|
Documentación / Convenios
Convenio de colaboración FEGAMP-Fondo Galego
Acordo de colaboración entre a Federación
Galega de Municipios e Provincias e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Reunidos en Santiago de Compostela, a 8 de xaneiro de 1998.
Dunha banda, Julio Álvarez Núñez,
presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, e doutra, Alfredo Novoa Gil, presidente do Fondo
Galego de Cooperación e Solidariedade,
MANIFESTAN
Primeiro. Que a Federación Galega de Municipios
e Provincias (FEGAMP) está interesada en contribuir, na medida das súas
posibilidades, ó desenvolvemento de accións de cooperación e solidariedade internacional.
Segundo. Que ambas partes constatan un aumento
da vontade de cooperación dos Concellos e Deputacións de Galicia, como expresión institucional
dunha maior conciencia e sensibilidade social respecto dos países menos favorecidos.
Terceiro. Que o Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade presente sumar esforzos das entidades locais da nosa Comunidade Autónoma para contribuir
ó desenvolvemento de accións de cooperación e solidariedade que contribúan á
erradicación da pobreza no mundo e a eliminación das desigualdades.
Cuarto. Que a FEGAMP considera positivo e necesario
complementar os esforzos que tradicionalmente veñen desenvolvendo algúns Concellos e Deputacións
de Galicia vertebrando unha opción ampla, plural e democrática que posibilite a colaboración
de todas as entidades locais galegas con independencia do seu tamaño e posibilidades orzamentarias.
En consecuencia, ACORDAN:
1. A FEGAMP recomenda ós Concellos e Deputacións
de Galicia a súa adhesión ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
2. A FEGAMP, na medida das súas posibilidades
e tal como xa fixo durante o proceso constituinte, brinda ó Fondo Galego todo o seu apoio, material e técnico,
a esta iniciativa.
3. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
informará puntualmente á FEGAMP dos seus acordos e actividades, establecendo unha liña de
comunicación directa e fluida e comprométese a facilitar á FEGAMP o asesoramento necesario.
4. A FEGAMP e o Fondo Galego coordinaranse para
desenvolver as iniciativas de cooperación e solidariedade internacional que poidan interesar ós municipios
e provincias galegas e a ambas institucións.
|
O PRESIDENTE DA FEGAMP
|
O PRESIDENTE DO FONDO GALEGO
|
|
Julio Alvarez Núñez
|
Alfredo Novoa Gil
|
|