A Comisión
Avaliadora analizou os 82 proxectos presentados este ano
Proxectos de tres continentes optan ás axudas
do Fondo Galego
Reuníuse en Baiona a Comisión do Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade encargada de avaliar os proxectos presentados á convocatoria de axudas
á cooperación aberta este ano polo Fondo Galego. En total, a Comisión analizou 82 proxectos de entidades presentes en América
do Sur e Central, o Caribe, África e Asia.
O pasado ano, o Fondo Galego concedeu axudas a 20 proxectos
de desenvolvemento, cun investimento total de 530.135€. Para este ano, o orzamento estimado
acada os 787.682€.
Antes de tomar unha decisión definitiva sobre a adxudicación
das axudas, que serán anunciadas o vindeiro mes de setembro, a comisión avaliadora terá que
revisar aspectos como a capacidade operativa e financieira da entidade que solicita a axuda, a relevancia do proxecto
con respecto ás necesidades da comunidade e do país de implantación ou a viabilidade futura
dos proxectos. Con este tipo de convocatorias, o Fondo Galego tenta avanzar na consecución dos coñecidos
como Obxectivos do Milenio, unha iniciativa de Nacións Unidas que busca, entre outros aspectos,
reducir á metade o nivel da pobreza de aquí ao ano 2015.
A través deste tipo de convocatorias, o Fondo Galego
quere que sexan as entidades propias dos países en vías de desenvolvemento as que definan o programa
de desenvolvemento máis axeitado ás características das súas comunidades, e que evite
un modelo de desenvolvemento imposto desde os países ricos.
O Fondo
Galego de Cooperación e Solidariedade é
a axencia municipalista da cooperación, na que están representados 96 concellos de Galicia,
xunto coas deputacións provinciais
de A Coruña, Pontevedra e Ourense. Entre as súas
funcións está a de coordenar as axudas á cooperación e ao desenvolvemento que proceden
dos gobernos locais e provinciais.
A Comisión Avaliadora está composta por representantes
das Deputacións Provinciais de A Coruña e Pontevedra, así como dos concellos de Arteixo, Culleredo,
Oleiros, Vigo, Neda e Baiona. Por parte do IGADI, sobre o que recae a Secretaría Técnica do Fondo,
acudiron á xunanza Iria Alonso e María Gómez, encargadas de elaborar e presentar diante da
Comisión o informe preliminar sobre as propostas.
Agora, este comité avaliador será quen eleve unha
proposta definitiva para a adxudicación das axudas, proposta que deberá de ser refrendada pola Comisión
Executiva do Fondo e pola Asemblea Xeral dos Socios nunha xuntanza que terá lugar previsiblemente no vindeiro
mes de setembro.
O Fondo Galego participa
nunha misión de Nacións Unidas
a Sri Lanka
Representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
participan entre o 25 e o 30 de xuño nunha misión técnica de Nacións Unidas a Sri Lanka,
co obxectivo de coñecer de primeira man o estado das redes locais de desenvolvemento e tomar contacto con
axentes locais de desenvolvemento.
Por parte do Fondo acoden a este encontro, que está promovido
pola Axencia de Nacións Unidas
para o Desenvolvemento (UNDP) dentro do seu programa
de apoio e artellamento de redes territorais locais coñecido como ART Gold, Alfredo Novoa,
presidente do Fondo, e Lara Barros, responsable de sensibilización.
A misión, na que ademais dos representantes do Fondo
Galego participan enviados e enviadas de outras axencias de cooperación descentralizada do Estado e da Unión
Europea, servirá para recoller datos técnicos fundamentais para a elaboración de futuros proxectos
de cooperación en áreas prioritarias, como poden ser o tratamento de residuos sólidos, o desenvolvemento
comunitario ou a xestión local dos servizos sociais.
Tras unha primeira toma de contacto con interlocutores locais
na capital do país, Colombo, @s representantes da axencia municipalista galega da cooperación vanse
desprazar á provincia sur do país a fin de avaliar a efectividade dos programas de axudas, comprobar
o estado das redes locais de desenvolvemento e fortalecer os lazos coas axencias locais en vista a posibles proxectos
futuros.
O programa ART Gold é unha iniciativa das Nacións
Unidas para promover a participación activa das comunidades locais en tarefas de cooperación internacional.
ART Gold establece o que se da en chamar “programas-marco”, que proporcionan o contexto polo que se rixe este tipo
de cooperación, a fin de que esta sexa coordenada e aumente a sua efectividade.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade actuou
como canalizador da axuda que concellos e deputacións galegas ofertaron ao país asiático a
raíz do Tsunami de Nadal de 2004, e que se materializou na construcción de nove centros de desenvolvemento
comunitario nos distritos de Galle, Matara e Hambantota, na Provincia Sur da illa.
