanent
Tarragona
Terrassa
Tona
Tordera
Torelló
Torredembarra
Torrelles de Llobregat
Torres deSegre
Torroella de Montgrí
Tortosa
Tossa de Mar
Ulldecona
Vallfogona de Ripollès
Vallromanes
Valls
Vandellòs
Vic
Vidreres
Viladecans
Vilafant
Vilafranca del Penedès
Vilajuïga
Vilanova del Camí
Vilanova i la Geltrú
Vilassar de Mar |
|
Outras institucións
e entidades
|
|
Associació d'Amics de la Cultura de Lloret de Mar
Chitas Diocesana de Girona
CIEMEN
Comitè d'0sona de Solidaritat amb Nicaragua i Centramèrica
Comitès Oscar Romero de Catalunya
Consell Comarcal de l'Alt Camp
Consell Comarcal del Garraf
Consell Comarcal del Vallès Occidental
Consell Comarcal del Vallès Oriental
Cooperativa Abacus
Diputació de Barcelona
Diputació de Girona
Federació d'Associacions de Pares d'Alumnes de Catalunya
Federació Sindical de l'administració pública de CC OO
Fundació Servei Gironí de Pedagogia Social
Grup Gicapla, S.A.
Justícia i Pau de Barcelona
Justícia i Pau de Girona
Justícia i Pau de Tarragona
Mancomunitat de Municipis de l'hea Metropolitana de Barcelona |
|
Convenios de
colaboración
|
|
Agencia Española de Cooperación Internacional-AECI
Associació Catalana de Municipis
Federació de Municipis de Catalunya
Programa CUD/Unión Europea
Programa PRODERE/Naciones Unidas |
|
Institución protectora
|
|
Generalitat de Catalunya |
|