|
Que é? / Datos básicos / Confederación
de Fondos de Cooperación e Solidariedade
Euskal Fondoa
| Presidente |
José Ángel Cuerda. |
| Director |
Juan Manuel Balerdi. |
| Enderezo |
Goikoa Jauregia Ijentea, 6. |
| Localidade |
20003-Donostia/San Sebastián. |
| Tel-Fax |
(34) 943 428508 - 943 429385. |
| e-mail |
euskalfond@euskalnet.net |
Orixe
Os seus primeiros promotores formalizaron este
organismo como unha fundación privada co nome de Fondo Vasco de Cooperación con Centroamérica
en 1988. O propósito era establecer un fondo para a realización de proxectos de desenvolvemento con
diversas aportacións, entre as que figuraron as dunha serie de Concellos. A ampliación da área
xeográfica e a confirmación da súa vocación municipalista marcaron as primeiras pautas
de evolución, pasando a configurar un organismo mixto -Fundación e ONGD-. Durante 1994 e 1995 levouse
a cabo un debate que conduciu á readecuación de Euskal Fondoa e ó cambio de réxime
xurídico, superando o seu carácter mixto e priorizando definitivamente a vocación municipalista
no campo da Cooperación Internacional ó Desenvolvemento. Así, en 1996 constitúese a
actual Asociación de Entidades Locais Vascas Cooperantes -Euskal Fondoa.
Obxectivos e áreas de actuación
Son varios os obxectivos xerais: lograr unha cooperación
local máis eficiente, apoiar e orientar ás corporacións que se acaban de incorporar á
cooperación, e lograr un recoñecemento da asociación por outras institucións e entidades.
Todo iso traducese en tres obxectivos, coas suas correspondentes áreas de actuación, moito máis
concretas:
1. Fomento da Cooperación ó
Desenvolvemento
Sendo a potenciación e canalización
da Cooperación ó Desenvolvemento de base local a
fundamental razón de ser de Euskal Fondoa, a maior parte dos seus esforzos están dirixidos
cara ese obxectivo. Son os seguintes:
- Ofrecer un sistema de asesoría a corporacións
locais na que se lles informa con respecto ás vertentes política, económica e técnica
da actuación cooperante.
- Conseguir unha homoxeneización das bases
das convocatorias locais.
- Desenvolver proxectos intermunicipalistas. Unha
das maiores virtualidades das asociacións é a súa capacidade para a posta en común
da xestión e cofinanciamento de proxectos. Con ese enfoque concretase unha carteira de proxectos a abordar
por varias entidades locais e preve-la captación dos cofinanciamentos necesarios. Este tipo de plans posibilita
a definición de programas de carácter amplo coma os xa existentes do Sahara e Centroamérica.
- O labor de formación dirixida a responsables
políticos e técnicos da cooperación en cada entidade a través de seminarios de formación,
sesións de traballo e intercambio de experiencias monográficas, encontros con representantes de institucións
locais e organizacións sociais do Sur.
2. Sensibilización cidadá
Sendo os Concellos as institucións máis
próximas á poboación, considerase que aqueles, en colaboración coa Coordinadora de
ONGD e comités de solidariedade, son capaces de crear espacios idóneos para a realización
de importantes campañas de información, de denuncia ante a vulneración de DDHH, de intercambio
intercultural e de participación cidadá en tarefas de sensibilización.
Dende a Asociación véñense
promovendo ou apoiando distintas iniciativas divulgativas a través de diferentes soportes editoriais, audiovisuais,
... que tratan de difundir os principios da cooperación solidaria entre os cidadáns vascos.
En resume, a meta que persigue esta Asociación é lograr SENSIBILIZAR á cidadanía sobre
as causas e consecuencias da situación de abismal desigualdade entre os pobos e transmiti-la necesidade
de COOPERAR no establecemento dunha nova orde mundial máis xusta e solidaria.
3. Coordinación interinstitucional
A opción por unha fórmula asociativa
pretende establecer e fomentar relacións de coordinación e colaboración entre institucións
cooperantes de ámbito vasco, estatal e internacional para o desenvolvemento de accións conxuntas
en materia de cooperación ó desenvolvemento e sensibilización. Eventualmente, tamén
para intervencións en axuda de emerxencia ou en axuda humanitaria.
