|
Que é? / Datos básicos
Bando
Faise saber a todos os vecños que
este Concello decidiu participar no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Este Fondo naceu como unha
asociación voluntaria de municipios para xuntar e coordinar as políticas de cooperación dos
concellos e as deputacións. Como se sabe, unha cuarta parte da poboación mundial vive na pobreza,
en tanto que a economía move 25 billóns de dólares. Un escándalo semellante ten mobilizado
en todo o mundo a millóns de persoas que desexan facer algo para remediar esta inxustiza.
A solidariedade exténdese como un rego
por todas partes: son miles as organizacións de voluntarios e grupos privados que loitan contra a pobreza,
as guerras ou a discriminación. É nese marco de solidariedade no que se inscribe a nosa participación.
Somos conscientes de que deste xeito non só
loitaremos contra a inxustiza cometida con moitos seres humanos inocentes e indefensos, senón que axudaremos
tamén a afondar na nosa democracia, pois nesta tarefa coincidiremos todos, máis alá da color
política de cada un de nós. O noso municipio, polo tanto, quere reafirmarse como un espacio de solidariedade
cos demais e de convivencia democrática entre todos.
A ........ de .................... de ........
O/A alcalde/esa.
O texto deste Bando foi redactado por Carlos
Casares,
presidente do Consello da Cultura Galega.
|