|
Asisten:
Por parte da CE:
Ramón Bouzas, responsable de Comunicación,
Aurora Carbajal, responsable de Sensibilización
e Formación,
Marta Iglesias, responsable de Convocatorias e Proxectos,
Xulio Ríos, secretario,
Lourdes Suárez, responsable dos Socios,
Non asiste:
Carmen Basadre, responsable de Relación coas
ONGDs
Excusa a asistencia:
Alfredo Novoa, presidente,
Iria Alonso, Secretaría Técnica.
Por parte das ONGDs:
Xose María Torres, presidente da Coordinadora
de ONGDs,
Amalia Álvarez, Intered,
Ramón Esteso, Médicos do Mundo,
Fidel Martín, Cruz Vermella,
María Paz, Solidariedade Internacional,
José Manuel Pérez, Axuda en Acción,
Nuria Porta, Solidariedade Internacional,
Jose Luís Quintela, Intermón,
Belén Rey, Amarante.
Orde do día:
1. No que atinxe ao Fondo Galego anúnciase para o presente ano un esforzo dirixido ao incremento do tecido
asociativo; neste senso, a incidencia do compromiso solidario dos concellos terá maiores impactos e redundará
non só nas capacidades orzamentarias senón tamén na calidade da cooperación descentralizada
municipalista galega.
2. Asemade, faise fincapé na existencia e no funcionamento do Consello Municipalista da Cooperación,
espazo que favorece o encontro e a presenza dos actores da cooperación en Galicia; coméntase a campaña
realizada o ano pasado co fin de difundir a existencia do Consello e animarse a incorporarse a novas ONGDs. Como
resultado están presentes Solidariedade Internacional e Amarante como novos membros.
3. En canto á proposta de Bases
para a convocatoria de axudas a proxectos 2006 faise unha pequena presentación e recóllense algunhas
propostas. Neste sentido, por exemplo, a suxestión da Coordinadora no tocante ao incremento dos gastos do
6% ao 8%, matizacións en torno aos países prioritarios, cuestións de concepto e de redacción,
etc.
Asemade preséntase o cronograma e os prazos: apertura do prazo de presentación dos proxectos:
3 de febreiro, peche: 31 de marzo.
4. En relación ás Campañas de Sensibilización, por parte do Fondo Galego anúnciase
unha programación centrada na difusión e na reflexión crítica en torno aos 8 ODM. Comunícase
a aposta por incorporar a todos os sectores da cultura, etc; e a divulgación dun Manifesto de apoio.
No que atinxe ao Comercio Xusto coméntase que se ten difundido entre os concellos socios un modelo de
moción para adherirse á Campaña a prol do Comercio Xusto así como a instalación
de máquinas que contemplen estes artigos nas dependencias municipais.
Por parte da Coordinadora coméntase a programación dun Ciclo de Cine Solidario en Santiago de
Compostela, etc.
5. Noutros asuntos intercámbianse ideas a propósito da celebración da Comisión Interterritorial
e do Consello da Cooperación para o día 6 de febreiro e ás relacións entre o Fondo
Galego e a AECI.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2006.
|