Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Consello Municipalista da Cooperación / Actas xuntanzasVolver
ACTA da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 2004
 
 

Asisten:

Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego.
Xulio Ríos, Secretaría.
Marta Iglesias, Vocalía de Convocatorias e Proxectos.
Carmen Basadre,
Vocalía de Relación con ONGDs.
Ramón Bouzas,
Vocalía de Comunicación.
Lourdes Suárez,
Vocalía de Socios.
Carmen Alonso,
Fundai.
José Luis Quintela,
Intermón.
Emilio M. Martínez Rivas,
Coordenadora Galega de ONGDs.


Orde do día:

1. Iniciada a se sesión, se expoñen os motivos esenciais da convocatoria que xiran arredor das Bases do Fondo Galego para 2004, que son obxecto de presentación nos seus trazos esenciais.

2. Por parte de Emilio Martínez se propoñen diversos cambios que afectan ao artigo 1 (incidir na superación da discriminación de xénero), ao artigo 2 (engadir no caso das ONGs, con presencia real en Galicia), ao artigo 4, punto 4 (incidir na cuestión de xénero), ao artigo 6 (implicación en actividades de sensibilización na CA). Por parte de Jesús Quintela, despois de interesarse polo enfoque das actividades de sensibilización do Fondo, se propón substituír Cuba por Caribe no artigo 1, na definición das áreas xeográficas.

Despois dun debate destas propostas, consideradas como pertinentes polos membros da Executiva presentes, se acorda o seu traslado, a fin de seren incorporadas na versión final das Bases.

O presidente agradece as aportacións.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión cando son as 11,55 horas.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/01/2004
Fernando Pol


Subir