Galician Fund for Cooperation
and Solidarity
What is the Galician Fund for Cooperation
and Solidarity?
The Galician Fund for Cooperation and Solidarity (Fondo)
is an organization that involves the local government of 95 cities and villages, as well as 3 regional councils
known as Deputacións Provinciais. In fact, this means that more than an 80% of the Galician population is
represented in the Fund.
Where are we present?
Since its creation in 1997, Fondo has developed 83 projects
and has invested more than 2,152,000€ in international projects of development and cooperation. Today we are present,
in cooperation with local partners, in Southern and Central America, Asia, Africa and the Caribbean.
What are our objectives?
Fondo was created with the aim of involving local powers
in the promotion of sustainable development, the promotion of democratic values and the Global fight against poverty.
We are fully committed with UN’s Millenium Development Goals (MDGs), and work in close range with communities in
developing countries in order to reach them.
Local administrations are, due to their proximity to the citizen,
essential in order to build a strong network of support for sustainable development. A network that we believe
cannot exist without a strong support within the our local communities.
What do we do?
Fondo coordinates and combines the efforts our members
put into international cooperation, in order to elaborate a common working strategy. This strategy is based on
two principles:
- The necessity to create a strong public support for MDGs.
We organize seminars, conferences and exhibitions in order to create awareness about the needs of local communities
in developing countries and,
- The funding of projects of sustainable development in local
communities. For the past ten years, Fondo has promoted cooperation between communities in our country and those
in developing areas by supporting a growing number of projects.
O Fondo Galego,
dez anos con proxectos
Vacacións con Traballo: traballadoras/es solidari@s
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade anuncia
a resolución da convocatoria do programa solidario Vacacións con Traballo, incluído no Plan
de Sensibilización 07 e organizado polo Fondo Galego en colaboración coa Dirección Xeral de
Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Vacacións
con Traballo, que chega este ano á súa
segunda edición, é unha iniciativa dirixida a impulsar as políticas de cooperación
e solidariedade internacional a partires do ámbito local galego. Así, axentes de desenvolvemento
local de tres concellos de Galicia terán a oportunidade de intercambiar experiencias con outros axentes
de desenvolvemento local dos países do Sur.
Con esta iniciativa, o Fondo Galego pretende fomentar unha nova
forma de cooperación solidaria na que os países do Sur asuman un maior protagonismo nas tarefas relacionadas
co seu propio desenvolvemento.
Este ano, representantes de tres concellos galegos doarán
o tempo das súas vacacións, que transformarán en accións de cooperación solidaria
en proxectos participados polo Fondo Galego en Nicaragua, Perú e Cabo Verde.
No caso de Nicaragua, Mª del Rosario Romero, traballadora
social do Concello de Vigo, vai colaborar con un proxecto do Instituto de Promoción Humana, entidade de
coñecido prestixio no ámbito da cooperación internacional.
Mar Barreiro, técnica de Servizos Sociais do Concello
de Oleiros, partirá cara Perú, onde traballará coa ONG Tierra de Niños en programas
de apoio á infancia.
A terceira participante será Hilda García, técnica
de Xestión de Administración Especial da Deputación de A Coruña, quen viaxará
ata Cabo Verde, onde o Fondo Galego colabora con diferentes proxectos de desenvolvemento local a través
da Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde.
Conferecia de prensa
Día: martes 19 de xuño de 2007, ás
12:00 horas.
Lugar: Clube Internacional de Prensa. Avenida de A Coruña 6, baixo. 15706-Santiago de Compostela. Teléfono:
981 545 950.
Resolución da
convocatoria Vacacións con Traballo 2007
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade, celebrada o pasado 8 de xuño do 2007, acordou a resolución das tres prazas convocadas
para participar no programa de Vacacións con Traballo 2007. As persoas seleccionadas e as súas suplentes,
son as seguintes:
Nicaragua:
Mª del Rosario Romero Baamonde, traballadora Social da Oficina Municipal de Información e Atención
a Emigrantes Retornados e Inmigrantes do Concello de Vigo.
Suplente: Moisés Álvarez Jorge, xefe de Prensa
do Concello de O Porriño.
Perú:
Mar Barreiro Barco,
técnica de Servizos Sociais e responsable do programa de Voluntariado e de Sensibilización Concello
de Oleiros.
Suplente: Montserrat López González, traballadora
social e coordinadora da Oficina de Voluntariados do Concello de Mondoñedo.
