|
Asisten:
Por parte da CE:
Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego,
Xose María Permui, tesoureiro,
Marta Iglesias, responsable de Convocatorias e de
Proxectos,
Iria Alonso, Secretaría Técnica.
Por parte das ONGDs:
Xosé María Torres, Coordinadora de ONGDS,
Farmamundi,
María del Mar Lado, Secretaría Técnica Coordinadora de ONGDs,
Raúl Torres, Médicos do Mundo,
Sonia, Intermón-Oxfam,
Valentín Alvite, Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil,
Inmaculada Tombilla, Jóvenes del Tercer Mundo,
Estela Mouriño, UNICEF,
Judith Sing, Amigos da Terra,
Bernardo Porto, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
Orde do día:
1. Comeza o encontro dando a benvida e agradecendo aos asistentes a súa presenza.
No que atinxe ao Fondo Galego anúnciase que o ano 2007 vai ser un ano singular marcado polas eleccións
municipais, de aí que sexa prioritario sensibilizar aos representantes políticos nos concellos. Incorporar
na axenda no local a cooperación ao desenvolvemento así como a súa consideración nos
programas marcos electorais son fundamentais á hora de planificar, deseñar e incorporar a novos axentes.
2. Asemade, faise fincapé na existencia e no funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación,
espazo que favorece o encontro e a presenza dos actores da cooperación en Galicia; anúnciase unha
posible remodelación dos seus integrantes, co fin de integrar a máis axentes. Saliéntase por
exemplo, o papel da RMS.
3. En canto á proposta de Bases para a convocatoria de axudas a proxectos 2007 faise unha pequena presentación
e recóllense algunhas propostas. Neste sentido, por exemplo, a suxestión da Coordinadora de suprimir
no art 2: o que vai entre paréntese (veciñais, ecoloxistas, xuvenís, sindicais, de inmigrantes,
etc).
Asemade preséntase o cronograma e os prazos: apertura do prazo de presentación dos proxectos:
9 de febreiro, peche: 31 de marzo.
No que atinxe á Resolución anúnciase que será entre finais de xullo e o mes de setembro,
xa que dependerá das datas de constitución dos concellos e deputacións.
4. En relación ás Campañas de Sensibilización, por parte do Fondo Galego bríndase
a estrutura da Rede Municipalista Solidaria para poder dinamizar, coordinar e intercambiar información referida
a campañas, recursos,etc. Prantéxase a posibilidade dunha campaña conxunta.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2007.
|