|
Que é? / Datos básicos / Confederación
de Fondos de Cooperación e Solidariedade
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
| Presidente |
Alfredo Novoa. |
| Director |
Xulio Ríos Paredes. |
| Enderezo |
Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB. |
| Localidade |
36300 Baiona (Pontevedra). |
| Tel-Fax |
(34) 986 357238. |
| e-mail |
igadi@arrakis.es |
Orixe
Dos Fondos que integran a Confederación,
o Fondo Galego é o de máis recente creación. Naceu en decembro de 1997. Atopase no seu período
inicial, que chegará ó seu fin coa celebración das eleccións municipais de 1999. O
proceso de xestación iniciouse a instancias do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación
Internacional), unha asociación sen ánimo de lucro que realiza a súa actividade entre outros
campos no da cooperación internacional, mediante unha convocatoria aberta realizada o día 30 de novembro
de 1996 e que contou co apoio da FEMP, da FEGAMP,
do Centro de Información de Nacións Unidas en Madrid, dos Concellos de Nigrán e de Oleiros
e da Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia, asi como coa participación
de numerosas ONGs e técnicos municipais. Dende o primeiro momento, a Confederación de Fondos apoiou
eficaz e xenerosamente esta etapa constituinte.
Obxectivos
- Inicia-lo financiamento de programas concretos
de cooperación.
- Promover campañas de sensibilización
social.
- Desenvolver unha actuación permanente
de sensibilización institucional para a captación de socios.
Organización interna
Ó ser 1997 o ano da súa constitución,
o Fondo Galego atópase nun período de organización, polo que as actividades tiveron proxección
fundamentalmente interna: reunións de traballo, rexistros administrativos, etc.
Área de Xestión
Habilitaronse as estructuras internas e elementais
co obxectivo de funcionar como Fondo, tanto a nivel humano (Secretarías) como en materia de actuacións.
Neste sentido cómpre destacar a primeira convocatoria de financiamento de proxectos e a creación
do Consello Municipalista da Cooperación, de naturaleza consultiva, para canalizar a participación
das ONGs.
Área de Sensibilización
Solidariedade?
A Fondo
Exposición itinerante para promove-la sensibilización da cidadanía e dar a coñecer
a identidade, naturaleza e obxectivos do Fondo. Inclúe a programación de actividades complementarias.
Igualmente conta cunha sección propia en
“Territorios”, revista mensual editada pola FEGAMP
(Federación Galega de Municipios e Provincias).
Retos de futuro
- Conseguir unha ampla representatividade, en termos
de presencia cuantitativa e cualitativa, de tódolos partidos políticos con presencia no municipalismo.
- Influír de maneira eficaz e non testemuñal
no campo da solidariedade e da cooperación a través dun ambicioso orzamento no que teñan cabida
as expectativas das ONG e da sociedade galega en xeral.
- A posta en marcha de proxectos propios.
Socios do Fondo Galego
A novembro de 1988, os municipios integrados no
Fondo Galego superan o 10% do conxunto das entidades locais, abarcando máis do 33% da poboación total
de Galicia. A pluralidade e a diversidade a todos os niveis (territorial, política, demográfica,
etc) son as notas características do compromiso municipalista co Fondo Galego.
|
Concellos
|
|
A Cañiza |
| |
A Coruña |
| |
A Póboa do Caramiñal |
| |
Allariz |
| |
Ares |
| |
Arteixo |
| |
Baiona |
| |
Brión |
| |
Cangas do Morrazo |
| |
Corcubión |
| |
Culleredo |
| |
Fene |
| |
Gondomar |
| |
Lousame |
| |
Moaña |
| |
Mondoñedo |
| |
Montederramo |
| |
Mugardos |
| |
Narón |
| |
Neda |
| |
Nigrán |
| |
O Irixo |
| |
O Valadouro |
| |
Oleiros |
| |
Ourense |
| |
Pontedeume |
| |
Porto do Son |
| |
Quiroga |
| |
Samos |
| |
Vigo |
| |
Vilar de Santos |
|
|
Outras institucións
e entidades
|
|
Deputación de Pontevedra
IGADI (Instituto Galego de Análise
e Documentación Internacional) |
|