Cabo Verde:
Hilda García López, técnica de Xestión de Administración Especial na Deputación
de A Coruña.
Suplente: Álvaro Trillo Cayón, auxiliar técnico
de Infraestruturas e Conservación na Deputación de A Coruña.
Promesas incumpridas
As múltiples proclamas da comunidade internacional a
propósito de activar a loita contra a pobreza coa mirada posta no cumprimento, en 2015, dos Obxectivos do
Milenio, poden resumirse en promesas imposibles de corroborar polos feitos. Así o constata o informe anual
de African Monitor (AM) que foi presentado a finais do pasado mes de maio. African Monitor é unha organización
surafricana creada en 2006 polo arcebispo do Cabo, Njongonkulu Ndungane, e que ten por obxectivo facer un seguimento
destas promesas e analizar os progresos nos principais sectores económicos e sociais africanos. O informe
pódese consultar en www.africanmonitor.org. Nel destácase que entre as principais promesas incumpridas figura
o aumento da axuda pública ao desenvolvemento. AM denuncia unha contracción do 5,1% do volume mundial
en 2006, quedando situada en 103,9 mil millóns de dólares fronte aos 106,8 mil millóns do
ano anterior. A mesma tendencia foi subliñada polo Banco Mundial no seu Global Development Finance 2007.
Este recuamento, que contrasta con factores como o crecemento
económico mundial ou dos propios gastos militares, entre outros rubros, acentúa a redución
dos fluxos económicos cara África -35 mil millóns de dólares en 2005- á contra
dos compromisos contraídos hai dous anos polo G8, no cumio de Gleneagles, onde se acordou dobralos antes
de 2010. Esta redución resulta máis contraditoria tendo en conta que nos últimos anos téñense
multiplicado as iniciativas para poñer o continente negro entre as prioridades da axenda internacional,
pois é nel onde a pobreza azouta con máis intensidade.
Para African Monitor, a tendencia in crescendo que levou mesmo
a falar de euforia en 2005 está cedendo. As contribucións dos países desenvolvidos van a menos.
Coa excepción de Noruega, as contribucións dos países ricos están por debaixo do 0,7%
do PIB. E, por outra banda, cada vez están máis concentradas en determinados países en función
de criterios habitualmente afastados da vulnerabilidade das poboacións. En efecto, dez países africanos
absorberon o 51% da axuda global durante o período 2003-2005. Os principais beneficiarios son a República
Democrática do Congo (10%), seguida de Nixeria (8%), Etiopía (6%) e Tanzania (5%). O peso estratéxico
e económico é o principal criterio que determina a elección destes países.
Respecto aos fluxos privados, AM constata no seu informe que
presenta unha evolución favorable, pasando de 481 millóns de dólares en 2005 a 650 o ano pasado,
cun incremento do 17%, pero concéntrase de forma significativa naqueles países exportadores de materias
primas como Nixeria.
Xuntanza da
Confederación de Fondos Solidarios en Sevilla
Os Fondos Municipais concertan as súas políticas
cos organismos internacionais
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organismo
de axuda ao desenvolvemento que agrupa a 95 concellos e entidades supramunicipais de Galicia, participará
o martes 5 de xuño nunha xuntanza técnica organizada pola da Confederación de Fondos de Cooperación
e Solidariedade que terá lugar en Sevilla.
No encontro debaterase sobre a necesidade de que os organismos
locais de axuda ao desenvolvemento atopen pontos comúns de traballo con estamentos de carácter estatal,
supranacional e global, como poden ser a Administración central, a Unión Europea ou as Nacións
Unidas, a fin de maximizar o rendemento das políticas de apoio aos países en vías de desenvolvemento.
Programas coma o MUNICIPIA, que ten por obxectivo elevar o perfil
institucional e a participación democrática nas entidades locais de países en vías
de desenvolvemento, ou a iniciativa ART, promovida desde Nacións Unidas, que quere dar apoio aos governos
nas súas políticas de descentralización democrática e desenvolvemento das comunidades
locais, buscan un cambio de rumbo nas políticas tradicionais de cooperación internacional, criticadas
pola súa falla de coordinación e o limitado dos seus reultados.
Desde o Igadi, organismo que acolle a Secretaría Técnica
do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, destácase a importancia que os organismos municipais
están a tomar con respecto aos programas de axuda ao desenvolvemento. Na actualidade, a aportación
de Concellos e Deputacións suma, no conxunto do Estado, o 10% do total da axuda oficial.
Noutra orde de cousas, a xuntanza servirá tamén
para poñer en común as diferentes políticas de xestión do persoal dependente de cada
Fondo, co obxectivo de buscar un marco común de actuación.
|