Xestión de proxectos
A reestructuración de Euskal Fondoa, o
aumento dos seus membros integrantes, o incremento do seu presuposto, ... impuxeron que a Asociación debe
precisar todo o apartado fundamental da recepción e selección de proxectos e a labor clave da xestión
e seguimento dos mesmos.
As propostas que chegan pasan unha fase de tramitación, na que se efectúa un estudio previo, valorando
a Oficina Técnica de Euskal Fondoa o seu descarte, a súa derivación cara a outras institucións
ou ONG, ou a súa elevación ós órganos de goberno aconsellando o tipo de respaldo que
se cree adecuado e a modalidade de xestión (parcial ou completa). Segundo a súa decisión asinase
o correspondente convenio coa contraparte.
Para a recepción dos proxectos decidíuse
que os propoñentes poidan ser:
- En Euskadi: entidades membros da Asociación.
- Desde o ámbito estatal ou europeo: fondos
de cooperación, institucións locais europeas ou institucións de cooperación descentralizada.
- Desde os países do Sur: institucións
locais, asociacións e ONG do Sur.
Estas disposicións baséanse en razóns
prácticas, tratando de evitar unha chegada masiva e indiscriminada de proxectos, e propiciar unha preselección
en consonancia coa fiosofía de Euskal Fondoa.
Os criterios barallados para a xestión
completa son: avaliación positiva de preestudio técnico de viabilidade: interese dos actores implicados
(relacións bilaterais consolidadas, participación de institucións locais do Sur,...); existencia
de programas-proxectos centrados no desenvolvemento local (no ámbito de directa implicación das entidades
locais como tratamento de residuos, urbanismo, ordenación territorial, servicios sociais locais, medio ambiente,
desenvolvemento económico...); programas municipalistas formulados no marco de procesos democratizadores,
de descentralización administrativa, capacitación de dirixentes locais, etc.; prioridades xeográficas
(Centroamérica, Caribe e Sahara); e posibilidades de seguimento e control directo dos proxectos a executar.
Neste sentido, é de destacar a importancia da nosa presencia en Centroamérica a través da
Oficina de Seguimento de proxectos, xunto ó Fons Catalá e o Fons Mallorquí.
Funcionamento
A Asemblea Xeral é o órgano supremo
de Euskal Fondoa; está constituída por tódolos representantes das mesmas que a integren e
pode ser de carácter ordinario e extraordinario.
A xestión ordinaria da Asociación
corre a cargo da Xunta Directiva, encargada de dirixir e administrar a asociación dacordo ás directrices
da Asemblea e baixo o seu control. Esta formada por os cargos de Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro
e de 9 vocais.
A Xunta Directiva conformase seguindo criterios
demográficos, territoriais e políticos representativos da pluralidade do conxunto de entidades locais
vascas.
Socios de Euskal Fondoa
Evolución da Asociación en nº
de socios:
| Ano |
|
Nº socios |
| 1994 |
28 entidades locais |
| 1995 |
33 entidades locais |
| 1996 |
44 entidades locais |
| 1997 |
55 entidades locais |
| 1998 |
|
58 entidades locais |
57 membros pertencen á Comunidade Autónoma
Vasca (22,6% dos municipios, representando a máis do 80% da poboación da CAV). Inclúense as
tres capitais dos territorios históricos e unha Deputación Foral (Álava).
1 membro da Comunidade Foral de Navarra
|
Concellos
|
|
Abadiño
Adunha
Aia
Aiara
Alegria-Dulantzi
Altzo
Amurrio
Anoeta
Arrasate
Arrazua-Ubarrundia
Asteasu
Baños-Mainueta
Barrundia
Berriz
Bilbao
Billabona
Donostia-San Sebastián
Elburgo
Elvillar
Erandio
Ermua
Galdakao
Gatika
Güeñes
Hernani
Hernialde
Hondarribi
Ibarra
Ikaztegieta
Irun
Irura
Iruraiz-Gaunha
Lantaron
Lasarte-Oria
Leitza
Lezo
Lizartza
Oiartzun
Ordizia
Orexa
Pasaia
Renteria
Trapagaran
Usurbil
Vitoria-Gasteiz
Zaldibar
Zaldibia
Zigoitia
Zizurkil |
|
|
Xuntas
administrativas
|
|
Antoñana
Diputación Foral de Álava
Eosu
Izarra
Manzanos
Maturana
Mendiola
Onraita
Troconiz |
|